2021
Aparencia
2021 | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Calendario gregoriano | 2021 MMXXI | ||||||||||||||||||
Ab urbe condita | 2774 | ||||||||||||||||||
Calendario armenio | 1470 | ||||||||||||||||||
Calendario chinés | 4717 – 4718 | ||||||||||||||||||
Calendario hebreo | 5781 – 5782 | ||||||||||||||||||
Calendario hindú | |||||||||||||||||||
· Vikram Samvat | 2076 – 2077 | ||||||||||||||||||
· Shaka Samvat | 1943 – 1944 | ||||||||||||||||||
· Kali Yuga | 5122 – 5123 | ||||||||||||||||||
Calendario persa | 1399 – 1400 | ||||||||||||||||||
Calendario musulmán | 1443 – 1444 | ||||||||||||||||||
Calendario rúnico | 2271 | ||||||||||||||||||
|
2021 (MMXXI) foi un ano común do calendario gregoriano dentro do século XXI, comezado en venres.
En 2021 celebráronse algúns eventos orixinariamente previstos para 2020, incluídos o Festival de Eurovisión, a Eurocopa de Fútbol, os Xogos Olímpicos e a Expo 2020, que foron pospostos ou cancelados debido á pandemia da COVID-19.[1]
As Nacións Unidas declararon o 2021 como Ano Internacional da Paz e da Confianza,[2] Ano Internacional da Economía Creativa para o Desenvolvemento Sustentable,[3] Ano Internacional das Froitas e as Verduras,[4] e Ano Internacional para a Eliminación do Traballo Infantil.[5]
Acontecementos
[editar | editar a fonte]Xaneiro
[editar | editar a fonte]- 1 de xaneiro: Finaliza o período de transición da saída do Reino Unido da Unión Europea (o chamado Brexit).
- 6 de xaneiro: Partidarios do presidente saínte Trump asaltan o Capitolio dos Estados Unidos. Cinco persoas resultaron mortas.[6]
- 8-11 de xaneiro: A borrasca Filomena deixa as maiores nevaradas das últimas décadas na Península Ibérica, provocando graves problemas de mobilidade.[7]
- 9 de xaneiro: Un Boeing 737 de Sriwijaya Air, con 62 pasaxeiros a bordo procedentes de Iacarta, perde o contacto e cae ao mar de Xava despois da súa engalaxe.
- 15 de xaneiro: A pandemia da COVID-19 supera os dous millóns de vítimas mortais.
- 20 de xaneiro: Joe Biden asume o cargo como o 46º Presidente dos Estados Unidos de América.
- 24 de xaneiro: Marcelo Rebelo de Sousa é reelixido como Presidente de Portugal.
- 26 de xaneiro: O número de casos rexistrados da COVID-19 en todo o mundo supera os 100 millóns.[8]
Febreiro
[editar | editar a fonte]- 1 de febreiro: Golpe de estado en Myanmar. O exército arresta a xefa de Estado Aung San Suu Kyi, o presidente Win Myint e outros líderes do partido gobernante. Desconéctase Internet e os medios de comunicación e, a través dunha transmisión televisiva especial, o exército decreta o estado de emerxencia durante un ano e toma o control do país, proclamando xefe de Estado ao xeneral Min Aung Hlaing.
- 2 de febreiro: Acádanse as 100 millóns de doses administradas da vacina contra a COVID-19 en todo o mundo.[9]
- 9 de febreiro: En Galicia supérase a cifra de 2 000 vítimas mortais da COVID-19
Marzo
[editar | editar a fonte]- 23 de marzo: Nos Estados Unidos, un tiroteo nun supermercado de Colorado deixa 10 mortos.[10]
Abril
[editar | editar a fonte]- 28 de abril: Comezan as protestas en Colombia nas principais cidades contra as reformas de impostos e saúde propostas polo presidente Iván Duque Márquez, resultando en violencia policia e a morte de manifestantes, o cal foi condenado polas Nacións Unidas e Human Rights Watch.[11]
Maio
[editar | editar a fonte]- 3 de maio: Na Cidade de México, un tramo elevado da liña 12 do metro colapsa, descarrilando dous vagóns. 26 persoas morreron e 80 quedaron feridas.
- 8 de maio: En Afganistán, un ataque terrorista contra unha escola de nenas en Cabul deixa 68 persoas mortas e 165 feridas.
- 17 de maio: As tensións entre España e Marrocos provocan a entrada duns 8.000 inmigrantes irregulares pola fronteira de Ceuta. O exército español desprégase na cidade autónoma para deter a entrada masiva de persoas e garantir a seguridade.
Xullo
[editar | editar a fonte]- 7 de xullo: En Haití é asasinado o presidente Jovenel Moïse como resultado dun ataque provocado polas protestas no país.
- 23 de xullo: Apertura dos Xogos Olímpicos de Toquio.
Agosto
[editar | editar a fonte]- 8 de agosto: Clausura dos Xogos Olímpicos de Toquio.
- 15 de agosto: En Afganistán, a capital Cabul cae en mans dos talibáns. O presidente Ashraf Ghani exíliase en Tadjiikistán.
Outubro
[editar | editar a fonte]- 1 de outubro: Apertura da Expsición Universal de 2020 en Dubai.
Novembro
[editar | editar a fonte]- 30 de novembro: Barbados declárase república parlamentaria, abandonando o sistema de monarquia constitucional parlamentaria, que tiña á raíña Isabel II como xefa de Estado e a Gobernadora Xeral como a súa representante na illa.
Decembro
[editar | editar a fonte]- 25 de decembro: Lánzase o Telescopio Espacial James Webb.
Mortes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Finados en 2021.
Xaneiro
[editar | editar a fonte]- 25 de xaneiro: Xosé Manuel Pazos Varela,[12] alcalde de Cangas.
- 30 de xaneiro: Sophie; cantante, compositora, produtora, DJ e activista escocesa.[13]
Marzo
[editar | editar a fonte]- 17 de marzo: Xosé Ramón Barreiro, historiador galego e presidente da Real Academia Galega.[14]
Abril
[editar | editar a fonte]- 9 de abril: Filipe de Edimburgo, esposo de Isabel II do Reino Unido.[15]
Xuño
[editar | editar a fonte]- 6 de xuño: Luís Caramés, economista galego.[16]
Xullo
[editar | editar a fonte]- 25 de xullo: Otelo Saraiva de Carvalho, militar e político portugués.
Novembro
[editar | editar a fonte]- 27 de novembro: Almudena Grandes, escritora española.[17]
- 30 de novembro: Oriol Bohigas, arquitecto catalán.[18]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Hadden, Joey; Casado, Laura (10 de abril de 2020). "Here are the latest major events that have been canceled or postponed because of the coronavirus outbreak, including the 2020 Tokyo Olympics, Burning Man, and the 74th Annual Tony Awards" (en inglés). Business Insider. Consultado o 29 de agosto de 2020.
- ↑ "International Year of Peace and Trust". United Nations (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2019. Consultado o 15 de febreiro de 2020.
- ↑ "International Year of Creative Economy for Sustainable Development". United Nations (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2020. Consultado o 15 de febreiro de 2020.
- ↑ "International Year of Fruits and Vegetables". United Nations (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2020. Consultado o 15 de febreiro de 2020.
- ↑ "2021 declared International Year for the Elimination of Child Labour". International Labour Organization (en inglés). Consultado o 27 de novembro de 2020.
- ↑ "Over 60 people arrested, multiple officers injured and 4 deaths reported amid pro-Trump protests in DC". FOX 5 DC (en inglés). 6 de xaneiro de 2021. Consultado o 7 de xaneiro de 2021.
- ↑ "España sufre su día más gélido en los últimos 20 años, con ocho capitales a 10ºC bajo cero". El País (en castelán). 12 de xaneiro de 2021.
- ↑ "COVID-19: 100 million coronavirus cases recorded worldwide - a year after virus first officially diagnosed". Sky News (en inglés). Consultado o 3 de febreiro 2021.
- ↑ "Coronavirus hoy: el mundo administró ya más de 100 millones de dosis de vacunas contra COVID". DW (en castelán). Consultado o 3 de febreiro de 2021.
- ↑ "10 killed in Colorado grocery store shooting". CNN (en inglés). Consultado o 29 de marzo de 2021.
- ↑ cnn.com, ed. (10 de maio de 2021). "In Colombia's protests, pandemic pressures collide with an existential reckoning for police". Consultado o 14 de maio de 2021.
- ↑ Calvo, Juan (25 de xaneiro de 2021). "Muere el alcalde de Cangas, Xosé Manuel Pazos". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 26 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Sophie, Who Pushed the Boundaries of Pop Music, Dies at 34". The New York Times (en inglés). Consultado o 3 de febreiro de 2021.
- ↑ Redacción (17 de marzo de 2021). "Falece aos 84 anos o historiador Xosé Ramón Barreiro Fernández". lavozdegalicia.es. Consultado o 7 de abril de 2021.
- ↑ "Prince Philip has died aged 99, Buckingham Palace announces". bbc.com (en inglés). 9 de abril de 2021. Consultado o 9 de abril de 2021.
- ↑ Redacción (7 de xuño de 2021). "Pesar por la muerte del catedrático Luis Caramés tras un derrame cerebral". elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 7 de xuño de 2021.
- ↑ Redacción / EFE (27 de novembro de 2021). "Fallece Almudena Grandes a los 61 años, la gran narradora de la historia reciente". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 27 de novembro de 2021.
- ↑ Cia, Blanca (1 de decembro de 2021). "Fallece Oriol Bohigas, el arquitecto de Barcelona". elpais.com (en castelán). Consultado o 1 de decembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 2021 |