Saltar ao contido

Yair Lapid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaYair Lapid

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(he) יאיר לפיד Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de novembro de 1963 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
Tel Aviv, Israel Editar o valor en Wikidata
Líder da Oposição (Israel) (pt) Traducir
29 de decembro de 2022 –
← Benjamin Netanyahu
Membro de Knesset
15 de novembro de 2022 –
Lexislatura: 25th Knesset (en) Traducir
14º Primeiro ministro de Israel
1 de xullo de 2022 – 29 de decembro de 2022
← Naftali BennettBenjamin Netanyahu →
Gabinete ministerial: thirty-sixth government of Israel (en) Traducir
Alternate Prime Minister of Israel (en) Traducir
13 de xuño de 2021 – 1 de xullo de 2022 – Naftali Bennett →
Gabinete ministerial: thirty-sixth government of Israel (en) Traducir
Strategic Affairs Minister of Israel (en) Traducir
13 de xuño de 2021 – 29 de decembro de 2022 – Ron Dermer (pt) Traducir →
20º Ministro das Relações Exteriores de Israel (pt) Traducir
13 de xuño de 2021 – 29 de decembro de 2022
← Gabi Ashkenazi (pt) TraducirEli Cohen (pt) Traducir →
Membro de Knesset
6 de abril de 2021 – 15 de novembro de 2022
Lexislatura: 24th Knesset (en) Traducir
Membro de Knesset
29 de marzo de 2020 – 6 de abril de 2021
Lexislatura: 23rd Knesset (en) Traducir
Membro de Knesset
16 de marzo de 2020 – 29 de marzo de 2020
Lexislatura: 23rd Knesset (en) Traducir
Membro de Knesset
3 de outubro de 2019 – 16 de marzo de 2020
Lexislatura: 22nd Knesset (en) Traducir
Membro de Knesset
30 de abril de 2019 – 3 de outubro de 2019
Lexislatura: 21st Knesset (en) Traducir
Membro de Knesset
31 de marzo de 2015 – 30 de abril de 2019
Lexislatura: 20th Knesset (en) Traducir
Minister of Finance (en) Traducir
18 de marzo de 2013 – 4 de decembro de 2014
← Yuval Steinitz (pt) TraducirBenjamin Netanyahu →
Membro de Knesset
5 de febreiro de 2013 – 31 de marzo de 2015
Lexislatura: 19th Knesset (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaTel Aviv Editar o valor en Wikidata
EducaciónHerzliya Hebrew Gymnasium (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Cor dos ollosCastaño Editar o valor en Wikidata
Cor do peloCabelo cinza (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Xerusalén Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónxornalista, presentador de televisión, editor de periódico, actor de cinema, actor, escritor, político, xornalista de opinión Editar o valor en Wikidata
EmpregadorYedioth Ahronoth (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Partido políticoYesh Atid (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeLihi Lapid Editar o valor en Wikidata
PaisTommy Lapid Editar o valor en Wikidata  e Shulamit Lapid Editar o valor en Wikidata

Sitio webyairlapid.org.il Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0487503 Allocine: 196199
Facebook: YairLapid Twitter: yairlapid Instagram: yairlapid Telegram: YLapid Youtube: UCGaxHoA164ZtteUDLsVOJBQ TikTok: yair_lapid Musicbrainz: 1db26299-340b-474f-ad9c-09319bb3f775 Discogs: 3470845 Editar o valor en Wikidata

Yair Lapid (en hebreo: יאיר לפיד), nado o 5 de novembro de 1963 en Tel Aviv, é un político, xornalista, actor, novelista e poeta israelí. Foi o Primeiro Ministro de Israel dende o 1 de xullo ata o 29 de decembro do 2022.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Orixes e carreira xornalística

[editar | editar a fonte]

Yair Lapid é fillo do político liberal centrista Tommy Lapid, ex viceprimeiro ministro de Israel e presidente de Yad Vashem, e da novelista Shulamit Lapid. A súa familia paterna procede de Serbia e a materna de Transilvania (Romanía).[1]

Aínda que medrou en Tel Aviv, tamén pasou tempadas en Londres. Ademais, o seu servizo militar coincidiu coa Guerra do Líbano de 1982. Na década de 1980, tamén, tivo un primeiro matrimonio que acabou en divorcio, tras o que se trasladou a Os Ánxeles traballando no sector da televisión.[2]

Debutou no xornalismo como correspondente militar de Ba-Mahane, o semanario das Forzas de Defensa Israel. Tamén traballou en Ma'ariv (fundado por un grupo de xornalistas, incluído o seu avó materno, David Guiladi). Deixou Ma'ariv en 1988 para unirse á edición de Tel Aviv de Yediot Aharonot.[3] Desde 1991, escribiu un editorial semanal na edición de fin de semana Ma'ariv, a continuación, no Yediot Aharonot.

En 1994 converteuse en xornalista de televisión na canle Canle 1, operada pola pública Autoridade de Radiodifusión de Israel. En 1999 uniuse á Canle 2, privada, onde presentou un programa de entrevistas chamado Yair Lapid. En 2008, pasou a presentar outro programa informativo semanal que tivo unha importante popularidade.[4]

Lapid é autor de 11 libros, principalmente novelas, pero tamén de libros infantís. Algunha das súas obras tivo moi éxito en vendas e foron traducidas a outros idiomas.[5] Tamén escribiu o guión dunha serie emitida en 2004 na Canle 2 da televisión de Israel.

Traxectoria política

[editar | editar a fonte]

En xaneiro de 2012, Lapid anunciou que deixaba o xornalismo para iniciarse na política.[6] O 30 de abril de 2012, Lapid creou un novo partido, Yesh Atid, situado no centro do espectro político.[7] Presentouse ante á opinión pública como o defensor de clase media que traballa, defende a patria e paga os seus impostos fronte ao Likud de Netanyahu que representaría os intereses dos ideólogos dos asentamentos en Cisxordania, os rabinos e os activistas de extrema dereita. Fronte as posicións do partido conservador Likud, foi insistente na necesidade de consensos e diálogo político.[8] Nas eleccións lexislativas de 2013, o partido de Lapid quedou en segunda posición e cun rol clave na futura conformación do goberno.[9]

En 2013, avalado polos bos resultados electorais e polo seu discurso, recibiu varias distincións: como o de ser o xudeu máis influínte para o The Jerusalem Post, unha das cen persoas máis influíntes do ano para a revista Time ou un dos pensadores globais dese ano para a revista Foreign Policy.[10][11]

A atomización política da Knesset auguraba complexos pactos para conseguir maiorías: segundo os analistas o escenario máis probable sería un pacto entre Likud, Fogar Xudeu e Yesh Atid.[9] O presidente Shimon Peres encargou ao Likud a formación dun goberno. As negociacións con Yesh Atid resultaron difíciles e Lapid pedía, para participar no goberno, a redución de carteiras ministeriais.[12] Lapid amosou ás súas reservas sobre que a coalición gobernamental contase con membros dos partidos relixiosos, preferindo a presenza de Fogar Xudeu o partido de Naftali Bennett. Finalmente, e aínda que agardaba a de Asuntos Exteriores, Lapid incorporouse ao goberno de Netanyahu como Ministro de Facenda o 18 de marzo de 2013.[13]

Antes de formar parte do goberno, Lapid xa declarara a súa posición favorable á solución dos dous estados, un xudeu e outro árabe, para o conflito palestino.[14] Dende dentro do executivo reafirmouse nesta convicción e un dos seus primeiros desacordos co goberno foi a súa crítica á autorización de novos asentamentos israelís en Cisxordania (territorio ocupado por Israel pero de maioría palestina).[15] Esta e outras discrepancias co resto do goberno foron alegadas polo primeiro ministro Netanyahu para cesalo en decembro de 2014.[16]

Acordo de goberno de xuño de 2021. De esquerda a dereita: Lapid, o presidente de Israel Rivlin, e Naftali Bennet.

En maio de 2021, logo de catro procesos electorais que non conseguiran rematar coa situación de bloqueo entre os partidarios de Netanyahu (envolto en investigacións xudiciais por corrupción) e os contrarios, o Presidente do Estado, Rivlin, encargoulle a exploración dunha maioría parlamentaria que sostivese un novo goberno.[17] Logo de varios fracasos de Netanyahu, Lapid foi quen de artellar un pacto que incorpora ao goberno a unha coalición heteroxénea de partidos (dende a extrema dereita xudía ata representantes da minoría árabe) e que fará que o cargo de Primeiro Ministro rote entre Bennett (líder do partido dereitista Yamina) en primeiro lugar, e el mesmo a partir de 2023.[18] Antes de ocupar a xefatura do goberno, entre 2021 e 2023, Lapid será o ministro de Asuntos Exteriores do goberno de Bennett.[19]

En xuño de 2021, a súa primeira visita oficial como ministro de Asuntos Exteriores foi a Emiratos Árabes Unidos para inaugurar a embaixada de Israel en Abu Zabi e un consulado xeral en Dubai.[20][21] Así se satisfaceu a normalización diplomática conquerida nos Acordos de Abraham de 2020, que fixo dos EAU o terceiro país árabe en asinar un tratado de paz co Estado de Israel. Meses despois, en agosto de 2021, Yair Lapid fixo unha visita oficial a Marrocos, que tamén asinara o tratado. Durante a mesma, inaugurou as oficinas da misión diplomática en Rabat e entregou unha carta do Presidente de Israel, Isaac Herzog, convidando a Mohamed VI a visitar Israel.[22]

Ademais, como ministro de exteriores, manifestouse contra a lei de restitución aprobada polo Sejm polaco por considerar que limitaba a posibilidade de recuperar os bens e propiedades das vítimas do Holocausto. Coñecida a proposta de lei, Yair Lapid cualificouna nunha declaración oficial como "inmoral" e, en referencia ao revisionismo da lexislación impulsada polo partido Lei e Xustiza,[23] afirmou que "ningunha lei cambiará a historia".[24] Pouco despois, Yair Lapid convocou o embaixador polaco en Tel Aviv para trasladar a "fonda decepción" pola lei,[25] acto que foi respondido polo goberno polaco que presentou tamén unha queixa polas declaracións de Lapid ante a legación israelí en Varsovia.[26]

No contexto da invasión rusa de Ucranía, o goberno de Israel mostrou moito tino inicialmente nas súas posicións: nas primeiras declaracións apoiouse a integridade territorial de Ucraína sen citar á Federación Rusa. Detrás desta postura estaba a colaboración entre Rusia e Israel en Siria contra as posicións favorables a Irán.[27] Logo, Yair Lapid declarou que o ataque era unha "seria violación da orde internacional" e prometeu axuda humanitaria a Ucraína ao tempo que aseguraba que Israel mantiña "profundas, antigas e boas relacións" con ambos os dous estados en conflito.[28] A posición do executivo israelí foi criticada nas mobilizacións cidadás de repulsa á ofensiva.[29] Ante a votación dunha resolución de condena das operacións rusas na Asemblea Xeral da ONU, Yair Lapid asegurou o voto favorable de Israel asegurando que iso era estar "no lado correcto da Historia".[30] Posteriormente, o 7 de marzo de 2022, mantivo unha reunión co Secretario de Estado dos Estados Unidos, Anthony Blinken, en Riga na que trataron asuntos sobre a invasión rusa e a posible mediación de Israel, así como cuestións relativas ás negociacións sobre o programa nuclear iraniano.[31] A principios de abril de 2022, nunha declaración, Yair Lapid afirmou que "as forzas armadas rusas cometeran crimes de guerra".[32]

Primeiro Ministro

[editar | editar a fonte]

O 20 de xuño de 2022, logo de perder o apoio de varios deputados, Yair Lapid e o primeiro ministro, Naftali Bennett, acordaron propoñer a convocatoria de eleccións, as quintas en tres anos.[33] De acordo co pacto, Yair Lapin asumirá a xefatura do goberno entre a disolución do parlamento e ata a formación dun novo goberno tras as eleccións.[34] Deste xeito, conseguida a convocatoria electoral e logo da dimisión de Naftali Bennett, Yair Lapid foi nomeado Primeiro Ministro o 1 de xullo de 2022, mantendo, asemade, a carteira de Asuntos Exteriores.[35]

Durante o seu primeiro discurso televisado como Primeiro Ministro louvou ao seu predecesor e as Forzas de Defensa de Israel, fixo un chamamento á unidade política e denunciou o discurso extremista e violento na política israelí.[36]

En xullo de 2022, Joe Biden e el mantiveron unha reunión na que reafirmaron a súa oposición ao programa nuclear iraniano.[37] Pouco despois, logo de que a xustiza rusa decretase o peche da Axencia Xudía sen anunciar os motivos oficiais, Yair Lapid declarou que iso afectará negativamente ás relacións entre ambos países.[38]

Nas eleccións, celebradas o día 1 de novembro, o seu partido, Yesh Atid, gañou sete deputados ata sumar 24. Mais quedou en segunda posición fronte o Likud de Benjamin Netanyahu que chegouse ata os 32 escanos.[39] Ademais, a coalición de partidos dereitistas e relixiosos próximos a Netanyahu fíxose cunha clara maioría absoluta de 65 representantes na Knesset. Ante estes resultados, Yair Lapid recoñeceu a derrota.[40] Finalmente, o 29 de decembro de 2022 foi relevado cedéndolle o cargo a Benjamin Netanyahu.

  1. SPIEGEL, DER. "Israel's 60th Anniversary: 'A Jew from Morning to Night'". www.spiegel.de (en inglés). Consultado o 2021-06-07. 
  2. "Yair Lapid". www.jewishvirtuallibrary.org. Consultado o 2021-06-07. 
  3. "Yair Lapid's Quest to Be the Epitome of the New Israeli" (Haaretz). 9-6-2012. Consultado o 3-7-2021. 
  4. "Yair Lapid to enter politics" (Ynet). 1-8-2021. Consultado o 3-7-2021. 
  5. "Knesset members: Yair Lapid". Knesset. Consultado o 7-6-2021. 
  6. "In entering Israeli politics, Yair Lapid eyes force of socioeconomic protests". Jewish Telegraphic Agency (en inglés). 2012-01-17. Consultado o 2021-06-07. 
  7. "Lapid registers new party, 'Yesh Atid'". The Jerusalem Post. Consultado o 7-6-2021. 
  8. Vick, Karl (2013-01-23). "Meet Yair Lapid: The New Strongman of Israeli Politics". Time (en inglés). ISSN 0040-781X. Consultado o 2021-06-07. 
  9. 9,0 9,1 "IgadiPaper nº99". Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI). Consultado o 2021-06-09. 
  10. "Top 50 most influential Jews 2013: Places 1-10". Consultado o 7-06-2021. 
  11. Vick, Karl (2013-04-18). "Yair Lapid: The World's 100 Most Influential People". Time (en inglés). ISSN 0040-781X. Consultado o 2021-06-07. 
  12. "Lapid's party tells Likud it won't join 'swollen' coalition of 28 Israeli ministers". Haaretz.com (en inglés). Consultado o 2021-06-07. 
  13. "Lapid's Party Tells Likud It Won't Join 'Swollen' Coalition of 28 Israeli Ministers" (Haaretz). 6-3-2012. Consultado o 3-6-2021. 
  14. Images, Getty. "Yair Lapid Calls for Return to Peace Talks". The Forward (en inglés). Consultado o 2021-06-07. 
  15. "Yair Lapid : «La solution de deux États est la seule»". LEFIGARO (en francés). Consultado o 2021-06-07. 
  16. "M. Nétanyahou ouvre la voie à des élections anticipées". Le Monde.fr (en francés). 2014-12-02. Consultado o 2021-06-07. 
  17. "Lapid, Bennett hope to form government within a week". The Jerusalem Post. Consultado o 7-06-2021. 
  18. "Israel: Opposition reaches deal to unseat longtime PM Benjamin Netanyahu". DW. 
  19. "Pour la première fois depuis douze ans, Israël doit changer de Premier ministre". Les Echos (en francés). 2021-06-03. Consultado o 2021-06-07. 
  20. "Israeli foreign minister Yair Lapid opens embassy in Abu Dhabi". the Guardian (en inglés). 2021-06-29. Consultado o 2021-07-01. 
  21. Berman, Lazar. "Lapid inaugurates Dubai consulate: ‘Symbolizes our ability to change the world’". www.timesofisrael.com (en inglés). Consultado o 2021-07-01. 
  22. Diario, Nós. "Israel e Marrocos estreitan lazos, unidos pola ambición territorial". Nós Diario. Consultado o 2021-08-14. 
  23. Nast, Condé. "The Historians Under Attack for Exploring Poland’s Role in the Holocaust". The New Yorker (en inglés). Consultado o 2021-07-03. 
  24. "FM Lapid's response to the parliamentary discussion of Poland's Law". mfa.gov.il. Consultado o 3-7-2021. 
  25. "Israel summons Polish envoy over Holocaust property bill". Reuters. 2021-06-27. Consultado o 2021-07-03. 
  26. "Polonia convoca incaricata d'affari Israele, 'chiariremo' - Polonia - Nuova Europa". ANSA.it (en italiano). 2021-06-27. Consultado o 2021-07-03. 
  27. "Ties with Russia Compromise Israel’s Stance on Ukraine". The New Yorker (en inglés). 2022-02-28. Consultado o 2022-03-15. 
  28. "Israel reluctantly condemns Russia over Ukraine - Al-Monitor: The Pulse of the Middle East". www.al-monitor.com (en inglés). Consultado o 2022-03-13. 
  29. i24NEWS. "Thousands Of Israelis Protest Russian Invasion Of Ukraine". I24news (en inglés). Consultado o 2022-03-13. 
  30. "'We'll Be on the Right Side of History': Lapid Says Israel Will Back UN Vote Condemning Russia". Haaretz (en inglés). Consultado o 2022-03-15. 
  31. "Top US, Israel diplomats meet in Riga on Ukraine, Iran". France 24 (en inglés). 2022-03-07. Consultado o 2022-03-13. 
  32. Reuters (2022-04-05). "Israeli FM condemns "war crimes" in Ukraine". Reuters (en inglés). Consultado o 2022-06-20. 
  33. CNN, Hadas Gold, Amir Tal and Andrew Carey. "Bennett and Lapid agree to dissolve Israel's government". CNN. Consultado o 2022-06-20. 
  34. "Israel heading to elections, Knesset to disband, Lapid to become PM". The Jerusalem Post (en inglés). Consultado o 2022-06-20. 
  35. "Yair Lapid becomes Israel's interim PM ahead of November election". euronews (en inglés). 2022-07-01. Consultado o 2022-07-02. 
  36. "PM Lapid’s first speech upon taking office". GOV.IL (en inglés). Consultado o 2022-07-25. 
  37. "President Joe Biden, Israeli Prime Minister Yair Lapid agree to stop Iran nuclear program, differ on how". PBS NewsHour (en inglés). 2022-07-14. Consultado o 2022-07-25. 
  38. "Lapid: Closing Jewish Agency Would Hurt Israel-Russia Ties". www.voanews.com. Consultado o 2022-07-25. 
  39. i24NEWS. "Israel election: Final results show Netanyahu bloc at 64 seats". I24news (en inglés). Consultado o 2022-11-04. 
  40. "Lapid concedes defeat, promises orderly transfer of power". The Jerusalem Post (en inglés). Consultado o 2022-11-04. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]