Cuenca, España
Cuenca (es) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Castela-A Mancha | ||||
Provincia | provincia de Cuenca | ||||
Capital de | |||||
Capital | Cuenca city (en) | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 53.512 (2023) (58,74 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 911.060.000 m² | ||||
Bañado por | Río Xúcar | ||||
Altitude | 946 m | ||||
Comparte fronteira con | Abia de la Obispalía (pt) Albarracín Zafrilla (pt) Valdemeca (pt) Checa (pt) Lagunaseca Masegosa (pt) Santa María del Val (pt) Beteta (pt) Huélamo (pt) Beamud (pt) Villar de Olalla Monteagudo de las Salinas (pt) Valdemoro-Sierra (pt) Arcas del Villar Cañada del Hoyo Fuentes (pt) La Cierva Olmeda del Rey (pt) Cañizares (pt) Fresneda de la Sierra (pt) Poyatos (pt) Fuentenava de Jábaga (pt) Chillarón de Cuenca (pt) Vega del Codorno (pt) Buenache de la Sierra (pt) Tragacete (pt) Palomera (pt) Fuertescusa (pt) Villar de Domingo García (pt) Sotorribas (pt) Arcos de la Sierra (pt) Castillejo-Sierra (pt) Bascuñana de San Pedro (pt) Uña Villalba de la Sierra (pt) Las Majadas (pt) Mariana (pt) Las Valeras (pt) | ||||
Datos históricos | |||||
Evento clave
| |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Juan Ávila | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 16000 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 16078 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | cuenca.es |
Cuenca[1] é unha cidade de España, pertencente á comunidade autónoma de Castela-A Mancha. É a capital da provincia de Cuenca e está situada na confluencia dos ríos Xúcar e Huécar, que forman profundos canóns. En 2008 a súa poboación era de 54.600 habitantes, sendo a sexta cidade de Castela-A Mancha.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A cidade divídese en dúas zonas ben diferenciadas: a cidade antiga, situada sobre un cerro rochoso bordeado polas fouces do río Xúcar ao Norte e o seu afluente o río Huécar ao sur, desembocando este último no primeiro na parte baixa da cidade antiga, pouco antes do chamado Ponte de San Antón. Ao oeste e sur da cidade antiga, e separada polo río Huécar, esténdese a cidade nova en dirección norte-sur. A altitude da cidade oscila entre os 920 metros da cidade nova e os pouco máis de 1.000 da parte máis alta da cidade antiga.
Clima
[editar | editar a fonte]O clima de Cuenca é mediterráneo continental, con temperaturas frías no inverno e suaves no verán, cunha importante oscilación térmica diaria durante todo o ano, máis acusada nos meses de máis calor. As precipitacións son máis abundantes que na súa contorna debida á orografía montañosa da Serranía de Cuenca, polo que se superan os 500 mm. presentando un mínimo de choivas nos meses de verán.
1971?2000 | xan | feb | mar | abr | mai | xuñ | xul | ago | set | out | nov | dec | TOTAL |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Temp. máxima (°C) | 9,4 | 11,4 | 14,2 | 15,7 | 20,1 | 25,9 | 30,7 | 30,3 | 25,5 | 18,6 | 13,1 | 10,0 | 18,8 |
Temp. mínima (°C) | -0,7 | 0,2 | 1,7 | 3,9 | 7,6 | 11,7 | 14,7 | 14,8 | 11,3 | 6,8 | 2,7 | 0,7 | 6,3 |
Precipitacións (mm) | 45 | 41 | 32 | 56 | 60 | 44 | 15 | 17 | 37 | 53 | 49 | 58 | 507 |
As marcas de temperatura rexistrados no Observatorio de Cuenca son os 39,6° do 30 de xullo de 1981 e os -17,8° do 3 de xaneiro de 1971.
Historia
[editar | editar a fonte]Non se coñece con precisión a orixe histórica da cidade. No século IX existía unha fortaleza árabe, denominada Conca, e dependente do emirato de Valencia, xa na época dos reinos taifas, e que, posteriormente pasou ao poder do rei sevillano Al-Maramit. Logo caeu dentro do dominio almorábide. Foi tomada por Afonso VIII en 1177. Foi Afonso X quen concedeu o título de cidade a Cuenca.
Durante a Guerra de Independencia española foi asediada e saqueada polas tropas francesas; sorte que tamén correu durante a Terceira Guerra Carlista en 1874.
Lugares de interese
[editar | editar a fonte]A parte amurallada de Cuenca foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Cabe destacar entre os monumentos desta cidade:
- Catedral;
- Casas Colgadas, nunha das súas casas ten a súa sede o Museo de Arte Abstracta Española;
- Ermida da Virxe das Angustias;
- A ponte de San Pablo desde onde se poden ollar ben as Casas Colgadas, xunto ao Parador de Turismo de Cuenca.
Entre os varios edificios relixiosos destacan o Seminario, a igrexa de San Pedro, as ruínas da Igrexa de San Pantaleón, as ruínas do castelo co Arco de Bezudo, o convento de San Paulo -hoxe Parador nacional-, a igrexa da Santa Cruz, a igrexa de San Felipe Neri, a igrexa de San Andrés, a igrexa do Salvador, a igrexa de San Antón e a igrexa de San Nicolás.
Festas
[editar | editar a fonte]- Festas de San Mateo, do 18 ao 21 de setembro (declarada de interese turístico rexional). Son as festas que rememoran a conquista de Cuenca por Afonso VIII de Castela. Nestes días as penas enchen as rúas de casco antigo da cidade de colorido, música e a tradicional "zurra", unha bebida feita a base de viño, froitas e outros segredos. Tamén corren vaquillas na Praza Maior.
- Semana Santa de Cuenca[3][4], declarada de Interese Turístico Internacional.
- Feira e festas de San Xián, a finais de agosto.
Cidades irmás
[editar | editar a fonte]A cidade de Cuenca está irmandada cas seguintes cidades:
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Panorámica de Cuenca, ponte de San Pablo, Casas Colgadas e Catedral.
-
Casa do Século XV en Cuenca.
-
Catedral de Cuenca
-
Catedral de Cuenca
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para conquense.
- ↑ Rexistros históricos da estación de Cuenca (1971-2000) Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) Arquivado 20 de xullo de 2011 en Wayback Machine..
- ↑ "A Semana Santa e a Xunta de Confrarías de Cuenca". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 29 de xuño de 2009.
- ↑ Cuenca e a súa Semana Santa