Saltar ao contido

John Rutherford

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJohn Rutherford

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de agosto de 1941 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Hertfordshire, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
EducaciónWadham College (en) Traducir
Haberdashers' Aske's Boys' School (en) Traducir
Universidade de Oxford Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónlingüista, escritor, tradutor, crítico literario, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Oxford Editar o valor en Wikidata
Membro de
Premios

BNE: XX826674

John David Rutherford, nado en St Albans (Hertfordshire, Inglaterra) o 8 de agosto de 1941,[1][2] é un galicianista e hispanista inglés, profesor de lingua e literatura española e lingua e literatura galega, tradutor ao inglés destas linguas, novelista e académico, destacado por ter promovido o coñecemento da cultura galega, especialmente da súa literatura.

Xubilado no 2008, é Profesor Emérito (Emeritus Fellow) de lingua e literatura españolas no Queen's College da Universidade de Oxford.

Ten fonda relación con Ribadeo, de onde dixo 'eu entrei na vida de verdade en Ribadeo'[2].

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Ruherford fixo os seus primeiros estudos na Haberdashers' Aske's Boys' School (unha escola privada). Desde a súa época de estudante universitario estivo vinculado á Universidade de Oxford: comezou os seus estudos de castelán no Wadham College, antes de ir, en 1969 ao Saint Anthony's College, aínda que xa empezara ditando un relatorio no Queen's College o ano anterior.[3]

Doutorouse pola Universidade de Oxford en 1969 coa tese Mexican Society during the Revolutión: A literary approach (Oxford University Press, 1971).[4]

Foi Praelector en español,[5] Laming Resident Fellow e secretario do Laming Committee.[6]

Profesor do Queen's College da Universidade de Oxford dende 1968, alí creou, en 1991, o Centro de estudos galegos desta universidade, dirixíndoo ata a súa xubilación.

Así mesmo, coordinou o Obradoiro de Tradución Galego-Inglés do Queen's College, que traduciu e publicou unha escolma de textos de Méndez Ferrín (Them and other storys, 1996) e Cousas de Castelao (Things, 2000). Outros autores traducidos, que aínda non viron a luz en formato libro, son María Mariño, Carlos Casares, e Eduardo Blanco Amor, entre outros. Neste Obradoiro, ademais do propio profesor Rutherford, participaron Benigno Fernández Salgado e Xelís de Toro, entre outros.

Foi vicepresidente (1991-1994) e presidente (1994-1997) da Asociación Internacional de Estudos Galegos.

No mundo do hispanismo é coñecido por ser autor da tradución inglesa de dous clásicos da literatura española: La Regenta e O Quixote.[7]

No ano 2001, a través do Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo publicou Breve historia del pícaro preliterario, defendendo a orixe galega deste personaxe da literatura española. Ademais, publicou unha novela en galego, As frechas de ouro (Vigo: Galaxia, 2004), un libro de viaxes novelado sobre o Camiño de Santiago,[8] posteriormente traducida ao castelán, Las flechas de oro (León: Lobo Sapiens, 2013).

É habitual velo en Ribadeo, onde coñeceu a súa esposa, Tita, en 1959, e coa que casou, na igrexa parroquial, en 1964.[9] Pasa moitos dos seus veráns nesa vila. Alí participa na rondalla estival e foi o animador das Xornadas 'Mar por medio', que levan editándose na vila dende o ano 1992, procurando a relación da cultura galega co exterior alén o mar, tanto coas illas Británicas (sobre todo) como con Norteamérica.

Principais obras literarias

[editar | editar a fonte]

Obras propias

[editar | editar a fonte]
  • 1974 - Leopoldo Alas: La Regenta. Londres: Thamesis Books. ISBN
  • 1988 - La Regenta y el lector cómplice. Murcia: Universidad de Murcia. ISBN 84-7684-125-6.
  • 2001 - Breve historia del pícaro preliterario. Vigo: Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-187-4. tamén existe versión en español: Breve historia del pícaro preliterario. Vigo: Universidade de Vigo.[10]
  • 2008 - O fermoso sorriso do profeta Daniel. A Coruña: Real Academia Galega. ISBN 978-84-87987-72-4.
  • 2016 - The Spanish Golden Age Sonnet. University of Wales Press. ISBN 978-17-83168-96-5

Obras editadas

[editar | editar a fonte]
  • 1991 - Actas do I Simposium de estudios galegos = Proceedings of the 1st Oxford Conference on Galician Studies. Santiago de Compostela: Dirección Xeral de Política Lingüística.
  • 2005 - The Blue Papers. Oxford: Oxford Centre for Galician Studies. (1 vol.)
  • 2007 - Galician Review. Oxford, Birmingham: Oxford Centre for Galician Studies, Birmingham Centre for Galician Studies. (6 vols.)

Traducións

[editar | editar a fonte]

Obras de creación

[editar | editar a fonte]
  • 2004 - As frechas de ouro. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 978-84-8288-757-9.
  • 2013 - La flechas de oro. León: Editorial Lobo Sapiens.[11]

Xurado dos Premios Nacionais da Cultura 2008.[12]

Honras e distincións

[editar | editar a fonte]
  1. Liñeira, María; Vilavedra, Dolores (2007). Inglés de berce, galego de adopción. John Rutherford. Mar por medio (1.ª ed.) (Galaxia). p. 13. ISBN 978-84-611-7618-2. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Conferencia "Unha visión de Suso Peña e o seu legado", impartida no inicio do curso académico 2017-2018 no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo por Roberto Rodríguez Rodríguez (18/09/2017)
  3. 3,0 3,1 Rutherford, un inglés en la RAG Arquivado 25 de abril de 2014 en Wayback Machine. Diario El Correo Gallego, 5-10-2008.
  4. Recensión por John S. Brushwood en Revista Hispánica Moderna, 36 (1/2) (1970/1971), pp. 72-76. Philadelphia: University of Pennsylvania Press. (en castelán)
  5. O Praelector é unha figura académica tradicional nas universidades de Cambridge e Oxford. O seu cometido é diferente nas dús universidades. En Oxford, pode ser un Fellow (literalmente, "compañeiro", "camarada"), en sentido amplo, é alguén que é un igual ou un camarada. O termo, usado frecuentemente en contextos académicos, é un integrante dun grupo de elite que traballan conxuntamente como pares na busca do coñecemento) un profesor doutor) dun College (un dos Colexios Maiores de Universidade), pero tamén pode ser un tutor da Universidade responsábel dun colexio de honores en ausencia dun compañeiro.
  6. "Queen's Calendar entry, Fellows, 2003-4". archive.is. 2012-06-30. Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2012. Consultado o 2020-03-29. 
  7. El traductor John Rutherford aborda una nueva versión inglesa de 'El Quijote' Diario El País (España), 15-05-1989.
  8. Sinopse.
  9. Hispanista británico que vai ser nomeado fillo adoptivo de Ribadeo Diario El Progreso, 31-08-2012.
  10. "Breve historia del pícaro preliterario". OCLC WorldCat. Consultado o 20/09/2017. 
  11. El novelista (Manuel Rivas) presentó Las flechas de oro, del inglés John Rutherford Arquivado 25 de abril de 2014 en Wayback Machine. Diario de León, 18-07-2013.
  12. "Mercedes Peón, Manuel Lourenzo e o Laboratorio de Formas, Premios Nacionais de Música, Artes Escénicas e Iniciativa Cultural". BNG-Galiza. Arquivado dende o orixinal o 28/05/2022. Consultado o 20/09/2017. 
  13. Daniel Salgado (13-04-2007). "John Rutherford, premio Trasalba por su divulgación del gallego". El País. 
  14. "A Fundación Otero Pedrayo dálle a John Rutherford o Trasalba". El Correo Gallego. 13 de abril de 2007. 
  15. Rutherford, J. (2008). O fermoso sorriso do profeta Daniel. A Coruña: Real Academia Galega. 
  16. "Manuel Rivas e John Rutherford, novos Honoris Causa pola UDC". Web da Universidade da Coruña (UDC). Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2012. Consultado o 17 de outubro de 2011. 
  17. Agremon, Publicado por. "A honra de Ribadeo". Consultado o 2023-09-08. 
  18. Nomeados fillos predilectos e adoptivos de Ribadeo a Víctor Moro, John Rutherford e José Calavera Crónica3. A Mariña.
  19. El Consejo de Gobierno aprueba el nombramiento como Doctor Honoris Causa por la Universidad de Oviedo de John Rutherford Web da Universidad de Oviedo, 17-06-2013.
  20. "Riempos de Historia". Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2014. Consultado o 24 de abril de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]