Saltar ao contido

Abuja

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAbuja
Imaxe

Localización
Mapa
 9°03′20″N 7°29′29″L / 9.0556, 7.4914
EstadoNixeria
Estado federadoTerritorio da Capital Federal de Nixeria Editar o valor en Wikidata
Capital de
Contén a división administrativa
Abaji (pt) Traducir
Abuja Municipal (en) Traducir
Bwari (pt) Traducir
Gwagwalada (pt) Traducir
Kuje (pt) Traducir
Kwali (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación1.235.880 (2011) Editar o valor en Wikidata (1.733,35 hab./km²)
Xeografía
Superficie713.000.000 m² Editar o valor en Wikidata
Altitude360 m Editar o valor en Wikidata
Creación1828 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Membro de
Identificador descritivo
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Páxina webfcta.gov.ng Editar o valor en Wikidata

Abuja é a capital do estado federal africano de Nixeria, que substituíu a antiga capital, Lagos, oficialmente desde 1992. A súa poboación en 2005 era de 182 418 habitantes, mais a súa área metropolitana estímase que se achega a 1 500 000 habitantes.

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Mapa do Territorio da Capital Federal

A cidade de Abuja está situada no centro xeográfico do país, ao norte da confluencia dos ríos Nixer e Benue, a uns 480 km ao nordeste de Lagos, a anterior capital. O seu territorio limita cos estados de Níxer polo oeste; Kaduna polo nordeste, Plateau polo leste e o polo sur; e con Kogi polo suroeste.

Abuja

En 1976 acordouse trasladar a capital federal desde Lagos, para o que se escolleu un territorio no centro do país. Abuja converteuse na nova capital no 1982, mais o recoñecemento oficial non tivo efectividade até o 1992. A cidade está no centro do denominado Territorio da Capital Federal (TEC). Administrativamente está dividido en seis distritos: Central, Abaji, Gwagwalada, Kuye, Bwari e Kwali.

Monumentos

[editar | editar a fonte]

A cidade foi construída no asentamento dun pequeno núcleo urbano anterior. A nova capital foi proxectada polo arquitecto xaponés Kenzo Tange e os seus colaboradores, que actuaron a través da empresa Kenzo Tange & Urtec. As obras comezaron en 1976 e continúan na actualidade, con fases alternas de inactividade, a causa de escaseza de medios de financiamento.

Economía

[editar | editar a fonte]

Desde un punto de vista económico a cidade carece de actividades destacables, pois é sobre todo unha urbe administrativa. É a sede da Universidade de Abuja, fundada en 1988.

Transportes

[editar | editar a fonte]

O Aeroporto de Abuja é o segundo do país polo seu movemento aéreo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]