Bueu
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia de Pontevedra | ||||
Capital | Bueu | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 11.922 (2023) (386,95 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 30,81 km² | ||||
Bañado por | ría de Pontevedra e Océano Atlántico | ||||
Altitude | 239 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Félix Juncal Novas | ||||
Eleccións municipais en Bueu | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 36930 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 36004 | ||||
Páxina web | concellodebueu.gal |
Bueu é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Morrazo. O concello ten unha poboación de 12.189 habitantes (2016),[1] unha superficie de 30,8 km² (26,3 km² continentais e 4,5 km² insulares) e unha densidade de poboación de 401,04 hab./km². O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é bueués.[2]
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello de Bueu atópase na beira sur da ría de Pontevedra, no Atlántico. Limita coa ría de Aldán polo oeste, coa de Pontevedra polo norte, co concello de Marín polo nordeste, co de Moaña polo sueste e co de Cangas polo sur. O seu territorio está repartido en cinco parroquias: Beluso, Bueu, Cela, Ermelo e A Illa de Ons, adscrita a este concello desde 1844 xunto coas unidades menores do seu arquipélago. A capital municipal está situada en Bueu.
Historia
[editar | editar a fonte]Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2020.) |
No concello atopáronse pezas do Paleolítico, e consérvanse restos de poboados castrexos da Idade de Bronce na illa de Ons, Castrillón (Meiro), Bon (Beluso) e A Cividá. Trala romanización de Galicia houbo asentamentos en Pescadoira e Meiro, con aras dedicadas aos lares viais.
No século XVIII a zona viviu un desenvolvemento económico pola instalación de industrias dedicadas á salgadura e ao envasado de conservas, especialmente da sardiña. Estas industrias, fomentadas principalmente por empresarios cataláns e italianos, supuxeron unha revolución nas artes de pesca. Actualmente existe na vila o Museo Massó, onde se amosa a historia da industria pesqueira e envasadora. As tres principais fábricas conserveiras existentes no século XX (Hermanos Massó, Jesús Alonso e Attilio Gaggero), todas situadas na fronte marítima da vila de Bueu, desapareceron absorbidas polo desenvolvemento urbanístico. Jesús Alonso, que comercializa a coñecida marca Palacio de Oriente, continúa coa actividade industrial no polígono industrial de Castiñeira, situado na parte alta da parroquia de Bueu.
Bueu constituíuse como concello en 1821, incluíndo, amais das parroquias actuais, as de Aldán e O Hío, que en 1862 pasaron ao concello de Cangas. En 1856 foille concedido o título de vila.
En Bueu editáronse tres periódicos: El Relámpago (1899), La Voz de Bueu (1904-1906) e El Adelanto (1912-1913).
Cultura
[editar | editar a fonte]Dende 2008 celébrase en setembro, no Centro Social do Mar, o Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu.
Praias
[editar | editar a fonte]O concello ten un total de 24 praias, das que 3 se atopan nas illas Ons[3], pertencentes ao Parque Nacional das Illas Atlánticas.
Poboación
[editar | editar a fonte]Censo total 2015 | 12.251 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 1.692 (13.81 %) |
Entre 15 e 64 anos | 8.018 (65.45 %) |
Maiores de 65 anos | 2.541 (20.74 %) |
Evolución da poboación de Bueu Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
7.233 | 9.150 | 10.177 | 11.961 | 12.483 | 12.368 | 12.348 | 12.373 | 12.375 | 12.352 | 12.251 | 12.189 | |||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Bueu na literatura popular
[editar | editar a fonte]- Dame un bocado de pan/ pola nai que te pareu,/ que che hei de dar un xurelo/ cando veña de Bueu [4].
- Se vou a Bueu nun bou, vou, / e, se non vou a Bueu nun bou, non vou
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Bueu
-
Illa de Ons vista desde Fedorentos da illa de Onza
-
Peirao de Ons
-
Monte Libureiro
Parroquias
[editar | editar a fonte]Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Bueu | |
---|---|
Beluso (Santa María) | Bueu (San Martiño) | Bueu (San Martiño de Fóra)| Cela (Santa María) | Ermelo (Santiago) | A Illa de Ons (San Xoaquín) |
Lugares de Bueu
[editar | editar a fonte]Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Bueu vexa: Lugares de Bueu.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ficha municipal do IGE". Arquivado dende o orixinal o 17-10-2019. Consultado o 27-06-2017.
- ↑ Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 43. ISBN 978-84-8158-706-7.
- ↑ https://www.concellodebueu.gal/ Concello de Bueu
- ↑ No texto: Dam'un, pol-a, ch'hei, xurêlo, Buêu.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bueu |
Outros artigos
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |