1951
Aparencia
1951 | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Calendario gregoriano | 1951 MCMLI | ||||||||||||||||||
Ab urbe condita | 2704 | ||||||||||||||||||
Calendario armenio | 1400 | ||||||||||||||||||
Calendario chinés | 4647 – 4648 | ||||||||||||||||||
Calendario hebreo | 5711 – 5712 | ||||||||||||||||||
Calendario hindú | |||||||||||||||||||
· Vikram Samvat | 2006 – 2007 | ||||||||||||||||||
· Shaka Samvat | 1873 – 1874 | ||||||||||||||||||
· Kali Yuga | 5052 – 5053 | ||||||||||||||||||
Calendario persa | 1329 – 1330 | ||||||||||||||||||
Calendario musulmán | 1371 – 1372 | ||||||||||||||||||
Calendario rúnico | 2201 | ||||||||||||||||||
|
1951 (MCMLI) foi un ano común comezado en luns segundo o calendario gregoriano.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]- 1 de xaneiro - Créase o Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR).
- 4 de xaneiro - Guerra de Corea, as forzas comunistas reconquistan a cidade coreana de Seúl.
- 5 de xaneiro - A Garda civil mata en Fontá (Fisteus, Curtis) ao guerrilleiro Emilio Pérez Vilariño.
- 18 de xullo - A Garda civil prende lume a unha casa do Tellado (Fene) na que estaban refuxiados os guerrilleiros Manuel Bastida Franco e Juan Gabeiras Barro que morreron abrasados.
- 30 de agosto - A Garda civil mata no Puntal (Neda) aos guerrilleiros Antonio Veiga Mejuto, José Antonio Castro López, José Sancho Riera e José Freire Barcia.
- 30 de outubro - Roberto Urdaneta ocupa a presidencia de Colombia.
- 1 de novembro - Soldados estadounidenses son expostos a unha explosión atómica no deserto de Nevada; a participación non foi voluntaria.
- 24 de decembro - Libia alcanza a independencia.
Nacementos
[editar | editar a fonte]- 21 de xaneiro - Urbano Cabrera, cantautor galego.
- 30 de xaneiro - Phil Collins, cantante.
- 5 de febreiro - Margarita Ledo Andión, escritora, xornalista e cineasta galega.
- 20 de febreiro - James Gordon Brown, Primeiro Ministro británico.
- 28 de abril - Damião Vaz d'Almeida, político de San Tomé e Príncipe.
- 19 de maio - Joey Ramone, cantante de rock (Ramones).
- 23 de maio - Anatoli Karpov, xogador de xadrez ruso.
- 27 de maio - Ana Belén, cantante madrileña.
- 5 de xuño - Xosé de Cora, xornalista e escritor galego.
- 6 de xuño - Xosé Otero Canto, profesor e escritor galego.
- 7 de xuño - Xesús Veiga Buxán, economista e político galego.
- 29 de xuño - Don Rosa, ilustrador do Pato Donald.
- 4 de agosto - Antonio Cantudo Hernández, exfutbolista canario.
- 11 de agosto - Fina Casalderrey, escritora galega.
- 20 de agosto - Greg Bear, escritor de Ciencia ficción.
- 25 de agosto - Víctor Freixanes, xornalista, editor e escritor galego.
- 20 de setembro - Javier Marías, escritor e editor español.
- 25 de setembro - Pedro Almodóvar, director de cine español.
- 20 de outubro - Hans-Georg Aschenbach, saltador de esquí da República Democrática Alemá.
- 23 de outubro - Charly García, cantante de rock.
- 25 de outubro - Manuel González González, lingüista galego.
- 14 de novembro - Zhang Yimou, director de cine chinés.
- 15 de novembro - Pegerto Saavedra Fernández, historiador galego.
- 19 de novembro - Panagiotis Lafazanis, político grego.
- 25 de novembro - Arturo Pérez-Reverte, periodista e escritor español.
- 27 de novembro - Ivars Godmanis, político letón.
- 18 de decembro - Ramón Conde, escultor galego.
- 26 de decembro - John Scofield, músico de jazz.
- 27 de decembro - Terry Bozzio, cantante de rock.
Mortes
[editar | editar a fonte]- 10 de xaneiro - Sinclair Lewis, escritor estadounidense.
- 19 de xaneiro - José Ramón Lence, escritor e xornalista galego (n. 1874).
- 16 de xaneiro - Francisco Lanza, escritor galego, en Buenos Aires (m. 1892).
- 19 de febreiro - André Gide, escritor francés, premio Nobel de Literatura en 1947.
- 29 de abril - Ludwig Wittgenstein, filósofo austro-inglés.
- 13 de xullo - Arnold Schönberg, compositor austríaco.
- 20 de xullo - Narciso Correal, escritor galego (n. 1876).
- 23 de xullo - Philippe Pétain, militar e político francés.
- 27 de xullo - Carlos Allegue, militar e dirixente comunista galego.
- 11 de agosto - Ramón Obella Vidal, médico e empresario galego (n. 1888).
- 3 de setembro - Manuel Rodríguez González, guerrilleiro antifranquista galego.
- 29 de setembro - Alfredo Somoza, político galego.
- 6 de outubro - Otto Fritz Meyerhof, fisiólogo alemán, premio Nobel de Medicina en 1922.
- 29 de novembro - Francisco Vázquez Enríquez, avogado, xornalista e político galego.
- Física: John Cockcroft e Ernest Walton
- Química: Edwin Mattison McMillan e Glenn Theodore Seaborg
- Fisioloxía ou Medicina: Max Theiler
- Literatura: Pär Lagerkvist
- Paz: Léon Jouhaux
Outros
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 1951 |