Saltar ao contido

Hijos de Rivera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hijos de Rivera, S.A.

Estrella Galicia en 2017.
TipoSociedade Anónima
Fundación1906
MatrizHijos de Rivera S.A.U
LocalizaciónPolígono da Grela 15008 A Coruña Galicia Galicia
FundadorJosé María Rivera Corral
Persoas claveIgnacio Rivera Quintana (presidente)
Industriaalimentación, distribución
ProdutosEstrella Galicia; 1906; HR; River; River Zero; auga de Cabreiroá; sidra Manzanova
Beneficio465,5 millóns de euros (en 2017)[1]
Número de empregados877 (2014, en todo o grupo)[2]
Na rede
https://www.corporacionhijosderivera.com/
Facebook: 100064091439384 Twitter: Mundohr Instagram: mundohr LinkedIn: corporacionhijosderivera Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Hijos de Rivera, S.A. é unha empresa galega de alimentación fundada en 1906 con sede na cidade da Coruña. Estrella Galicia é dende 2015, o cuarto grupo cervexeiro de España.[3]

Tras cen anos de historia segue co seu proceso de expansión, sendo líderes en Galiza e unha das poucas cervexeiras independentes do Estado xunto con Cervezas Alhambra. Está presente no mercado estatal e estranxeiro, chegando a 14 países, entre eles Portugal, os Estados Unidos e México. A empresa ten fábrica no Brasil para o mercado local.

Evolución das botellas de Estrella Galicia.

Naceu da man de José María Rivera Corral, emigrante retornado de México a finais do século XIX, coa produción de cervexa rubia. O nome alude ó antigo negocio de Veracruz "La Estrella de Oro". En 1906 fundou na Coruña a fábrica "La Estrella de Galicia", adicada á produción de xeo e cervexa.[4]

Consolidación (anos 20)

[editar | editar a fonte]

Na década de 1920 iniciou o seu proceso de mecanización mercede a Ramón Rivera, fillo do fundador, que logo de estudar ciencias comerciais na Universidade de Hamburgo, foi un dos primeiros españois en conseguir a diplomatura de mestre cervexeiro[5]. As melloras técnicas na fábrica supuñan a adquisición dunha sala de cocción, tanques de fermentación e tanques metálicos. Estes cambios axudaron á empresa a asumir a crecente demanda do mercado.

Modernización (anos 50)

[editar | editar a fonte]

Logo da crise xeral trala guerra civil e a guerra mundial, iniciou unha profunda remodelación baseada na automatización da maior parte do proceso de produción. Porén, o impacto dos cambios desde a creación ata o embotellamento supuña o adeus definitivo ós métodos artesanais de elaboración da cervexa.

Nos anos 60 acada os 10 millóns de litros por ano, o que supuxo a necesidade de construír unha fábrica maior. Tómase a decisión de mercar uns terreos no Polígono da Grela en 1967 e comézase a construír a fábrica a finais do ano seguinte[5].

Crecemento (anos 70)

[editar | editar a fonte]

A principios dos 70 a dirección da empresa foi asumida por José María e Ramón, netos do fundador, que trasladan a fábrica á localización actual na Grela que foi estreada o 30 de novembro de 1972. A antiga fábrica de Catro Camiños é na actualidade un lugar emblemático da Coruña, que segue a funcionar vendendo máis de dous millóns de litros de cervexa ó ano. En 1979, aparece un novo formato en lata que se engade aos tradicionais. En 1988, lánzase baixo a marca Estrella Galicia Sin, a primeira cervexa sen alcohol[5].

Expansión (anos 90)

[editar | editar a fonte]

Na década dos 90 continuou o proceso de expansión e diversificación de actividades a través da apertura de novos mercados. Na actualidade é unha corporación empresarial fortemente ligada a Galiza. O grupo elabora unha ampla gama de bebidas, centrada basicamente na cervexa, e na implicación no sector servizos que abarca desde a distribución e a loxística ata o desenvolvemento integral de inmobles para a hostalería, pasando pola propia xestión de establecementos.

Actualidade

[editar | editar a fonte]
Ampliación de Estrella Galicia na Grela.

Ata 2013 a fábrica tiña unha media anual de produción de 70 millóns de litros de cervexa, destacando a súa Especial Estrella Galicia, a 1906 Extra, a HR (máis suave e cun corpo máis lixeiro), e a River (agora chamada 0,0), dispoñible tamén sen alcol.

É propietaria de Aguas de Cabreiroá e da sidra Manzanova.

En 2005, a Adega Ponte da Boga, que nacera en 1898 na Ribeira Sacra ourensá, en concreto en Castro Caldelas, é incluída dentro da Corporación Hijos de Rivera. En 2016 chega a producir máis de 265.000 litros[6].

En marzo de 2009 a empresa chegou a un acordo por dous anos co Deportivo da Coruña para patrocinar as camisolas do equipo, sendo estreado o patrocinio no partido de liga do 15 de marzo contra o Sporting de Xixón. A empresa tamén se interesou por un posíbel patrocinio do Celta, mais as boas relacións do club vigués con Citröen fixeron que se negociara a inclusión dun patrocinio non na camisola senón no pantalón. A partir de 2012 pasa ser tamén ao principal patrocinador do Club Deportivo Lugo na súa andaina na Segunda División.

O 1 de marzo de 2013 Estrella Galicia inaugurou a ampliación das novas instalacións na Grela para a produción de 250 millóns de litros de cervexa ao ano.[7] Ese mesmo ano a empresa foi reestruturada en torno ao holding Corporación Hijos de Rivera, formado por 31 empresas en 8 países e exporta os seus produtos a máis de 70. Conta con locais de hostalería na Coruña, Vigo e Madrid.[8] Distribúe as diferentes marcas de cervexa, viño e champaña e dispón dun marketplace propio, chamado Bigcrafters, adicado á venda de bebidas e gastronomía de produtores artesáns,[9] logrando posicionarse en poucos meses coma unha das principais tendas online de cervexa de España.[10]

En 2022 ​anunciouse a construción da súa segunda fábrica de Estrella Galicia, no polígono de Morás (Arteixo), cunha capacidade de produción anual prevista de 1.000 millóns de litros de cervexa e que será deseñada polo arquitecto ourensán Manuel Gallego Jorreto, Premio Nacional de Arquitectura en 1977 e 2018.[11][12]

Antigo cartel publicitario metálico de Estrella Galicia na Graña, Ferrol.

Os surtidores de cervexa de barril da marca teñen un modelo especial desenvolto por Sargadelos.

No número 116 da serie de banda deseñada Daredevil que está ambientado na Costa da Morte e do cal se ocupa de facer os debuxos David Aja, aparecen, alén dos típicos cantís e vilas da zona, pintadas de Nunca Máis e os carteis publicitarios dos bares de Estrella Galicia.

En 2016, anunciose a creación dun Museo, de máis de 3.000 m2 na actual fábrica de Catro Camiños[13].

Camión de Estrella Galicia.

Ademais das súas marcas de cervexa Estrella Galicia produce e vende outras bebidas como auga mineral e sidra.

  • Estrella Galicia
  • 1906
    • 1906 Red Vintage[14]
  • Estrella Galicia Pilsen
  • Estrella Galicia 0,0
  • Estrella Galicia Light
  • Shandy Estrella Galicia
  • Sidra Ecolóxica Manzanova
  • Aguas de Cabreiroá
  • Agua de Cuevas

En outubro de 2013 acadou un acordo para a distribución en España das marcas Erdinger de Alemaña e Duvel Moortgat de Bélxica[15].

Centro loxístico de Estrella Galicia en Pocomaco, A Coruña.

A expansión fóra de Galiza fixo que a empresa planificase ofrecer servizos a clientes de hostalería e outras empresas do sector.

  • Custom Drinks[16] Con sede en Chantada (Lugo), dende os seus inicios como laboratorio de I+D+i e plataforma de innovación foi quen de adaptar as últimas tendencias en formatos e produtos. Baixo marca La Tita Rivera elabora produtos como Tinto de verano[17], Sangria[18], Blanco de verano[19], Shandy de sidra[20], Tinto de verano limón[21], Tinto de verano sen alcohol[22] e Rebujito[23]. Ademais dos produtos de marca propia traballa baixo o concepto “Made to Order” sendo quen de ofrecer aos clientes a posibilidade pre oder fabricar calquera bebida en calquera formato baixo pedido.
  • Desymo[24] Empresa dedicada ao deseño e construción de locais de hostalería, pertence ao grupo Hijos de Rivera.

Galardóns

[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "Estrella Galicia acelera su apuesta por el patrocinio deportivo". 
  2. Hijos de Rivera bate un nuevo récord con 280 millones en ventas, un 22% más, en 2014 laopinioncoruna.es
  3. "Estrella Galicia, la cerveza que vino de ultramar". elconfidencial.com. Consultado o 30-08-2017. 
  4. "Historia". Estrella Galicia. Consultado o 2022-12-08. 
  5. 5,0 5,1 5,2 "Historia da empresa". corporacionhijosderivera.com. Consultado o 30-08-2017. 
  6. "Ponte da Boga". corporacionhijosderivera.com. Consultado o 30-08-2017. 
  7. Feijoo aplaude el espíritu emprendedor de Estrella Galicia en la inauguración de su nueva planta en A Coruña. La Voz de Galicia
  8. "Hostalería". Corporación Hijos de Rivera. Consultado o 17 de marzo de 2023. 
  9. "El nuevo 'marketplace' de Estrella Galicia acerca productos artesanos con identidad propia". Quincemil (en castelán). Consultado o 17 de marzo de 2023. 
  10. "Tienda online de Estrella Galicia". Muddlemetrics (en castelán). Consultado o 17 de marzo de 2023. 
  11. "Estrella Galicia empieza a construir su nueva fábrica de Morás con una inversión de 400 millones". Cinco Días (en castelán). Consultado o 17 de marzo de 2023. 
  12. "Estrella Galicia encarga a Gallego Jorreto el diseño de su nueva sede". Economía Digital Galicia (en castelán). Consultado o 17 de marzo de 2023. 
  13. "Un museo y una cerveza especial para celebrar los 110 años de historia de Estrella Galicia". elidealgallego.com. Consultado o 30-08-2017. 
  14. "1906 Red Vintage". Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2013. Consultado o 26 de abril de 2013. 
  15. La Opinon A Coruña (ed.). "Hijos de Rivera distribuirá los productos de las cerveceras Erdinger y Duvel". Consultado o 15 de outubro de 2013. 
  16. "Custom Drinks". Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2014. Consultado o 05 de abril de 2014. 
  17. "Tinto de verano". Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2014. Consultado o 05 de abril de 2014. 
  18. "Sangría". Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2014. Consultado o 05 de abril de 2014. 
  19. "Blanco de verano". Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2014. Consultado o 05 de abril de 2014. 
  20. "Shandy de sidra". Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2014. Consultado o 05 de abril de 2014. 
  21. "Tinto de verano limón". Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2014. Consultado o 05 de abril de 2014. 
  22. "Tinto de verano sen alcohol". Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2014. Consultado o 05 de abril de 2014. 
  23. "Rebujito". Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2014. Consultado o 05 de abril de 2014. 
  24. "Desymo". Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2014. Consultado o 05 de abril de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]