Zagreb
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Croacia | ||||
Capital de | |||||
Capital | Zagreb | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 767.131 (2021) (1.196,4 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua croata | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 641,2 km² | ||||
Bañado por | Río Sava | ||||
Altitude | 127 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1094 | ||||
Santo padrón | Santa María | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Tomislav Tomašević (en) (2021–) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 10000 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 01 | ||||
ISO 3166-2 | HR-21 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | zagreb.hr | ||||
Zagreb é a capital de Croacia, nela viven 779.145 habitantes (2001), 1.200.000 contando a área metropolitana que inclúe Samobor, Velika Gorica e Zaprešić. A cidade localízase na aba do macizo Medvednica, nas beiras do río Sava. A Universidade de Zabreg que se fundou en 1669 é a máis importante do país. A cidade divídese en 16 distritos (gradske četvrti)
Historia
[editar | editar a fonte]Aínda que a rexión estivo habitanda cando menos dende o Neolítico, a primeira mención a Zagreb data do 1094, ano no que o rei húngaro, Ladislau, fundou un mosteiro e ao seu arredor xurdiu un asentamento.
A cidade desenvolveuse en torno á zona norte da catedral católica, e a partir da fortaleza de Gradec no monte veciño. Actualmente Gracec é o barrio de Gornji Grad, onde se pode atopar un dos mellores núcleos conservados urbanos de Croacia. A diocese e a fortaleza foron atacados polos mongois no ano 1242. Como sinal de gratitude por ofrecerlle refuxio fronte os invasores, o rei Bela IV de Hungría e Croacia outorgoulle a Gradec a Bula Dourada, que outorgaba ós cidadáns da vila autogoberno e autonomía, así como seu propio sistema xurídico. De acordo coa lenda, Bela deixou ós habitantes de Gradec un canón para que o disparasen cada día e que non se enferruxase. Dende o 1 de xaneiro de 1877 o canón e disparado desde a torre Lotrscak en Gric para marcar as doce do mediodía.
A praza do Gornji Grad está dominada pola igrexa gótica de San Marcos. Foi construída a finais do século XIV e concluíse a comezos do século XV. O campanil barroco foi engadido posteriormente.
A diocese de Zagreb e a vila de Gradec a miúdo disputaron polo uso e posesión de terras e muíños. Algunhas veces tamén se enfrontaron por razóns políticas. O termo de Zagreb foi utilizado polos barrios da diocese dende o século XVI, cando a cidade se converteu no centro político de Croacia e da Eslavonia, unión que se reforzaría décadas máis tarde. En 1850 Gradec e Zagreb uníronse baixo o seu primeiro alcalde, Janko Kamauf.
O ferrocarril foi introducido en Zagreb en 1860. Os barrios da clase obreira situábanse entre a vía do tren e o río Sava, mentres que a construción de barrios residenciais en torno ó sur de Medvednica foron rematados entre as dúas guerras mundiais.
A zona entre a vía do tren e o río Sava foi urbanizada despois da segunda guerra mundial. A mediados da década de 1950 a construción de novas residencias no sur do río Sava comezou, dando lugar á Nova Zagreb. A cidade tamén se expandiu cara ao oeste e cara ao leste, incorporando as comunidades de Dubrava, Podsused, Jarun e Blato, entre outras.
A estación ferroviaria de mercadorías e o aeroporto internacional Pleso, foron construídos na marxe sur do río Sava. A zona industrial máis grande da cidade atópase precisamente no sueste, entre o Sava e a rexión de Prigorje.
Durante a época na que Croacia estivo dentro do Imperio Austrohúngaro, a cidade tamén se chamaba Agram, a súa denominación xermánica.
Clima
[editar | editar a fonte]Zagreb posúe un clima continental. Na cidade os veráns son quentes e húmidos e os invernos son fríos. A temperatura media no inverno é de 1 °C e no verán é de 20 °C. O mes de maio é un dos máis quentes, con temperaturas por riba dos 30 °C. As nevadas son comúns nos meses de inverno, dende decembro a marzo, a choiva e a saraiba son común no outono (dende outubro a decembro).[1]
Xan | Feb | Mar | Abr | Maio | Xuño | Xullo | Agost | Sep | Oct | Nov | Dec | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Choivas (mm) | 52 | 48 | 56 | 68 | 83 | 95 | 79 | 79 | 79 | 93 | 86 | 67 |
Temp Min.(°C) | -3 | -3 | 1 | 5 | 9 | 13 | 14 | 14 | 11 | 6 | 2 | -1 |
Temp Max. (°C) | 3 | 5 | 11 | 15 | 20 | 23 | 25 | 25 | 22 | 15 | 8 | 3 |
Demografía
[editar | editar a fonte]Zagreb é a maior cidade de Croacia, sendo a única cidade do país cunha área metropolitana de máis dun millón de habitantes. A área metropolitana da cidade ten unha poboación de 1.088.841 habitantes, e inclúe algunhas pequenas cidades como Samobor, Velika Gorica e Zaprešić. O censo oficial da cidade sen a súa área metropolitana é de 779.145 habitantes. Segundo os datos do departamento de policía da cidade, o cal baséase no número de persoas que fixeron a petición para poder votar na cidade, esta ten unha poboación de 973.667 habitantes. O maior grupo étnico da cidade son os croatas constituíndo o 91,94% da poboación (censo do 2001). O mesmo censo tamén recolle outras minorías como os serbios (18.811) que constitúen o 2,41% da poboación, os bosníacos que con 6.204 cidadáns fan o 0,8 % da poboación, 4.030 musulmáns de calquera país da ex-Iugoslavia (0,52%), 3.389 albaneses (0,43%), 3.225 eslovenos (0.41%), 1.946 xitanos (0,25%), 1.131 montenegrinos (0,17%), 1.315 macedonios (0,17%), entre outras minorías.[2]
Economía
[editar | editar a fonte]Algúns dos maiores potenciais para o desenvolvemento de Zagreb son a calidade da súa terra, a súa situación de transito favorable e infraestrutura totalmente municipal, a súa man de obra cualificada e expertas nos eidos da ciencia, da educación, da saúde, dos negocios, da banca e doutras institucións, tamén inflúe a súa tradición nalgúns servizos, e o tamaño e a calidade da economía da cidade.
As pólas máis importantes da industria de Zagreb son: a produción de dispositivos e aparellos eléctricos, a súa produción química, farmacéutica, téxtil, a elaboración de comida e bebida, e a produción e elaboración do tabaco. Zagreb é un importante centro internacional de industria/comercio e negocios, así como un lugar de paso de transportes entre a Europa do leste e a Europa central.
A cidade de Zagreb ten o produto interior bruto per capita máis elevado de Croacia, con $15850 no 2006 (a media europea era do $28114. Porén, os ingresos medios e os prezos aínda son máis baixos que no resto de Europa.
No 2005 a taxa media de desemprego en Zagreb roldaba o 8%, a metade da media nacional. Zagreb, é unha cidade relativamente grande situada na ruta máis rápida que conecta a Europa central coa Europa do sueste, posúe un gran potencial para os investimentos e o desenvolvemento.
Administración metropolitana
[editar | editar a fonte]De acordo coa constitución de Croacia, a cidade de Zagreb, como capital do país, posúe un status especial. Tendo un goberno propio e autónomo. Os seus corpos administrativos da cidade son a Asemblea da Cidade como corpo representativo, e o alcalde e gobernador da cidade como corpo executivo.
Os membros da asemblea son elixidos nas eleccións, e son eles os que elixen ó alcalde e ós membros do goberno da cidade. O goberno da cidade está formado por 11 membros propostos polo alcalde á Asemblea.
O goberno local da cidade está organizado por 17 distritos.
Distritos da cidade
[editar | editar a fonte]Os principais distritos ("gradske četvrti" en croata) son:[3]
No. | Distrito | Área (km²) | Poboación (2001) | Densidade de poboación |
---|---|---|---|---|
1. | Donji Grad | 3 | 45.108 | 14.956,2 |
2. | Gornji Grad - Medveščak | 10 | 36.384 | 3.593,5 |
3. | Trnje | 7 | 45.267 | 6.146,2 |
4. | Maksimir | 14 | 49.750 | 3.467,1 |
5. | Peščenica - Žitnjak | 35 | 58.283 | 1.651,3 |
6. | Novi Zagreb - Istok | 17 | 65.301 | 3.947,1 |
7. | Novi Zagreb - Zapad | 63 | 48.981 | 782,5 |
8. | Trešnjevka - Sjever | 6 | 55.358 | 9.498,6 |
9. | Trešnjevka - Jug | 10 | 67.162 | 6.828,1 |
10. | Črnomerec | 24 | 38.762 | 1.593,4 |
11. | Gornja Dubrava | 40 | 61.388 | 1.524,1 |
12. | Donja Dubrava | 11 | 35.944 | 3.321,1 |
13. | Stenjevec | 12 | 41.257 | 3.387,3 |
14. | Podsused - Vrapče | 36 | 42.360 | 1.175,1 |
15. | Podsljeme | 60 | 17.744 | 295,2 |
16. | Sesvete | 165 | 59.212 | 358,3 |
17. | Brezovica | 127 | 10.884 | 85,4 |
Cidades irmás
[editar | editar a fonte]A cidade de Zagreb está irmandada coas seguintes cidades:[4]
- Maguncia, Alemaña A(1967)
- San Petersburgo, Rusia (1968)
- Tromsø, Noruega (1971)
- Kyoto, Xapón (1972)
- Cracovia, Polonia (1975)
- Lisboa, Portugal (1977)
- Pittsburgh, Estados Unidos de América (1980)
- Shanghai, China (1980)
- Budapest, Hungría (1994)
- Viena, Austria (1994)
- Saraxevo, Bosnia e Hercegovina (2001)
- Liubliana, Eslovenia (2001)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Zagreb Climate Data". Consultado o 2006-07-02.
- ↑ "Zagreb ethnic minorities (Census 2001)". Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2008. Consultado o 2007-01-20.
- ↑ "Zagreb population by city districts (Census 2001)". Consultado o 2006-07-02.
- ↑ "Zagreb sister cities". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2007. Consultado o 2007-02-17. Arquivado 28 de setembro de 2007 en Wayback Machine.