Real Zaragoza
Real Zaragoza | |||
---|---|---|---|
Nome | Real Zaragoza, S.A.D. | ||
Alcume(s) | Blanquillos; Maños | ||
Fundación | 18 de marzo de 1932 (92 anos) | ||
Estadio | La Romareda, Zaragoza, España | ||
Inauguración | 8 de setembro de 1957 | ||
Capacidade | 34.596 | ||
Propietario | Fundación Zaragoza 2032 | ||
Presidente | Christian Lapetra | ||
Adestrador | Víctor Fernández | ||
Liga | Segunda División | ||
2018/19 | 15.º | ||
Na rede | |||
https://www.realzaragoza.com/ | |||
| |||
O Real Zaragoza é un club de fútbol español da cidade de Zaragoza (Aragón). Foi fundado en 1932 da unión do Iberia SC e do Zaragoza CD, os dous clubs máis importantes da cidade naquela época. Actualmente compite na Segunda División.
É o 9º equipo na Clasificación histórica da Primeira División[1] completando 55 tempadas na devandita categoría. Foi subcampión nunha ocasión e conta ademais con 6 títulos de Copa, unha Supercopa de España e, a nivel europeo, unha Recopa e unha Copa de Feiras, ademais de numerosas participacións para competicións continentais.
O 10 de setembro de 2009, a IFFHS publicou a clasificación dos mellores clubs europeos do século XX, ocupando o Real Zaragoza a posición número 37[2] debido aos campionatos europeos conseguidos no século XX, a Copa de Feiras de 1964 e a Recopa de Europa en 1995. Actualmente ocupa o posto número 355 na clasificación mundial de clubs da IFFHS[3] e o 59º posto na clasificación histórica do mesmo organismo.[4]
Conta cuns 30.000 abonados e un orzamento anual de 36.000.000 €. É o 7º equipo en número de afeccionados en España (2,7%),[5] segundo a enquisa do CIS de maio de 2007.
Uniforme
[editar | editar a fonte]- Uniforme titular: Camiseta branca con franxas laterais azuis, pantalón azul e medias brancas.
- Uniforme alternativo: Camiseta amarela fosforito con mangas negras, pantalón negro con bordo amarelo e medias negras.
Estadio
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Estadio de La Romareda.
O estadio do Real Zaragoza é La Romareda, cunha capacidade para 34.596 espectadores e cunhas dimensións de 105 x 68 metros.
Inaugurouse cun partido entre o Real Zaragoza e Osasuna o 8 de setembro de 1957, sendo presidente do club maño Cesáreo Alierta. O resultado do encontro foi 4-3, a favor do Real Zaragoza, con goles de Vila (o primeiro gol na Romareda), Wilson, Murillo e Vila (de novo) para o Real Zaragoza, e Areta, Sabino e Glaría para Osasuna. A capacidade inicial do estadio era de 32.416 espectadores, 16.000 sentados.
Datos do club
[editar | editar a fonte]- Tempadas en 1ª: 58
- Tempadas en 2ª: 23
- Tempadas en 3ª: 4
- Mellor posto na liga: 2º (tempada 74-75)
- Peor posto na liga: 20º (tempadas 01-02 e 12-13)
- Posto na Clasificación histórica da Primeira división: 9º
- Máis partidos disputados: Aguado (383), Violeta (327), Señor (304).
- Máis minutos: Aguado (33.480), Violeta (29.042), Señor (26.984).
- Máis goles: Murillo (88), Pardeza (76) Marcelino (70).
- Expulsado máis veces: Aguado (18), Cuartero (8), Belsué (6).
- Maior goleada conseguida:
- En casa: 8-1 fronte ó Sevilla FC (1987/88),
- Fóra: 2-7 fronte ó Elche CF (1960/61)
- Maior goleada encaixada:
- En casa: 1-7 fronte ó Real Madrid (1987/88)
- Fóra: 10-1 fronte ó Athletic (1951/52)
- Participacións en competicións europeas: 18
- 5 na Recopa de Europa (1964/65, 1966/67, 1986/87, 1994/95, 1995/96)
- 12 na Copa da UEFA (1962/63, 1963/64, 1965/66, 1967/68, 1968/69, 1974/75, 1975/76, 1989/90, 1992/93, 2000/01, 2001/02, 2004/05)
- 1 na Supercopa de Europa
Xogadores
[editar | editar a fonte]Ao longo da historia do equipo, máis de 500 xogadores pertenceron ao mesmo desde o seu fundación en 1932, moitos dos cales logo de retirados pasan a ser coñecidos como os veteranos e están aglutinados nunha asociación conxunta ao club.
Palmarés
[editar | editar a fonte]Torneos rexionais
[editar | editar a fonte]Torneos nacionais
[editar | editar a fonte]- Copa do Rei (6): 1964, 1966, 1986, 1994, 2001, 2004
- Supercopa de España (1): 2004
Torneos internacionais
[editar | editar a fonte]- Copa de Feiras (1): 1964
- Recopa de Europa (1): 1995
Torneos amigables
[editar | editar a fonte]- Trofeo Ciudad de Zaragoza (24): 1974, 1975, 1976, 1978, 1979, 1981, 1983, 1986, 1987, 1989, 1991, 1992, 1994, 1995, 1996, 1999, 2000, 2001, 2002, 2003, 2005, 2006, 2007, 2011
- Trofeo Caja Duero (3): 2006, 2009, 2010
- Trofeo Ciudad de Valladolid (2): 1986, 1989
- Trofeo Emma Cuervo (1): 1959
- Trofeo Ramón de Carranza (1): 1965
- Trofeo Ciutat de Barcelona (1): 1980
- Trofeo Festa d'Elx (1): 1990
- Trofeo Cervantes (1): 1991
- Trofeo Colombino (1): 1994
- Trofeo Ciudad de Rietti (1): 1998
- Trofeo Concepción Arenal (1): 2008
- Trofeo de Blusa y de la Neska (1): 2010
- Trofeo Ciudad de Teruel (1): 2010
- Trofeo Cidade de Vigo (1): 2010
- Trofeo Ciutat de Tarragona (1): 2013
Filial
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Real Zaragoza B.
O Real Zaragoza B é o equipo filial do Real Zaragoza. Fundouse no 1965 e xoga na Segunda División B.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Clasificación histórica da Primeira División Española de fútbol". webprincipal.com. Consultado o 15 de xaneiro de 2010.
- ↑ "O Club do Século de Europa". IFFHS. Consultado o 15 de xaneiro de 2010.
- ↑ "Clasificación Mundial dos Clubs". IFFHS. Consultado o 31 de decembro de 2009.
- ↑ "Clasificación histórica do Ranking Mundial de Clubs". IFFHS. Consultado o 31 de decembro de 2009.
- ↑ "Enquisa CIS sobre equipos de fútbol". CIS. Consultado o 15 de xaneiro de 2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio Web oficial
- Artigo do Real Zaragoza na Grande Enciclopedia Aragonesa Arquivado 29 de setembro de 2007 en Wayback Machine.