SANAA
SANAA | |
---|---|
Tipo | estudio de arquitectura |
Data de fundación | 1995 |
Director/a | Kazuyo Sejima e Ryue Nishizawa |
Traballos destacados | New Museum, Rolex Learning Center e Kumanokodo Nakahechi Museum of Art |
Premios | Premio Pritzker e Sir John Sulman Medal |
Sede | Toquio |
País | Xapón |
Na rede | |
https://www.sanaa.co.jp/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
SANAA é un estudio de arquitectura xaponés creado no 1995 por Kazuyo Sejima e Ryue Nishizawa (Sejima + Nishizawa e Asociados). Acumulan numerosos premios, tales como o León de Ouro da Bienal de Venecia (2004), a Medalla conmemorativa Arnold Brunner da Academia americana das artes e das letras (2002), así coma o maior recoñecemento no eido da arquitectura, o premio Pritzker (2010). Aínda que nos seus comezos proxectaban bidimensionalmente, as súas últimas obras enfócanse máis tridimensionalmente.
Posicionamento
[editar | editar a fonte]Defínense como arquitectos que seguen unha única liña coherente e fixa, preocupándose pola relación interior/exterior. Conceptualmente preocúpanse por resolver adecuadamente un programa dentro dun edificio, inquietándolles como se moverán as persoas no seu interior e como a nova edificación vai afectar ao espazo exterior e viceversa.
Procesan admiración por Le Corbusier, Ludwig Mies van der Rohe e Oscar Niemeyer. Dos arquitectos aínda en vida, admiran a Frank Gehry, Rem Koolhaas e Álvaro Siza.
Obras
[editar | editar a fonte]- 1995. Museo N, Nakahechi, Xapón.
- 1995. Museo O, Iida, Xapón.
- 1996. Estudio Multimedia en Oogaki, Ōgaki, Xapón.
- 1996. Casa M, Toquio, Xapón.
- 1996. Edificio K, Hitachi, Xapón.
- 1996. Park Café, Koga, Xapón.
- 1997. Casa S, Okayama, Xapón.
- 1997. Museo de Arte Contemporánea de Sydney, Sydney, Australia.
- 1997. Centro para o Campus do Instituto Tecnolóxico de Illinois, Illinois, EUA.
- 1997. Centro de Día para a Terceira Idade, Yokohama, Xapón.
- 1998. Centro de Arte Contemporánea en Roma, Roma, Italia.
- 1998. Teatro e Centro Cultural De Kunstlinie, Almere, Países Baixos.
- 1999. Lumiere Park Café, Almere, Países Baixos.
- 1999. Museo de Arte Contemporánea do Século XXI, Kanazawa, Xapón.
- 2000. Prada Beauty (Deseño de Punto de Venda), Hong Kong, China.
- 2001. Edificio Christian Dior en Omotesando, Toquio, Xapón.
- 2001. Pavillón do Vidro no Museo de Arte de Toledo, Toledo, EUA.
- 2002. Ampliación do Instituto Valenciano de Arte Moderna, Valencia, España.
- 2002. Ampliación do Museo Rietberg, Zürich, Suíza.
- 2002. Instalación para o Centenario de Arne Jacobsen, Humlebaek, Dinamarca.
- 2002. Xogo de Té Alessi, Italia.
- 2002. Pavillón do Xapón na Bienal de Venecia, Venecia, Italia.
- 2003. Tenda Issey Miyake, Toquio, Xapón.
- 2003. Cidade do Flamenco de Xerez, Xerez da Fronteira, España.
- 2003. Terminal de Transbordadores de Naoshima, Naoshima, Xapón.
- 2003. Edificio de Oficinas de Novartis, Basilea, Suíza.
- 2003. Escola de Deseño Zollverein, Essen, Alemaña.
- 2003. Novo Museo de Arte Contemporánea de Nova York, Nova York, EUA.
- 2004. Casa para a Exposición Internacional de Arquitectura, Nanjing, China.
- 2005. Centro Comunitario Rolex, Lausana, Suíza.
- 2005. Louvre-Lens, Lens, Francia.
- 2006. Casa Flor, Suíza.
- 2006. Edificio para a Factoría Vitra, Weil am Rhein, Alemaña.
- 2007. Vivendas en París, Francia.
- 2009. Pavillón da Serpentine Gallery, Londres, Inglaterra.
Premios
[editar | editar a fonte]- 1998. Premio do Instituto de Arquitectura do Xapón polo mellor Estudo Multimedia.
- 2000. Premio de Arquitectura Erich Schelling, Karlsruhe, Alemaña.
- 2002. Premio de Arquitectura Arnold W. Brunner, Academia Americana das Artes e as Letras, Nova York, EUA.
- 2002. Premio de Arquitectura Vincenzo Scamozzi, Salzburgo, Austria.
- 2004. León de Oro da Bienal de Venecia pola obra máis significativa da exposición Metamorph polo Museo de Arte Contemporánea do Século XXI en Kanazawa e Ampliación do Instituto Valenciano de Arte Moderna.
- 2005. Premio das Artes na Categoría de Arquitectura do xornal Mainichi.
- 2005. Premio Rolf Schock na Categoría de Artes Visuais, Suecia.
- 2006. Premio do Instituto de Arquitectura do Xapón.
- 2007. Premio Mario Pani na Cidade de México.
- 2007. Premio das Artes de Berlín.
- 2010. Premio Pritzker.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: SANAA |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Firma SANAA (en xaponés)