1937
Aparencia
1937 | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Calendario gregoriano | 1937 MCMXXXVII | ||||||||||||||||||
Ab urbe condita | 2690 | ||||||||||||||||||
Calendario armenio | 1386 | ||||||||||||||||||
Calendario chinés | 4633 – 4634 | ||||||||||||||||||
Calendario hebreo | 5697 – 5698 | ||||||||||||||||||
Calendario hindú | |||||||||||||||||||
· Vikram Samvat | 1992 – 1993 | ||||||||||||||||||
· Shaka Samvat | 1859 – 1860 | ||||||||||||||||||
· Kali Yuga | 5038 – 5039 | ||||||||||||||||||
Calendario persa | 1315 – 1316 | ||||||||||||||||||
Calendario musulmán | 1356 – 1357 | ||||||||||||||||||
Calendario rúnico | 2187 | ||||||||||||||||||
|
1937 (MCMXXXVII) foi un ano común comezado en venres segundo o calendario gregoriano. Foi designado como o Ano do Boi segundo o Horóscopo Chinés, e foi Ano Santo Xacobeo.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]- 29 de xaneiro - Executados en Santiago de Compostela os republicanos de Ribeira Manuel Fernández Sendón, Julio Silva Vilas, Eugenio Rodríguez Bilbao, José Sieira González e José Lijó Louro.
- 23 de abril - Asalto do bou Eva, tráxico episodio da represión franquista en Galicia.
- 26 de abril - Bombardeo de Gernika por avións da Luftwaffe na Guerra civil española.
- 30 de xuño - Executados en Santiago de Compostela os republicanos de Padrón Rogelio Riveiro Aboy, Vicente Fuentes, Luis Villaverde Lapido, José Montes e Manuel Hermida Pintor.
- 4 de xullo - Inaugúrase o Congreso dos Escritores contra a Guerra e o Fascismo en Valencia.
- 11 de xullo - Executados na Coruña os republicanos Luis Rufilanchas, Manuel Fernández López, Genaro Ruano Sanjurjo, Domingo Rey Lago, Francisco González Agilda, Rotilio Naya Rodríguez, Manuel Rúa Losada, Delfino Liñeira Fraga, Argimiro Aradas Leiro, Francisco Meizoso Veiga, Nicolás Veiga Núñez e José Santiago García Rey.
- 27 de xullo - Executados na Caeira (Poio), os republicanos de Cangas Antonio Fernández Fernández, José Gallego Nogueira, José Mejuto Bernárdez e José Meis Martínez.
- 9 de outubro - Executados na Coruña os participantes na fuxida do Portiño Salvador Domingo Lliso, José García Vázquez, Ramón Díaz Valeiro, Ramón González Canosa, Alejandro Dopico Saleta, Manuel Bergantiños Pose, Antonio Vidal González, Antonio Lorenzo García, Francisco Díaz Moreno, Luis Lafuente Naveira, Manuel Baldomir Vázquez, Ramiro Fontenla Andújar, Manuel Tellado Villar, José Rodríguez Serantes e Federico Rivadulla Gómez.
- 11 de outubro - Executados en Ourense os republicanos Severino Nóvoa Gutiérrez, José Fernández Pérez, Enrique Nanín Ansias, José González Tesouro e Gerardo Rodríguez Fernández
- 29 de outubro - Son asasinadas en Mosteiro de Ribeira (Xinzo de Limia) María del Valle Lozano e Salud Torres Díaz.
- 10 de novembro - Getúlio Vargas tórnase ditador no Brasil.
- 15 de decembro - Comezo da batalla de Teruel na Guerra Civil Española.
Acontecementos de maior duración
[editar | editar a fonte]- Guerra civil española (1936-1939).
Arte e cultura
[editar | editar a fonte]- A Monserrat, escultura de Julio González (hoxe no Stedelijk Museum, Ámsterdam).
Nacementos
[editar | editar a fonte]- 1 de xaneiro - Carlos Prieto, músico mexicano.
- 2 de xaneiro - Chandrashekhara Kambara, escritor indio en lingua kanaresa.
- 4 de xaneiro - Dyan Cannon, actriz estadounidense.
- 8 de xaneiro - Shirley Bassey, cantante galesa.
- 10 de xaneiro - Gianni Celati, escritor, tradutor e crítico literario italiano.
- 17 de xaneiro - Alain Badiou, filósofo francés.
- 18 de xaneiro - John Hume, político da Irlanda do Norte, Premio Nobel da Paz.
- 25 de xaneiro - Ange-Félix Patassé, presidente da República Centroafricana (m. 2011).
- 30 de xaneiro - Vanessa Redgrave, actriz británica.
- 31 de xaneiro - Philip Glass, compositor estadounidense.
- 13 de febreiro - Rupiah Banda, presidente de Zambia.
- 20 de febreiro - Robert Huber, químico alemán, Premio Nobel.
- 21 de febreiro - Rei Haroldo V de Noruega.
- 2 de marzo - Abdelaziz Bouteflika, presidente de Alxeria.
- 5 de marzo - Olusegun Obasanjo, presidente de Nixeria.
- 6 de marzo - Valentina Tereshkova, cosmonauta soviética.
- 8 de marzo - Juvénal Habyarimana, presidente de Ruanda (m. 1994).
- 22 de marzo - Moacyr Scliar, escritor brasileiro (m. 2011).
- 1 de abril - Mario Orjales Pita, xurista, sociólogo e político galego.
- 3 de abril - Victorino Gutiérrez Aller, notario e escritor galego.
- 18 de abril - César Portela, arquitecto galego.
- 19 de abril - Joseph Ejército Estrada, presidente de Filipinas.
- 22 de abril - Jack Nicholson, actor estadounidense.
- 28 de abril - Saddam Hussein, presidente de Iraq (m. 2006).
- 3 de maio - Frankie Valli, músico estadounidense.
- 3 de maio - Nélida Piñón, escritora brasileira de ascendencia galega.
- 4 de maio - Ron Carter, músico de jazz estadounidense.
- 5 de maio - Tran Duc Luong, presidente de Vietnam.
- 15 de maio - Trini López, cantante estadounidense.
- 18 de maio - Jacques Santer, primeiro ministro de Luxemburgo e presidente da Comisión Europea.
- 8 de xuño - Bruce McCandless II, astronauta e aviador estadounidense.
- 11 de xuño - Robin Warren, patoloxista australiano, Premio Nobel.
- 17 de xuño - Clodovil Hernandes, político brasileiro (m. 2009).
- 23 de xuño - Martti Ahtisaari, presidente de Finlandia, Premio Nobel da Paz.
- 25 de xuño - Keizo Obuchi, primeiro ministro do Xapón (m. 2000).
- 26 de xuño - Robert Coleman Richardson, físico estadounidense, Premio Nobel.
- 12 de xullo - Lionel Jospin, primeiro ministro da república francesa.
- 14 de xullo - Xaime Quessada, pintor galego.
- 14 de xullo - Yoshiro Mori, primeiro ministro do Xapón.
- 18 de xullo - Roald Hoffmann, químico polonés, Premio Nobel.
- 29 de xullo - Daniel McFadden, economista estadounidense, Premio Nobel.
- 29 de xullo - Ryutaro Hashimoto, primeiro ministro do Xapón.
- 8 de agosto - Dustin Hoffman, actor estadounidense.
- 18 de agosto - Jean Alingué Bawoyeu, primeiro ministro do Chad.
- 21 de agosto - Gustavo Noboa, presidente de Ecuador.
- 26 de agosto - Genady Yanayev, presidente da Unión Soviética (m. 2010).
- 1 de setembro - Francisco Pinto Balsemão, primeiro ministro de Portugal.
- 15 de setembro - Robert Lucas, Jr., economista estadounidense, Premio Nobel.
- 15 de setembro - Fernando da Rúa, presidente da Arxentina.
- 4 de outubro - Franz Vranitzky, chanceler austríaco.
- 6 de outubro - Mario Capecchi, xeneticista ítalo-estadounidense, Premio Nobel.
- 22 de outubro - José Larralde, cantautor arxentino de música folclórica.
- 30 de novembro - Ridley Scott, realizador de cine inglés.
- 1 de decembro - Vaira Vīķe-Freiberga, presidenta de Letonia.
- 21 de decembro - Jane Fonda, actriz estadounidense.
- 24 de decembro - Bernt Rosengren, músico sueco.
- 26 de decembro - Gnassingbe Eyadema, presidente de Togo (m. 2005).
- 29 de decembro - Maumoon Abdul Gayoom, presidente das Maldivas.
- 31 de decembro - Avram Hershko, químico israelí, Premio Nobel.
- 31 de decembro - Anthony Hopkins, actor británico.
Mortes
[editar | editar a fonte]- 26 de xaneiro - Primo López Rivadulla, funcionario e político galego (fusilado).
- 31 de xaneiro - Maximiliano Pérez Prego, xornalista e político galego.
- 3 de febreiro - Daniel Vázquez-Gulías Martínez, arquitecto modernista galego (n. 1869).
- 5 de febreiro - Lou Andreas-Salomé, escritora rusa.
- 7 de febreiro - Elihu Root, político e diplomático estadounidense, Premio Nobel da Paz (n. 1845).
- 9 de febreiro - Benito Gallego Montero, político galego (fusilado).
- 13 de febreiro - Ángel Pérez Gándaras, farmacéutico e político galego (fusilado).
- 19 de febreiro - Horacio Quiroga, escritor uruguaio (n. 1878).
- 23 de febreiro - Rodrigo Álvarez Gantes, mestre e político galego (fusilado).
- 24 de febreiro - José Domínguez González, político galego (fusilado).
- 11 de marzo - Benigno Álvarez González, veterinario e dirixente comunista galego.
- 15 de marzo - Howard Philips Lovecraft, escritor estadounidense.
- 15 de marzo - Andrés García Ferreiro, avogado e político galego (fusilado).
- 15 de marzo - Augusto Sierra Rodríguez, político galego (paseado).
- 16 de marzo - Emilio Alonso Paz, político galego (fusilado).
- 17 de marzo - Austen Chamberlain, político británico, Premio Nobel da Paz (n. 1863).
- 24 de marzo - Pedro López Vázquez, mestre e político galego (asasinado).
- 8 de abril - Casto Sampedro Folgar, avogado e historiador galego (n. 1848).
- 11 de abril - Ángela Iglesias Rebollar, evanxélica que axudou aos fuxidos (asasinada).
- 16 de abril - Jesús Castaño Galdo, político galego (fusilado).
- 17 de abril - Johán Carballeira, político e xornalista galego (fusilado).
- 24 de abril - Evangelina Jaso González, republicana galega (fusilada).
- 27 de abril - Antonio Gramsci, político italiano (n. 1891).
- 29 de abril - José María Gallo Gallo, mestre e político galego (fusilado).
- 4 de maio - Noel Rosa, compositor brasileiro (n. 1910).
- 7 de maio - Vicente García Temes, avogado e político galego (n. 1870).
- 10 de maio - Faustino Vázquez Carril, soldado galego (fusilado).
- 11 de maio - Celestino Carbia Campaña, político galego (fusilado).
- 12 de maio - Balbino Cerdeiras Rey, odontólogo e político galego (fusilado).
- 12 de maio - Manuel Juncal Paredes, mestre e político galego (fusilado).
- 22 de maio - Víctor Martínez Rodríguez, avogado e político galego (fusilado).
- 3 de xuño - Emilio Mola, xeneral español promotor da sublevación militar contra a República.
- 5 de xuño - Jesús Puente Fontanes, político galego (fusilado).
- 5 de xuño - Ramón Fernández Rico, político galego (fusilado).
- 10 de xuño - Robert Laird Borden, primeiro ministro do Canadá (n. 1854).
- 17 de xuño - Carlos Reino Caamaño, médico e político galego (fusilado).
- 17 de xuño - Lino García Vázquez, comerciante e xornalista galego (fusilado).
- 18 de xuño - Gaston Doumergue, presidente e primeiro ministro da República Francesa (n. 1863).
- 21 de xuño - Gumersindo Busto Villanueva, filántropo galego (n. 1872).
- 28 de xuño - Eduardo Puente Carracedo, sindicalista e librepensador galego (paseado).
- 28 de xuño - Carolina Regueiras, labrega galega asasinada polos falanxistas.
- 9 de xullo - Luís Nodar Castro, político galego (fusilado).
- 10 de xullo - Antonio Fournerakis, sindicalista anarquista grego (asasinado).
- 11 de xullo - George Gershwin, compositor de jazz estadounidense (n. 1898).
- 11 de xullo - Luis Rufilanchas, político español (fusilado).
- 15 de xullo - Agapito García Atadell, sindicalista galego (n. 1902).
- 20 de xullo - Guglielmo Marconi, inventor italiano (n. 1874).
- 27 de xullo - Manuel Suárez Castro, mestre e político socialista ourensán (fusilado).
- 27 de xullo - José Mejuto Bernárdez, mecánico e político galego (fusilado).
- 27 de xullo - Francisco Varela Garrido, político galego (fusilado).
- 11 de agosto - Edith Wharton, escritora estadounidense (n. 1862).
- 29 de agosto - Antonio Caneda Rodríguez, mestre republicano galego (asasinado) .
- 2 de setembro - Barón Pierre de Coubertin, creador Xogos Olímpicos modernos (n. 1863).
- 4 de setembro - Juan Campisteguy, presidente do Uruguai (n. 1859).
- 14 de setembro - Víctor Fraiz Villanueva, mestre e sindicalista galego (fusilado).
- 14 de setembro - Tomáš Masaryk, primeiro ministro de Checoslovaquia (n. 1850).
- 21 de setembro - Rafael Alonso Rodríguez, mestre galego (asasinado).
- 26 de setembro - Bessie Smith, cantante de jazz estadounidense (n. 1894).
- 27 de setembro - Modesto López Teijeiro, escritor e político galego (asasinado).
- 28 de setembro - Marcial Villamor, sindicalista galego (asasinado).
- 16 de outubro - Argimiro Rico Trabada, mestre e político galego (asasinado).
- 19 de outubro - Ernest Rutherford, físico e químico británico, Premio Nobel (n. 1871).
- 2 de novembro - Bernardo Mateo Sagasta, enxeñeiro agrónomo e político galego (n. 1866).
- 9 de novembro - James Ramsay MacDonald, primeiro ministro do Reino Unido (n. 1866).
- 9 de novembro - Alfonso de Cal, avogado, xornalista e político galego (fusilado).
- 9 de decembro - Gustaf Dalén, físico e enxeñeiro sueco, Premio Nobel (n. 1869).
- 11 de decembro - Ángel Pestaña, anarcosindicalista español (n. 1886).
- 21 de decembro - Frank Billings Kellogg, político estadounidense, premio Nobel da Paz en 1929 (n. 1856).
- 28 de decembro - Maurice Ravel, compositor francés (n. 1875).
- Premio Nobel de Física: Clinton Davisson e George Paget Thomson
- Premio Nobel de Química: Norman Haworth e Paul Karrer
- Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina: Albert Szent-Györgyi
- Premio Nobel de Literatura: Roger Martin du Gard
- Premio Nobel da Paz: Robert Cecil
Outros
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 1937 |