Alessandro Cagliostro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de xuño de 1743 Palermo, Italia |
Morte | 26 de agosto de 1795 (52 anos) San Leo, Italia (pt) |
Actividade | |
Ocupación | médico |
Outro | |
Cónxuxe | Seraphina Cagliostro |
Condenado por | Herexía |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron The Nuttall Encyclopædia >>>:Cagliostro, Count Alessandro di |
Alessandro di Cagliostro, alcume de Giuseppe Balsama, nado o 2 de xuño de 1743 e finado o 26 de agosto de 1795, foi un personaxe que acadou sona no século XVIII. Foi un viaxeiro, ocultista e masón siciliano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado nunha familia humilde de Palermo. A infancia de Cagliostro non se coñece ben, estudou nun mosteiro e viviu nun mosteiro, escapou de alí e viaxou por Europa e o norte de África, e interesouse pola alquimia. En Roma estableceuse como médico e casou, o conde de Saint-Germain iniciouno na francmasonería en Londres e Cagliostro fundou o rito exipcio da masonería na Haia, viaxou por Rusia, Alemaña e Francia esparexendo o novo rito. Establecido en París en 1722 foi favorito do rei Lois XVI, envolto no caso do colar da raíña, que desacreditou aínda máis á raíña María Antonieta, estivo encerrado na Bastilla durante seis meses e logo foi expulsado do país. De volta en Roma foi encarcerado pola inquisición e morreu nunha das súas prisións.
Na ficción
[editar | editar a fonte]A súa vida é contada de forma tanxencial no libro Claro de lúa de Puri Ameixide.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Vidas Contadas en RNE (en castelán).