Saltar ao contido

Belgrado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaBelgrado
Београд (sr-cyrl)
Beograd (sr-latn) Editar o valor en Wikidata
Vista nocturna
Vista aérea
Fotomontaxe
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 44°49′04″N 20°27′25″L / 44.8178, 20.4569
EstadoSerbia
Distritos da Sérvia (pt) TraducirCity of Belgrade (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación1.197.714 (2022) Editar o valor en Wikidata (3.327,35 hab./km²)
Lingua oficiallingua serbia Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie359,96 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Sava e Río Danubio Editar o valor en Wikidata
Altitude117 m Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Evento clave
592Avar sieges of Singidunum (en) Traducir
abril de 1440Siege of Belgrade (en) Traducir
1456Cerco de Belgrado (pt) Traducir
29 de agosto de 1521Cerco de Belgrado (1521) (pt) Traducir
6 de setembro de 1688Siege of Belgrade (en) Traducir
1690Siege of Belgrade (en) Traducir
16 de xullo de 1717Siege of Belgrade (en) Traducir
1739Capture of Belgrade (en) Traducir
1787Siege of Belgrade (en) Traducir
8 de outubro de 1789Siege of Belgrade (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoAleksandar Šapić (pt) Traducir (2018–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal11000 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico011 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Kíiv (2002–) Editar o valor en Wikidata

Páxina webbeograd.rs Editar o valor en Wikidata
BNE: XX455975

Belgrado[1] (en serbio: Београд ou Beograd) ten unha poboación de 1,2 millóns de habitantes (1 717 800 na área metropolitana). É a capital de Serbia (desde 1817), e foi tamén a capital de Iugoslavia (1918-2003) e de Serbia e Montenegro (2003-2006).

Limita ao norte coa provincia autónoma de Voivodina (distritos de Srem, Central Banat e Sur Banat), ao E co distrito de Podunavlje, ao SE co distrito de Šumadija, ao SO co distrito de Kolubara, e ao O co distrito de Mačva. O alcalde é Nenad Bogdanović. Belgrado está dividida en 17 municipalidades (10 urbanas e 7 suburbanas).

Historia de Belgrado

[editar | editar a fonte]
Imaxe de Belgrado a comezos do século XX.

A partir do século III aC houbo un asentamento celta e máis tarde romano (Singidunum) na rexión, que pasou a mans do Imperio bizantino despois da división do Imperio romano. Sufriu varias invasións antes da chegada dos serbios arredor do ano 680 aC. Máis tarde pasou a coñecerse como Beligrad (fortaleza branca ou cidade branca) no 878, baixo o dominio do reino de Bulgaria. Volveu pasar a mans bizantinas e baixo dominio búlgaro antes de se converter en cidade do reino de Serbia na Idade Media.

Máis tarde ocupada por Hungría e polos otománs en 1521, Belgrado permaneceu baixo o poder otomán durante case tres séculos. Ocupada en tres ocasións por Austria (1688-1690, 1717-1789, 1789-1791), a cidade foi tomada por forzas serbias durante o primeiro levantamento contra o dominio otomán (1818-1839).

Coa retirada dos últimos turcos (1867), a independencia de Serbia en 1878 e proclamación do reino de Serbia en 1882, Belgrado converteuse nunha cidade clave na zona dos Balcáns, pero as condicións seguían sendo as dun país agrario. En 1900 a capital contaba tan só con 69.000 habitantes.

Trala ocupación das tropas austro-húngaras e alemás en 1915-1918, durante a primeira guerra mundial, Belgrado experimentou un crecemento máis rápido e unha modernización considerable como a capital do novo reino de Iugoslavia durante os anos 1920 e 1930, medrando ata acadar os 239.000 habitantes en 1931.

O 6 de abril de 1941, Belgrado foi bombardeada polos alemáns, morrendo miles de persoas durante os bombardeos, e Iugoslavia foi invadida por forzas alemás, italianas, húngaras e búlgaras.

A emisora militar alemá de Belgrado comezou a emitir todos os días ás 21 horas 57 minutos como peche de emisión a canción Lili Marleen. Axiña houbo versións de texto para os combatentes de todas as nacionalidades, converténdose na canción de guerra máis popular ata hoxe coñecida.

A cidade permaneceu baixo ocupación alemá ata o 20 de outubro de 1944, cando foi liberada por forzas guerrilleiras iugoslavas e a Armada Vermella. No período de posguerra, Belgrado creceu rapidamente como a capital da nova Iugoslavia, desenvolvéndose como un gran centro industrial. Saraxevo foi considerada durante un curto período de tempo como un candidato para converterse na capital.

O 9 de marzo de 1991, tiveron lugar manifestacións en contra de Slobodan Milosevic na cidade. Dúas persoaas morreron e foron utilizados tanques nas rúas para restaurar a orde.

Belgrado foi bombardeada polas forzas aéreas da OTAN durante a guerra de Kosovo en 1999 causando danos considerables. Entre outros lugares bombardeados, encontrábase o ministerio de defensa, do interior e das finanzas, a residencia presidencial, algunhas estacións de radio e televisión incluíndo a televisión nacional (Radio Televisión Serbia), matando a 17 técnicos, o hospital Dragisa Misovic, casas privadas na comunidade de Zvezdara, a sede central do partido socialista, o hotel Jugoslavija e a embaixada de China. Os oficiais da OTAN declararon que esta última foi bombardeada porque os seus planificadores utilizaran mapas antigos.

Despois dunhas eleccións manipuladas en 2000, houbo grandes manifestacións en Belgrado, que causaron a renuncia do presidente Slobodan Milosevic.

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Vista de Belgrado dende un satélite.

A cidade de Belgrado atópase a 116.75 m sobre o nivel do mar, a 44°49'14" Norte e 20°27'44" Leste. A zona histórica onde naceu a cidade de Belgrado atópase na beira dereita do río Sava e do Danubio. Aínda que hoxe en día, co crecemento da cidade, esta ocupa ámbalas dúas beiras. A cidade ten unha área urbana de 359,96 km², 3.222,68 km² coa súa área metropolitana. Belgrado, como outras cidades Balcáns, considérase unha mestura entre a cultura occidental e a oriental.[2]

Belgrado posúe un clima continental moderado. A temperatura media anual da cidade é de 11,7 °C mentres que o mes máis quente é o mes de xullo, cunha temperatura media de 22,1 °C. Aínda que hai 31 días de media ó ano con temperaturas por baixo dos 30 °C, e 95 días por baixo dos 25 °C. Belgrado recibe uns 700 mm de choivas ó ano. A cidade ten unha media de 2.096 horas de sol. Os meses máis soleados son os de xullo e agosto, cunha media de 10 horas de sol ó día,mentres que decembro e xaneiro son os meses máis escuros, cunha media de 2-2,3 horas de sol.[3]

Demografía

[editar | editar a fonte]

Belgrado tiña unha poboación de 1 576 124 no censo do 2002. Os maiores grupos étnicos estaban constituídos polos serbios (1 417 187), iugoslavos (22.161), montenegrinos (21.190), xitanos (19.191), croatas (10.381), macedonianos (8.372), e por musulmáns de calquera nacionalidade (4.617).[4] A pesar dos históricos grupos relixiosos existentes na cidade, a faciana relixiosa de Belgrado é bastante homoxénea. A Igrexa ortodoxa serbia constitúe a maior comunidade relixiosa, con 1 429 170 fieis seguida do islam con 20.366 fieis, e a Igrexa católica con 16.305. A importante comunidade xudía de Belgrado quedou hoxe reducida a menos de 400 fieis tralo xenocidio nazi da segunda guerra mundial e a posterior emigración a Israel dos sobreviventes. A cidade tamén conta cunha pequena comunidade protestante formada por 3.796 fieis.[5]

Ademais da súa poboación nativa, Belgrado é fogar dunha gran comunidade serbia procedente da antiga Iugoslavia, formada por emigrantes e refuxiados dos conflitos étnicos.[6] Contando ós refuxiados serbios de Croacia e Bosnia e Hercegovina, os desprazados de Kosovo, os estudantes e a poboación non censada fan que a poboación de Belgrado se achegue ós 2 millóns de habitantes. Ademais dos serbios, a cidade conta cunha poboación multicultural debido á súa capitalidade nos tempos da antiga Iugoslavia. Na cidade existe unha importante comunidade chinesa chegada a comezos da década dos 90. O Blok 70 no arrabalde de Novi Beograd é considerado o barrio chinés da cidade debido a súa gran poboación chinesa.[7][8] A cidade tamñen conta cunha importante comunidade árabe. A maioría destes viñeron á cidade a formarse nas décadas dos 70 e 80 e acabaron quedando na cidade.[9][10] A maioría proceden de Siria, Xordania e do Iraq.

Economía

[editar | editar a fonte]
Edificio do Banco Nacional de Serbia.

Belgrado foi historicamente pola súa situación xeográfica central, a súa condición de capital e o peso da súa poboación, o principal motor da economía de Serbia. De acordo coa súa Cámara de Comercio[11], a cidade contribuía no 2004 ao 30% do PIB e da poboación activa de todo o país, destacando nos sectores da industria, construción, comercio, finanzas, transportes e telecomunicacións.

Ponte nova construída en 2012.

A industria é o sector dominante da economía de Belgrado cun peso do 26,4% no valor total. Entre os tipos de manufacturas presentes destacan polo seu valor produtivo as empresas do sector enerxético (50,5%), as industrias alimentarias (17,3%), o sector metalúrxico (12,2%) e a industria químico-farmacéutica ( 7.6%)[12].

Trolebus de Belgrado.

O comercio emprega a 63 mil persoas nuns 60 mil establecementos dos cales 14.500 son locais de venda ao miúdo, hipermercados ou grandes almacéns. O sector vese favorecido pola actividade do porto fluvial e a actividade promocional da Feira de Belgrado.

Tranvía de Belgrado.

No sector da construción, Belgrado con máis de 4.300 empresas concentra a práctica totalidade dos recursos da Serbia: O 80% dos proxectos, o 50% das edificacións e o 100% da enxeñería civil.

Con todo, tamén é destacado o peso do sector agrario e de feito, Belgrado é considerada polas súas propias autoridades unha das poucas cidades capaces de autoabastecerse en canto a necesidades alimenticias. O 70% da superficie da rexión metropolitana atópase dedicada ás terras de labor ás que se engade a gandería con máis de 68 mil cabezas bovinas e 273 mil porcinas. Preto de 20 mil persoas están empregadas directamente neste sector do que forma tamén parte unhas 60 mil granxas[13].

Entre os principais establecementos financeiros destacan a sede do Banco Nacional de Serbia e o mercado de valores, onde cotizan as accións do índice nacional Belex.

Durante os anos 1990, a cidade sufriu do mesmo xeito que o resto do país os efectos da crise económica provocada pola situación de guerra na rexión e acentuada tras as sancións impostas pola comunidade internacional pero que foi recuperándose de xeito notable a partir do ano 2000 unha vez levantadas as restricións como resposta ao derrocamento de Slobodan Milošević. Así, se en decembro de 2000 a hiperinflación acadaba o 111,9%, o cambio do dinar iugoslavo a Euro fixábase a 58,67 ou as reservas en moedas estranxeiras eran de 890 millóns de USD, en xaneiro de 2005 eses mesmos indicadores mostraban un 14,4% para a inflación, o cambio a Euro en 80,29 e as reservas de moedas incrementadas ata os 4.977 millóns de USD[14]

En marzo de 2007, o salario bruto mensual medio en Belgrado ascendía a 46.048 dinares serbios, ao redor de 565 euros ou 770$ dólares[15].

A partir de 2000, coa renovación das relacións diplomáticas con Europa Occidental e Estados Unidos, en Belgrado volve notarse a presenza dos turistas estranxeiros, ausentes dende as Guerras iugoslavas, dos noventa. A Organización do Turismo de Belgrado (TOB) é a organización oficial que promociona Belgrado como destino turístico.

Os barrios e edificios históricos de Belgrado son as principais atraccións da cidade. Entre outros, estas son: Skadarlija, Museo Nacional de Serbia, Teatro Nacional, Zemun, a Praza Nikola Pašić, a Praza Terazije, a Praza de Estudantes, the Kalemegdan, a Rúa Knez Mihailova, o Parlamento de Serbia, o Templo de San Sava, e o Palacio Antigo. Ademais, existen moitos parques, monumentos, museos, bares, restaurantes e tendas; ás dúas beiras do Sava, o Mausoleo do Heroe Descoñecido en Avala (obra de Ivan Meštrović), Mausoleo de Perico, chamado Kuća cveća (Casa de Flores). Os parques Topčider e Košutnjak son moi populares, especialmente entre os turistas das repúblicas ex-iugoslavas.

Nos últimos anos, o número de turistas en especial os de Croacia, Eslovenia e Bosnia e Hercegovina, veñen a Belgrado a pasa-lo fin de semana e gozar da súa vida nocturna[16][16].

Comunicacións e transporte

[editar | editar a fonte]

Belgrado posúe un sistema de transporte público extenso, baseado nos autobuses|autobús (118 liñas urbanas e máis de 300 liñas suburbanas), tranvías (12 liñas), e trolebuses (8 liñas)[17] O sistema de transporte público está administrado pola Compañía de transporte público Belgrado (GSP Beograd) e SP Lasta, en cooperación con algunhas compañías privadas en varias rutas de autobuses. Belgrado tamén ten unha rede ferrocaril rexional, Beovoz, que está administrada por Ferrocarrís Serbios[18] A Principal estación de trens conecta Belgrado con outras capitais europeas, así como con outras cidades en Serbia. Porén, é máis popular viaxar co automóbil, ademais, Belgrado ten conexións diarias de autocares, os cales se dirixen a un gran número de cidades tanto en Serbia, como no estranxeiro. O sistema de autoestradas permite chegar doadamente a Novi Sad polo norte, Niš polo sur e Zagreb, a capital de Croacia, polo oeste. A cidade atópase situada na confluencia de dous ríos grandes, o Danubio e o Sava, polo que a cidade posúe moitas pontes. As principais pontes da cidade son: A ponte de Branko, e a ponte Gazela. As dúas pontes conectan o centro da cidade con Novi Beograd. O porto de Belgrado, situado no Danubio, permite o trafico fluvial[19]

A poucos quilómetros do centro da cidade, atópase o Aeroporto Nikola Tesla, Belgrado (IATA:BEG). No ano 1986, chegou ós 3 millóns de pasaxeiros. Na década dos 90, debido á situación política do país, o número de pasaxeiros baixou dun xeito drástico.[20] Seguindo o desenvolvemento que tivo lugar a partir do 2000, o número de pasaxeiros medrou de novo chegando ós 2 millóns entre o 2004/2005.[21]

Goberno e política

[editar | editar a fonte]
Стари Двор ou Stari Dvor (O pazo vello) sede do goberno de Belgrado.

Belgrado ten un status territorial separado dentro da República de Serbia e cuxo ordenamento atópase regulado pola Constitución.

Parlamento de Serbia.

O sistema de goberno divídese en tres corpos:

Mapa das municipalidades de Belgrado.
  • A Asemblea da Cidade de Belgrado, con sede no Pazo vello, está formada por 90 conselleiros que son elixidos por sufraxio cada 4 anos. Reúnese polo menos unha vez por trimestre e a súa principal función é a de xestionar a Carta da cidade, aconsellar sobre a súa interpretación, aprobar os orzamentos e decidir sobre os plans de urbanismo que afecten ás principais infraestruturas da área metropolitana.
  • A Alcaldía da Cidade de Belgrado ten a función de representación da cidade e de actuación executiva no seu nome. O alcalde, que é elixido ao mesmo tempo que a Asemblea sen necesidade de ser un dos seus membros, é asistido por un vicealcalde e é tamén o presidente do Consello da Cidade.
  • O Consello da Cidade, que ten por función a posta en funcionamento das decisións tomadas pola Alcaldía e a Asemblea así como a xestión administrativa e deseño do orzamento, está dirixido por unha representación de 9 membros, elixidos pola Asemblea a proposta do alcalde, ademais do alcalde mesmo.

O alcalde de Belgrado é desde o 2004, Nenad Bogdanović, membro do Partido Democrático quen substituíu a Dr. Zoran Đinđić, alcalde de Belgrado en 1996, sendo o primeiro alcalde elixido de xeito democrático na historia recente do país.

Os municipios periféricos dispoñen de maiores competencias principalmente nas áreas de urbanismo e de xestión de impostos.[22]

Municipalidades

[editar | editar a fonte]

A cidade de Belgrado atópase dividida en 17 municipalidades,[22] dez con status "urbano", e sete con status "suburbano", cuxos centros son vilas pequenas[23]

A maioría dos municipios atópanse ó sur dos ríos Danubio e Sava, en Šumadija. Tres municipios (Zemun, Novi Beograd, e Surčin) atópanse ó norte da beira do río Sava, en Syrmia, mentres que o municipio de Palilula atópase nas dúas beiras dos ríos, nas rexións de Šumadija e do Banat.

Municipalidade Clasificación Área (km2) Poboación (2011)
Barajevo suburbana 213 27 110
Čukarica urbana 156 181 231
Grocka suburbana 289 83 907
Lazarevac suburbana 384 58 622
Mladenovac suburbana 339 53 096
Novi Beograd urbana 41 214 506
Obrenovac suburbana 411 72 524
Palilula urbana 451 173 521
Rakovica urbana 31 108 641
Savski Venac urbana 14 39 122
Sopot suburbana 271 20 367
Stari Grad urbana 5 48 450
Surčin urbana 285 43 819
Voždovac urbana 148 158 213
Vračar urbana 3 56 333
Zemun urbana 154 168 170
Zvezdara urbana 32 151 808
Total 3 227 1 659 440

Cidades irmás

[editar | editar a fonte]

As cidades irmás de Belgrado son [24]:

Outros programas de cooperación semellantes ós das cidades irmás son:

  • Grecia Atenas (Acordo de Amizade e Cooperación, novembro de 1966)
  • Bosnia e Hercegovina Banja Luka (Acordo de Cooperación, 2005)
  • República Popular da China Beijing (Acordo de Cooperación, outubro de 1980)
  • Alemaña Berlín (Acordo de Cooperación e Amizade, novembro de 1978)
  • Ucraína Kíiv (Acordo de Cooperación, maio de 2002)
  • Eslovenia Ljubljana (Carta de Intencións, outubro de 2003) (asinada xunto con Zagreb)
  • Italia Milán (Memorando do Acordo do Programa de Cidade para Cidade, novembro de 2000)
  • Moscova (Programa de Cooperación 2003/2004, decembro de 2002)
  • Italia Roma (Acordo de Amizade e Cooperación, outubro de 1971)
  • Macedonia do Norte Skopje (Carta de Intencións, xuño de 2006)
  • Croacia Zagreb (Carta de Intencións, outubro de 2003) (asinada xunto con Ljubljana)
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para belgradino.
  2. Páxina oficial (ed.). "Geographical Position". Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2008. Consultado o 19 de maio de 2007. 
  3. "Climate". Páxina oficial. Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2007. Consultado o 19 de maio de 2007. 
  4. "City of Belgrade - Facts (Population)". Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2008. Consultado o 15 de maio de 2007. 
  5. "Књиге резултата Пописа 2002.": "Књига 3: Вероисповест, матерњи језик и национална или етничка припадност према старости и полу - подаци по општинама" Arquivado 05 de febreiro de 2009 en Wayback Machine., páxina 12. Републички завод за статистику Србије, 2003.
  6. Refugee Serbs Assail Belgrade Government: The Washington Post, 22 de xuño de 1999.
  7. Кинези Марко, Милош и Ана! Arquivado 10 de marzo de 2007 en Wayback Machine., Курир (Kurir), 19 de febreiro-20 de febreiro 2005
  8. Кинеска четврт у Блоку 70 Arquivado 15 de xullo de 2007 en Wayback Machine., Време (Vreme) No. 471, 15 de xaneiro 2000
  9. A unique friendship club in Belgrade, Dawn - International, 7 de decembro
  10. Government, public diverge in assessment of Kosovo crisis Arquivado 14 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine. Jordan Times, 11 de abril de 11 1999
  11. "descrición económica en kombeg.org.yu". Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2009. Consultado o 12 de agosto de 2007. 
  12. "información sector industria e minería". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 12 de agosto de 2007. 
  13. "sector agrario". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 12 de agosto de 2007. 
  14. MONETARY AND FOREIGN CURRENCY INDICATORS en Kombeg.org.yu
  15. Oficina de estatísticas da República Serbia. Soldos mensuais, marzo, 2007.2007-04-23 Arquivado 10 de xuño de 2007 en Wayback Machine.. Data acceso:2007-18-05. En serbio
  16. 16,0 16,1 Fonte
  17. Estatísticas. Compañia de transporte público, Belgrado (GSP) Arquivado 24 de xuño de 2007 en Wayback Machine.. Data acceso:2007-05-19
  18. Ferrocarís Serbios Arquivado 28 de setembro de 2007 en Wayback Machine.. Mapa da rede de Beovoz. Data acceso:2007-05-19
  19. Historia do Porto de Belgrado. Porto de Belgrado Arquivado 20 de febreiro de 2007 en Wayback Machine.. Data acceso:2007-05-18
  20. Aerodromi i Letilišta. Vazduhoplovni vodič kroz Beograd. En serbio. Data acceso:2007-05-03
  21. Regionalni centar putničkog i kargo saobraćaja. Danas Arquivado 11 de outubro de 2007 en Wayback Machine.. Data: 20-5-2005. En serbio.
  22. 22,0 22,1 "Urban Municipalities". Official website. Consultado o 10 de xullo de 2007. 
  23. Bačić, B. Č. (1 de outubro de 2008). "Najveći problem izjednačavanje statusa gradskih i prigradskih opština" (en serbio). Danas. Consultado o 9 de febreiro de 2010. 
  24. "City of Belgrade - International Cooperation". Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2008. Consultado o 14 de maio de 2007. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]