Saltar ao contido

Santa Cruz de Tenerife

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaSanta Cruz de Tenerife
Fotomontaxe
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 28°28′N 16°15′O / 28.47, -16.25
EstadoEspaña
Comunidade autónomaIllas Canarias
ProvinciaProvincia de Santa Cruz de Tenerife Editar o valor en Wikidata
Capital de
CapitalSanta Cruz de Tenerife Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación209.395 (2023) Editar o valor en Wikidata (1.390,77 hab./km²)
Xeografía
Superficie150,56 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Altitude4 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoCruz de Taborno Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Creación1833 Editar o valor en Wikidata
Día festivo
Santo padrónSantiago o Maior Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor en WikidataPatricia Hernández Gutiérrez Editar o valor en Wikidata
Orzamento234.815.229 € Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal38001–38010 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico922 Editar o valor en Wikidata
Código INE38038 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio websantacruzdetenerife.es Editar o valor en Wikidata
Auditorio de Tenerife, símbolo da cidade de Santa Cruz de Tenerife.

Santa Cruz de Tenerife é unha cidade e concello español, capital das Illas Canarias (xunto coas Palmas de Gran Canaria), da provincia de Santa Cruz de Tenerife e da illa de Tenerife.

Entre 1833 e 1927 Santa Cruz de Tenerife foi a única capital de iure das Canarias (así sendo a única cidade canaria que mantivo o título oficialmente) ata máis tarde, en 1927, un decreto que establece a compartición de capital o arquipélago de Las Palmas de Gran Canaria, que é como segue ata hoxe. Desde entón, a capital do arquipélago das Canarias é compartida por dúas cidades. É a sede do parlamento das Illas Canarias, o Tribunal de Contas das Canarias e da presidencia do Goberno das Canarias, esta alternancia de períodos lexislativos.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Atópase no nordés da illa, e limita ao norte e leste co océano Atlántico, ao sur con El Rosario e ao oeste con San Cristóbal de la Laguna. A cidade está situada entre a baía que leva o seu nome e o macizo de Anaga.

O concello abrangue unha área de 150,56 km² e unha poboación de 221.956 habitantes (INE xaneiro de 2008). A altitude da cidade vella é de 4 metros sobre o nivel do mar. Tem 58 km de litoral, dividido polo Barranco de Santos. Situada nunha ladeira escarpada, forma unha área metropolitana coa cidade de San Cristóbal de La Laguna, cunha poboación de máis de 370.331 habitantes.

O clima é árido, con escasas precipitacións (pouco máis de 200 mm). Ten temperaturas mornas, cunha media de 21 °C, grazas ao efecto suavizador dos ventos alisios.

Entroido de Santa Cruz de Tenerife

O Entroido de Santa Cruz de Tenerife é considerado o segundo máis popular e coñecido internacionalmente despois dos do Río de Xaneiro (Brasil).[1][2][3] De feito, ambas cidades están irmandadas por esa razón.[4]

Lugares de interese

[editar | editar a fonte]
  • O Auditorio de Tenerife é unha construción civil para eventos culturais, situada na Avenida da Constitución. Foi deseñado polo arquitecto Santiago Calatrava Valls, é o símbolo da cidade.
  • O Museo de la Naturaleza y el Hombre conserva importantes vestixios da época guanche.
  • O Paseo de la Rambla, avenida que se estende ao longo da cidade.
  • O Tenerife Espacio de las Artes (TEA).
  • O Parque García Sanabria, o maior parque urbano do arquipélago.
  1. "Tenerife-ABC". Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2011. Consultado o 14 de xuño de 2010. 
  2. "Fiestas de España. El Carnaval de Tenerife". Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2010. Consultado o 14 de xuño de 2010. 
  3. "El Carnaval de Tenerife". Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2017. Consultado o 14 de xuño de 2010. 
  4. "Ciudades hermanadas con Santa Cruz de Tenerife". Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2011. Consultado o 14 de xuño de 2010. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]