Basilea
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2017.) |
Basel (de) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado federado | Suíza | ||||
Cantóns | Basilea-Cidade | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 173.552 (2022) (7.276,81 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua alemá | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 23,85 km² | ||||
Bañado por | Río Rin e Birs | ||||
Altitude | 260 m-247 m | ||||
Comparte fronteira con | Riehen Binningen (Suíça) (pt) Allschwil (pt) Saint-Louis Weil am Rhein Bottmingen (pt) Münchenstein (pt) Reinach (pt) Birsfelden (pt) Muttenz (pt) Huningue | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Beat Jans | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 4000, 4001, 4002, 4005, 4009, 4010, 4018, 4019, 4020, 4030, 4031, 4040, 4051, 4052, 4053, 4054, 4055, 4056, 4057, 4058, 4059, 4070, 4075 e 4091 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 061 | ||||
Código de municipio suízo | 2701 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Lugar do Patrimonio suízo | |||||
Identificador | ISOS 1440 | ||||
Sitio web | bs.ch | ||||
Basilea[1] (alemán: Basel ['ba:zəl]; francés: Bâle [bɑl]; italiano: Basilea [bazi'leːa]) é a terceira cidade máis poboada de Suíza despois de Zürich e Xenebra. No ano 2017 tiña 176 117 habitantes[2] e 537 100 habitantes[3] na conurbación, que se espalla aínda polos cantóns veciños.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Situada ao Noroeste de Suíza, sobre o río Rin e fronteiriza con Alemaña e Francia, Basilea é un centro industrial de importancia pola súa industria química e farmacéutica. A rexión de Basilea, que culturalmente se estende ata Baden-Württemberg (Alemaña) e cara a Alsacia (Francia), reflicte a herdanza dos tres Estados, no nome moderno que ostenta en latín: Regio TriRhena. Dispón da universidade máis antiga da Confederación Helvética (1460).
Historia
[editar | editar a fonte]As orixes de Basilea remontan ao asentamento romano de Augusta Raurica, aínda que se teñen descuberto asentamentos celtas máis antigos. A posición estratéxica da cidade, coa única ponte sobre o Rin entre o lago Constanza e o mar, afirmou a súa importancia. A partir de 999 a cidade foi gobernada por bispos-príncipes baixo o dominio nominal do emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico. En 1225-1226 o bispo Heinrich von Thun construíu unha ponte sobre o Rin, fundándose o barrio de Kleinbasel (Pequena Basilea) como protección da nova ponte.
A cidade rexistrou unha importante actividade bibliográfica no século XVI, sendo nela onde se publicaron o libro de Xoán Calvino Christianae religionis institutio, no cal expón a súa doutrina relixiosa, e o primeiro libro de anatomía humana, De humani corporis fabrica, cuxo autor foi Andreas Vesalius.
En 1792 proclamouse a República de Rauracia en terreos do Macizo do Xura, abranguendo a cidade. A existencia desta brevísima república, de tan só tres meses de vida, cómpre enmarcala no proceso de creación de estados satélites de Francia, todos eles cativos e de curta duración, que se deu en territorios veciños ao país galo no transcurso da Revolución Francesa.
Cultura
[editar | editar a fonte]Deporte
[editar | editar a fonte]Basilea ten en Suíza unha reputación de cidade deportiva. O FC Basel é un dos mellores equipos do campionato suízo de fútbol nos últimos anos. No estadio do FC Basel, St. Jakob-Park, realizouse a cerimonia de apertura da Eurocopa 2008, así como tres partidos da primeira rolda, dous de cuartos de final e un de semifinal.
O equipo profesional de baloncesto de Basilea, os Starwings, é o único equipo da Suíza alemá que participa na Liga de primeira división suíza (LNBA), e en 2010 coroouse campión da Copa de Suíza.
O maior evento indoor de tenis do país celébrase en Basilea cada mes de outubro: o Davidoff Swiss Indoors reúne aos mellores tenistas do ATP.
A Asociación Internacional de Balonmán ten a súa sede en Basilea. A UEFA fundouse o 15 de xuño de 1954 en Basilea. O campionato europeo de Skateboard (European Skateboard Championships) ten lugar anualmente en Basilea.
Lugares de interese
[editar | editar a fonte]- Basel Münster. Orixinariamente unha catedral católica e hoxe en día unha igrexa protestante, foi erguida entre 1019 e 1500 en estilos románico e gótico. O vello edificio románico foi destruído en 1356 por un sismo e reconstruído posteriormente. No seu interior encontranse enterrados Erasmo de Rotterdam e Jakob Bernoulli, entre outros.
- Antikenmuseum Basel und Sammlung Ludwig, o Museo de Arte Antiga de Basilea e Colección Ludwig. Está adicado en exclusiva á arte de civilizacións antigas dende o cuarto milenio antes de Cristo ata o século VII d C. É o único deste tipo en Suíza e amosa pezas da rexión mediterránea.
- Historisches Museum Basel, o Museo de Historia de Basilea. Aberto en 1894, acolle a colección de pezas máis completa que existe da historia das civilizacións do Alto Rin, proxectándose dende a Idade Media ata o Barroco, entre as que salientan as que conforman o legado de Erasmo de Rotterdam. Está situado na antiga igrexa Barfüsserkirche de Basilea.
- Kunstmuseum Basel, museo de arte de Basilea, conta cunha exposición permanente con pezas dende a idade media ata a actualidade.
- Fundación Beyeler, museo deseñado por Renzo Piano, contén a colección de arte de Hildy e Ernst Beyeler. Móstranse arredor de 200 obras de arte de pintores coma Degas, Monet, Cézanne, Van Gogh, Picasso, Warhol, Lichtenstein ou Bacon.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para basiliano.
- ↑ "Documento MS Excel – T01.0.01 - Bevölkerungsstand". Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2017. Consultado o 9 de xullo de 2017.
- ↑ Federal Statistical Office (ed.). "Bevölkerung". Consultado o 9 de xullo de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Basilea |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial de Basilea (en alemán), (en francés) e (en italiano)