Javier Puig Llamas
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de novembro de 1869 Santiago de Compostela, España |
Morte | 15 de setembro de 1941 (71 anos) |
Presidente da Deputación de Pontevedra | |
11 de decembro de 1937 – 8 de outubro de 1938 (dimisión) – Jacobo Rey Daviña → | |
Alcalde de Pontevedra | |
1909 – 1912 ← Manuel Becerra Armesto – Pedro Martínez Casal → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, avogado, político |
Familia | |
Fillos | Antonio Puig Gaite |
Francisco Javier Puig Llamas, nado en Santiago de Compostela o 2 de novembro de 1869 e finado en Pontevedra o 15 de setembro de 1941[1], foi un avogado, xornalista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Juan Puig Vilomara e de Concepción Llamas Novac. Estudou o bacharelato en Lugo e Dereito na USC. Popular cando estudante, aparece en La Casa de la Troya como o personaxe Javierito Flama.
O escritor Ramón María del Valle Inclán encargoulle a corrección da súa publicación[2], Femeninas[3][4], prologada por Manuel Murguía e publicada en 1895, que foi o seu primeiro libro e consta de seis relatos curtos.
Foi funcionario do Estado e en 1900 instalouse como avogado en Pontevedra. Cofundador da asociación xuvenil "Los Exploradores de Pontevedra", foi redactor de La Tierra e director de La Correspondencia Gallega.
Foi alcalde de Pontevedra (1909-1911) e deputado provincial polo distrito de Vigo-Tui (1913-1923). Fixo amizade con Niceto Alcalá Zamora tras encomendarlle este a defensa do fillo da Marquesa de Fuente del Moral. No ano 1931 foi elixido decano do Colexio Provincial de Avogados de Pontevedra. Durante a Guerra civil foi nomeado membro da Xestora da Deputación en decembro de 1936 e, o 11 de decembro de 1937, presidente da Deputación de Pontevedra; dimitindo o 8 de outubro do ano 1938, por razóns persoais.
Finou no seu domicilio en Pontevedra na Rúa da Ponte número 17 na casa familiar da súa dona.
Predecesor: Manuel Becerra Armesto |
Alcalde de Pontevedra 1909 - 1912 |
Sucesor: Pedro Martínez Casal |
Predecesor: Rafael González Fernández Besada |
Presidente da Deputación de Pontevedra 1937 - 1938 |
Sucesor: Jacobo Rey Daviña |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en Pontevedra con Esperanza Gaite Sancho. Foron pais de sete fillos entre os que se atopa Antonio Puig Gaite.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 16-9-1941, p. 7.
- ↑ "Portada e dedicatoria do exemplar de Femeninas a Javier Puig Llamas.". Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2016. Consultado o 10 de outubro de 2016.
- ↑ Ramón Valle-Inclán, "Femeninas". Imprenta y Comercio de A. Landín. Pontevedra, 1895
- ↑ Femeninas Arquivado 11 de febreiro de 2021 en Wayback Machine., facsímile no sitio web da RAG.