1976
Aparencia
1976 | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Calendario gregoriano | 1976 MCMLXXVI | ||||||||||||||||||
Ab urbe condita | 2729 | ||||||||||||||||||
Calendario armenio | 1425 | ||||||||||||||||||
Calendario chinés | 4672 – 4673 | ||||||||||||||||||
Calendario hebreo | 5736 – 5737 | ||||||||||||||||||
Calendario hindú | |||||||||||||||||||
· Vikram Samvat | 2031 – 2032 | ||||||||||||||||||
· Shaka Samvat | 1898 – 1899 | ||||||||||||||||||
· Kali Yuga | 5077 – 5078 | ||||||||||||||||||
Calendario persa | 1354 – 1355 | ||||||||||||||||||
Calendario musulmán | 1396 – 1397 | ||||||||||||||||||
Calendario rúnico | 2226 | ||||||||||||||||||
|
1976 (MCMLXXVI) foi un ano bisesto comezado en xoves segundo o calendario gregoriano. Foi designado como o Ano do Dragón (segundo o horóscopo chinés), e foi Ano Santo Xacobeo.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]- 1 de xaneiro: en Venezuela, o goberno de Carlos Andrés Pérez nacionaliza a explotación de petróleo.
- 24 de febreiro: A Policía Armada mata ao silledense Teófilo del Valle en Elda durante unha folga do calzado.
- 9 de setembro: accidente ferroviario en Rande (Redondela)[1]. O expreso 2745 Santiago de Compostela-Vigo chocou cunha locomotora. O balance oficial do accidente foi de 15 persoas mortas e 35 feridas, se ben outras fontes sinalaron vinte mortos[2].
- 15 de setembro: aparece Teima, primeira revista editada integramente en galego en Galicia.
- 3 de decembro: Fidel Castro asume o cargo de presidente de Cuba.
- 15 de decembro: celébrase en España o referendo para a reforma política.
Nacementos
[editar | editar a fonte]- 2 de xaneiro - Paz Vega, actriz española.
- 3 de xaneiro - Jason Marsden, actor estadounidense.
- 26 de febreiro - Ander Izagirre, xornalista e escritor vasco.
- 18 de marzo - Orlando Gutiérrez Callejo, futbolista cántabro.
- 1 de xullo - Haaz Sleiman, actor libanés.
- 5 de xullo - María do Cebreiro, escritora galega.
- 9 de xullo - Francisco Noguerol, futbolista galego.
- 25 de agosto - Susana Seivane, gaiteira galega.
- 2 de outubro - Anita Kulcsár, xogadora de balonmán húngara. (m. 2005).
- 14 de outubro - Andreas Widhölzl, saltador de esquí austríaco.
- 4 de novembro - Alejandro Vázquez Palacio, futbolista asturiano.
Mortes
[editar | editar a fonte]- 3 de xaneiro - Luís Barreiro Paradela, mestre, xornalista, escritor e debuxante galego.
- 8 de xaneiro - Zhou Enlai, primeiro ministro da República Popular da China (n. 1898)
- 10 de xaneiro - Howlin' Wolf, músico estadounidense (n. 1910)
- 12 de xaneiro - Agatha Christie, escritora inglesa de novelas de misterio (n. 1890).
- 1 de febreiro - Werner Heisenberg, físico alemán, Premio Nobel de Física (n. 1901)
- 1 de febreiro - George Whipple, científico estadounidense, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (n. 1878)
- 9 de febreiro - Xosé Veiga Roel, debuxante e fotógrafo galego (n. 1894).
- 12 de febreiro - Gonzalo Becerra Souto, político galego agochado corenta anos (n. 1910).
- 14 de febreiro - Leandro Carré Alvarellos, escritor galego.
- 17 de marzo - Luchino Visconti, director de cine italiano.
- 29 de marzo - Benigno Lago Estévez, empresario galego (n. 1897).
- 1 de abril - Max Ernst, artista plástico alemán (n. 1891)
- 10 de abril - Ramón Otero Pedrayo, escritor e intelectual galego.
- 17 de abril - Henrik Dam, médico dinamarqués, premio Nobel (n. 1895).
- 18 de abril - Raimundo Vidal Pazos, avogado e político galego (n. 1889).
- 11 de maio - Ramón Cabanillas Álvarez. xornalista e político galego (n. 1909).
- 26 de maio - Martin Heidegger, filósofo alemán (n. 1889).
- 27 de xuño - Benjamín Balboa López, militar galego (n. 1901).
- 2 de agosto - Fritz Lang, director de cine austríaco.
- 9 de agosto - José Lezama Lima, escritor cubano.
- 15 de agosto - José Rego López, sindicalista e político galego.
- 22 de agosto - Juscelino Kubitschek de Oliveira, presidente do Brasil (n. 1902).
- 27 de agosto - Cosme Vázquez, futbolista galego (n. 1904).
- 2 de setembro - Paco Filgueiras, político e sindicalista galego (n. 1920).
- 9 de setembro - Mao Tse Tung, político e revolucionario chinés.
- 9 de setembro - Gumersindo Sánchez Guisande, médico e catedrático galego (n. 1894).
- 26 de setembro - Lavoslav Ružička, químico croata, Premio Nobel (n. 1887).
- 2 de outubro - Enric Monjo, escultor catalán (n. 1895).
- 25 de outubro - Raymond Queneau, escritor francés (n. 1903)).
- 1 de novembro - Jan Černohorský, tirador de esgrima checo (n. 1898).
- 8 de novembro - Imeldo Corral González, pintor galego (n. 1889).
- 15 de novembro - Jean Gabin, actor francés.
- 15 de novembro - José Barral Souto, economista, estatístico e actuario galego nacionalizado arxentino (n. 1903).
- 23 de novembro - André Malraux, escritor e político francés.
- 27 de novembro - Xesús Taboada Chivite, etnógrafo, arqueólogo e historiador galego (n. 1907).
- 6 de decembro - João Goulart, presidente do Brasil (n. 1918).
- 29 de decembro - Ramón de Artaza Malvárez, avogado e escritor galego (n. 1877).
- Física: Burton Richter e Samuel Chao Chung Ting
- Química: William Lipscomb
- Fisioloxía ou Medicina: Baruch S. Blumberg e D. Carleton Gajdusek
- Literatura: Saul Bellow
- Paz: Betty Williams e Mairead Corrigan
- Economía: Milton Friedman
Día das Letras Galegas dedicado a:
[editar | editar a fonte]Outros
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El trágico accidente ferroviario de Rande", La Vanguardia, 10 de setembro de 1976 (en castelán).
- ↑ "Veinte muertos en un accidente ferroviario, en Vigo", El País, 10 de setembro de 1976 (en castelán).
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 1976 |