Saltar ao contido

Wayback Machine

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Wayback Machine
Logo
Tipoweb archive
Data de fundación29 de outubro de 2001
PaísEstados Unidos de América
Na rede
https://web.archive.org e https://archive.org/web/
Twitter: waybackmachine Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Wayback Machine (pronunciado [ˈwejbak maˈʃin]) é un servizo e unha base de datos que contén copias dunha gran cantidade de páxinas ou sitios de Internet. Se por algunha razón algún sitio non está dispoñíbel momentaneamente ou foi borrado do servidor de orixe, é posíbel consultar unha réplica vía "Wayback machine". Como consecuencia deste proxecto, tamén se pode consultar a historia ou modificacións das páxinas ao longo do tempo.[1]

Características

[editar | editar a fonte]

O servizo Wayback Machine funciona dunha maneira simple: abonda con teclear a URL dunha páxina web para ver cal é a última copia que hai gardada no arquivo.[2] Se se quere ver como era hai un tempo unha páxina en cuestión, entón Wayback Machine pediranos en que data e ano queremos visitar a páxina. Existe un calendario na parte superior da pantalla, que permite ver graficamente as capturas ao longo do tempo. A lonxitude das barras do gráfico indica en que meses se fixeron máis copias.

  1. Wayback Machine: la máquina del tiempo de las páginas web se renueva (en castelán).
  2. Ibáñez, Álvaro (29 de xaneiro de 2011). "Wayback Machine: la máquina del tiempo de las páginas web se renueva". RTVES. Arquivado dende o orixinal (html) o 30 de xaneiro de 2011. Consultado o 8 de xuño de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.