Saltar ao contido

Gablete

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gablete da Catedral de Nidaros (Noruega), cun relevo do Triunfo de Cristo, frondas laterais, e unha cruz na cúspide.

Un gablete[Cómpre referencia] é unha coroación ou remate a modo de frontón triangular e peraltado formado por dúas liñas rectas e vértice agudo que se colocou nos edificios do primeiro período gótico. Algúns autores supón que foi unha imitación en pedra das construcións de madeira que formaban armaduras, construcións que na Idade Media empregáronse moito para cubrir as bóvedas de monumentos que quedaban sen rematar por falta de recursos e que logo a arte simulou coa pedra utilizándoo como ornamentación e adornándoo de moi diversos xeitos.

No período arquitectónico apuntado, aparece sinxelo e severo, deliñado por unha cornixa e decorado no centro cun trevo, cuadrifolio ou multifolio, só relevado polo regular e moitas veces substituído por esculturas.

O gablete foi moi empregado no estilo denominado hispanoflamengo a finais do século XV. En cidades como Toledo podemos velo nalgúns edificios como a capela de Alvaro de Luna, ou na Torre da Catedral.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

O contido deste artigo incorpora material do Dicionario Enciclopédico Hispano-Americano do ano 1898, que se atopa no dominio público