Triforio
O triforio (palabra que provén de triforium[1], en latín medieval) é un elemento arquitectónico característico da arquitectura gótica. Está situado enriba das arcadas das naves laterais dunha igrexa ou dunha catedral e consiste nun paso estreito que mira cara á nave central mediante unha liña de vans, normalmente xeminados, abertos no groso dos muros[1]. O conxunto deses vans ou aberturas leva o nome de triforio[2].
Non debe confundirse coa tribuna, que é un corredor cuxa anchura coincide coa da nave lateral sobre a que está construída e pretende ampliar a capacidade da igrexa; mentres que o triforio é estreito e, orixinalmente, non tiña unha función clara, pero ao ser un paso estreito que permite a circulación dunha persoa, facilita que se poida usar para facer o mantemento das partes elevadas da construción[3]. Co tempo, a función principal dos triforios foi a de facilitar a entrada de luz á nave central, aínda que tamén os había cegos. Cando coinciden tribuna e triforio, aquela constitúe o segundo piso, sendo o triforio o terceiro.
Nas catedrais situadas en rutas de peregrinación como o Camiño de Santiago, adoitaban ter a función de ser os lugares onde albergar aos peregrinos.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Bosquexo da estrutura do alzado dunha catedral gótica.
-
Esquema das alturas na catedral gótica. Modelo: catedral de Laón (Francia).
-
Triforio na Igrexa de Santa María, en Castro Urdiales (Cantabria).
-
Triforio na Catedral de Burgos.
-
Triforio da Catedral de Chartres.
-
Falso triforio da Catedral de Nevers.
-
Triforio da Catedral de Saint Denis (París).
-
Triforio na Catedral de Santiago.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Lajo Pérez, Rosina (1990). Léxico de arte. Akal. p. 204. ISBN 978-84-460-0924-5.
- ↑ Fullana, M. (1988). Diccionario del arte y los oficios de la construcción (5ª ed.). Palma de Mallorca: Muelle. ISBN 84-273-0372-6.
- ↑ Bideault, Maryse. "Triforium, en Enciclopedia Británica [en liña]". Consultado o 14-01-2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Triforio |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Michel Lheure, Le triforium. Construction et fonctions (XIe-XVIe siècle), París, Picard, 2012, 172 p., ill. (ISBN 978-2-7084-0905-7)