Richard Rogers
Richard George Rogers, nado en Florencia o 23 de xullo de 1933 e finado en Londres o 18 de decembro de 2021,[1] foi un arquitecto británico coñecido ao redor do mundo polos seus modernos e funcionais deseños. Estudou na Architectural Association School of Architecture de Londres, antes de obter o graduado na Escola de Arquitectura da Universidade Yale no 1962. Entre outros moitos recoñecementos, recibiu o Premio Pritzker de Arquitectura no 2007.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Na Universidade de Yale coñeceu a Norman Foster, co cal formaría no seu retorno á Inglaterra o grupo de practicas Team 4 (Equipo de catro) e mais coas súas respectivas mulleres, Sue Rogers e Wendy Cheesman. Non pasou moito tempo para que comezaran a gañar reputación e fama polos seus deseños industriais high-tech.
No 1967, logo de rematar o seu período de prácticas, únese ao arquitecto Renzo Piano. Un dos seus primeiros encargos foi unha casa e estudo para Humphrey Spender preto de Maldon, Essex. Tratábase dun cubo de vidro cunha estrutura feita na súa meirande parte con vigas de aceiro en I. A súa carreira colleu pulo cando gañou o concurso para o deseño do Centro Pompidou de París o 13 de xullo de 1971 xunto con Renzo Piano e Peter Rice. Neste deseño establecíase un dos sinais máis recoñecíbeis do que logo será o seu estilo. Trátase de deixar visíbeis ao exterior a maioría das instalacións do edificio, como a instalación de auga, calefacción e escaleiras, deixando deste xeito os espazos interiores baleiros e cun certo orde.
Aínda que o Centro Pompidou é agora un dos espazos máis visitados e admirados da capital francesa, non se librou dunha certa controversia por parte dos críticos nos primeiros anos logo da súa inauguración, poñendo en dúbida o novidoso estilo "inside-out" (o de dentro para fóra).
Proxectos
[editar | editar a fonte]- Casa Roger, Wimbledon, Reino Unido (1967)
- Casa e estudo de Humphrey Spender, Essex, Reino Unido (1968)
- Pavillón italiano na exposición universal de Osaka, Xapón (1970)
- Centro comercial de Fitzroy street, Australia (1970)
- Centro Pompidou, París, Francia (1972–78)
- Centro PATS, Cambridge, Reino Unido (1975)
- Edificio Lloyd's, Londres, Reino Unido (1979–84)
- Tribunal Europeo dos Dereitos Humanos, Estrasburgo, Francia (1984)
- Estadio Millenium Londres, Reino Unido (1999)
- Y Senedd, novo edificio da Asemblea Nacional de Gales, Cardiff, Reino Unido (2006)
- Aeroporto de Barajas Terminal 4, Madrid, España (2005)
- 88 Wood Street Londres, Reino Unido (1993-2001)
- Courts of Law, Antuerpen, Bélxica (2005)
- Hotel Hesperia Tower, Barcelona, España (2006)
- Bodegas Protos, Peñafiel, España (2007)
- Centro tecnolóxico Palmas Altas, Sevilla, España (2009)
- Torres Atrio, Bogotá, Colombia (en construción)[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Richard Rogers, Architect Behind Landmark Pompidou Center, Dies at 88". The New York Times. 18 de decembro de 2021. Consultado o 19 de decembro de 2021.
- ↑ "Gran obra de las Torres Atrio en el centro de Bogotá" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]