Daguestán
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2017.) |
Дагъистан Республика (av) Республика Дагестан (ru) | |||||
Himno | Himno de Daguestán (2016) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Rusia | ||||
Capital | Mahackala (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 3.232.224 (2024) (64,26 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua rusa Lingua agul Lingua avar Lingua azarí Lingua chechena Língua dargínica (pt) Língua kumyk (pt) Lingua lak Lingua lezguia Língua nogai (pt) Lingua rutul Lingua tabasaran Língua tsakhur (pt) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 50.300 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1991 | ||||
Organización política | |||||
• Presidente da República | Sergey Melikov (2021–) | ||||
Órgano lexislativo | People's Assembly of the Republic of Dagestan (en) , (Escano: 90) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 872 | ||||
ISO 3166-2 | RU-DA | ||||
Identificador OKTMO | 82000000 | ||||
Identificador OKATO | 82 | ||||
Sitio web | e-dag.ru | ||||
A República do Daguestán[1][2] (en ruso: Республика Дагестан) é unha república da Federación Rusa. É a máis grande república de Rusia no norte do Cáucaso, en superficie e poboación.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A república está situada na cordilleira do Cáucaso Norte. É a parte máis ao sur de Rusia.
Limita ao norte con Kalmukia, ao sur con Acerbaixán, ao leste co mar Caspio, ao oeste con Chechenia e ao noroeste co Krai de Estavropol. O seu punto máis alto é o monte Bazardyuzi (4.466 m). A distancia máxima de norte a sur son 400 km, e de leste a oeste 200 km.
Hai máis de 1.800 ríos, destacando o Sulak, o Samur e mailo Terek Rubas. As costas do Daguestán exténdense sobre máis de 400 km ao longo do mar Caspio.
A maior parte do territorio da república é montañoso, coas grandes montañas caucásicas cubrindo o sur. O maior cumio é o pico de Bazardyuzi, de 4.466 m.
Recursos naturais
[editar | editar a fonte]O solo do Daguestán é rico en petróleo, gas natural, carbón e outros.
Clima
[editar | editar a fonte]O clima é caloroso e seco no verán, mais os invernos son fríos nas rexións montañosas. A temperatura media en xaneiro é de 2 °C, e en xullo de 30 °C. As precipitacións anuais medias son de 200 mm/m² nas chairas do norte e de 800 nas zonas montañas.
Demografía
[editar | editar a fonte]O terreo montañoso dificulta as viaxes e comunicacións, o Daguestán ten unha diversidade étnica pouco común. Contrariamente ás outras partes da Rusia, a poboación do Daguestán medra, principalmente pola inmigración.
No ano 2002 tiña 2 576 531 habitantes. 1 102 577 (42,8 %) vivían en zonas urbanas, e 1 473 954 (57,2 %) en zonas rurais. 1 242 437 (48,2 %) eran homes e 1 334 094 (51,8 %) mulleres. A idade media era de 25,2 anos (25,1 nas zonas urbanas e 25,2 no rural; 24 anos os homes e 26,3 as mulleres). Había 570.036 fogares.
Grupos étnicos
[editar | editar a fonte]No Daguestán conviven máis dunha ducia de grupos étnicos:
- Pobos Daguestanís: 80 %; comprenden:
- Azarís: 4.% aproximadamente 85.000
- rusos: 4 %, aproximadamente 85.000
- Chechenos: 3 %, aproximadamente 85.000
- Outros: 8 %:
- Tatos — aproximadamente 2.000
- Ucraínos — aproximadamente 2.000
- Tatares — menos de 2.000
- Osetios — menos de 1.000
- Xudeus das montañas — probablemente menos de 5.000
Atópanse tamén pequenos grupos coma os Balkares (que viven principalmente en Kabardino-Balkaria), ou os Xinukhs, uns 200, membros dunha familia complexa de Caucasianos autóctonos — uns 40 grupos, comprendendo pobos pouco coñecidos coma os Akhwakhs, moitos deles concéntranse no Daguestán. A destacar tamén os laks que inmigraron despois dunha deportación na época soviética, e os Hunzibs ou pobo Khunzal que viven soamente en catro asentamentos do interior.
A lingua franca no Daguestán é o ruso, mais fálanse máis de trinta linguas.
Historia
[editar | editar a fonte]O Daguestán converteuse nunha república da Federación de Rusia no 1991.
En 1999 un grupo de fundamentalistas musulmáns vindo de Chechenia, baixo o comando de Khamil Basaiev, así como apoios locais, lanzan unha insurrección no Daguestán. Iso provoca a decisión rusa de invadir Chechenia ese ano.
O célebre xefe musulmán Imam Khamil era un natural do Daguestán de etnia ávara.
Política
[editar | editar a fonte]O xefe do goberno no Daguestán é o presidente. En 2004 o presidente era Magomadali Magomadovich Magomadov.
Economía
[editar | editar a fonte]En 2000, o economía do Daguestán estaba baseada na agricultura (35 %), industria (24 %) e construción (26 %). O transporte e as comunicacións supuñan o 5 %. O comerzo e servizos o 9 %.
As industrias importantes inclúen a transformación dos produtos alimentarios, a produción de electricidade, a extracción do petróleo, a fabricación de maquinas e a química. As exportacións principais do Daguestán son o petróleo e mailos carburantes. Os produtos agrícolas importantes inclúen o peixe do mar Caspio, o viño e os licores, e varias frutas.
O Daguestán é a república menos urbanizada do Cáucaso.
Relixión
[editar | editar a fonte]A maior parte da poboación do Daguestán é musulmá. Como na maior parte do Cáucaso, o islam nativo do Daguestán é da rama sufista desde hai séculos. Nestes últimos anos téñense notado tensións entre as escolas sufistas locais e os misioneiros wahabitas chegados á rexión.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1304. ISBN 9788482887524.
Daguestán
- ↑ Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 110. ISBN 84-8158-266-2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Daguestán |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Site web oficial do Daguestán Arquivado 12 de maio de 2011 en Wayback Machine. (en ruso).