Saltar ao contido

Coiraza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outro significado, véxase Coiraza (tartarugas).
Coiraza
editar datos en Wikidata ]
Coiraza.

A coiraza,[1] termo derivado do latín coiracea, feminino de coiraceus, "de coiro", é unha peza da armadura, ríxida, que pode estar confeccionada con materiais moi diversos, entre eles ferro, bronce, aceiro, coiro endurecido ou até madeira, deseñada para a protexer o torso.

Orixinalmente tratábase dunha soa peza pectoral de coiro,[2] moldeada coa forma desexada.

Por extensión, tamén se chaman coirazas as armaduras formadas por dúas pezas feitas de coiro ou metal.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Unha coiraza consistía nunha armadura ríxida para protexer o torso dun soldado ou guerreiro. Habitualmente compoñíase de dúas partes: unha para protexer o peito, denominada peto [3] ou plastrón,[4] e outra para o lombo, o espaldar, aínda que tamén, como no caso da lorica segmentata romana, podía ter reforzos nos flancos do pescozo e nas ombreiras, para protexer os deltoides.

Sobre as coirazas de coiro podíanse coser elementos metálicos, tiras de coiro para reforzala ou mallas de ferro entretecidas (cotas[5] e cotas de malla).

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para coiraza.
  2. De onde deriva o seu nome.
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para peto.
  4. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para plastrón.
  5. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cota.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.