Vidreira
Suxeriuse que "vidreira gótica" sexa fusionado con este artigo ou apartado (conversa). Para realizar a fusión dos artigos sigue estes pasos. |
As vidreiras son elementos arquitectónicos constituídos por anacos de vidro, xeralmente de cores, combinados para formar deseños.
Historia
[editar | editar a fonte]O vitral orixinouse no Oriente ao redor do século X, florecendo en Europa durante a Idade Media. Amplamente empregados na ornamentación de igrexas e catedrais, o efecto da luz solar que por eles penetraba, engadía unha maior imponencia e espiritualidade ao ambiente, efecto reforzado polas imaxes retratadas, na súa maioría escenas relixiosas.
Adicionalmente, servían como recurso didáctico para a instrución do catolicismo a unha poboación inculta e analfabeta.
Técnicas
[editar | editar a fonte]A técnica clásica de fabricación de vitrais empregaba chumbo nas xuncións e soldaduras. A cor nas pezas de vidro era obtida pola adición de substancias como o bismuto, o cadmio, o cobalto, o ouro, o cobre entre outros, á masa de vidro en fusión. De peso elevado, os vitrais así construídos presentaban problemas de estrutura, estanquidade, fraxilidade, deformación, corrosión electrolítica, mantemento difícil, alén do elevado custo.
Dado o perigo do chumbo e dos metais pesados para a saúde e para o ambiente[1], foron feitos esforzos internacionais[2] para proscribir o seu uso. Ese cadro estimulou o desenvolvemento de novos materiais e tecnoloxías para a fabricación de vitrais. Hoxe existen técnicas máis avanzadas, con gran valor estético, máis baratas e inocuas para a saúde e para o medio ambiente.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ [1][Ligazón morta]
- ↑ "Decisão do Conselho nº 2001/379/CE de 04/04/2001 (Documento 23759/1)". web.archive.org. 2012-03-05. Archived from the original on 05/03/2012. Consultado o 2021-05-05.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vitrais |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vitrais en Galicia |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Vitrail Architecture - Modern glass in architectureArquivado 06 de xullo de 2008 en Wayback Machine. (en inglés).