Saltar ao contido

Symi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaSymi
Imaxe

Localización
Mapa
 36°35′56″N 27°50′03″L / 36.5989, 27.8342
EstadoGrecia
Administracións descentralizadasadministración descentralizada do Exeo
PeriferiasExeo Meridional
Unidades periféricasRodes (pt) Traducir
ConcelloSymi Municipality (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación2.590 (2011) Editar o valor en Wikidata (44,76 hab./km²)
Xeografía
Superficie57,865 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Exeo Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal856 00 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario

Sitio websymi.gr Editar o valor en Wikidata

Symi (grego: Σύμη, ou Simi, turco Sömbeki) é unha illa grega do arquipélago do Dodecaneso, a 41 km ao noroeste de Rodas, a 425 km de O Pireo, e áchase moi preto da costa turca, ao sur da cidade de Gnido.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A súa superficie é de 58´10 km². A illa é montañosa, o interior está salpicado de pequenos vales e o seu litoral alterna cantís e calas.

As penínsulas turcas de Daraçya e de Reşadiye da provincia de Muğla, están moi próximas a Symi.

A capital, Symi, está situada na costa noroeste e agrupa a maior parte dos 2.606 habitantes da illa, que viven principalmente da pesca, do comercio e do turismo. A poboación multiplícase na tempada alta, de maio a outubro, ata alcanzar máis de 6.000 habitantes.

A cidade de Symi é chamada tamén Ano Symi, e Epáno Symi, pero é máis comunmente coñecida como Yialos.

O resto de localidades principais da illa son Horio («a cidade»), Pedi, Nimborio, e Panormitis, onde se asenta o famoso mosteiro ao cal moita xente de toda Grecia acode en peregrinación cada ano para visitalo.

Ademais dos seus numerosos lugares históricos, a illa é popular polas súas soleadas praias unicamente accesibles desde o mar.

Está rodeada de numerosas illas pequenas e illotes: Gialesíno, Diavátes, Kouloúndros, Marmarás, Nímos, Sesklío, Chondrós, Plati, Ghi, Koupi, Megalonisi, Karavalonisi, Pano Nero, Strogglios etcétera.

Mitoloxía

[editar | editar a fonte]

Na mitoloxía grega, Symi é o lugar de nacemento das Cárites e adoptou o seu nome dunha das esposas de Poseidón a ninfa Sime.

Estevo de Bizancio di que antigamente se chamaba Metapontis e Aegle, e o nome de Symi foille dado pola devandita Sime, unha filla de Ialiso, o primeiro habitante da illa, xunto con Ctonio, fillo de Poseidón.

Na Guerra de Troia participou o heroe Nireo, natural de Symi, con tres barcos.[1]

Panorámica da cidade de Symi.

Segundo a tradición, a illa foi poboada polos dorios e despois foi ocupada polos carios, quen a abandonaron e estivo deshabitada ata que Argos, Esparta, Cnido e Rodas repoboárona.

Tucídides relata un episodio da Guerra do Peloponeso: a Batalla de Symi, que se desenvolveu preto da illa en xaneiro do -411 e na que un número impreciso de barcos espartanos derrotou a un escuadrón de naves atenienses[2].

Esquecida ata o século XIV, durante o Imperio romano, despois o bizantino, a illa, con todo, estivo ocupada sen interrupción, como testemuñan os restos arqueolóxicos e sobre todo as cidadelas, proba da importancia estratéxica da illa.

En 1373, foi conquistada polos Cabaleiros Hospitalarios. Esta conquista motivada polo comercio, inaugurou un período de varios séculos de prosperidade para Symi, que foi o centro do comercio do Dodecaneso ata a chegada do ferrocarril no século XIX.

En 1522, Symi, como Rodas, pasou a mans do Imperio Otomán. Puido conservar varios dos seus privilexios e a súa prosperidade non foi interrompida.

A metade do século XIX, alcanzou o seu cenit, como testemuñan as casas solariegas neoclásicas construídas nesta época e que cobren as pendentes da cidade de Symi.

No curso do século XX, a illa, co resto do Dodecaneso, cambiou varias veces de mans: en 1912 comezou a ocupación italiana que desembocou en anexión en 1923, despois a énosis (unión) con Grecia en 1948.

A illa tiña oito portos. Da cidade homónima quedan algúns restos.

Monumentos e lugares de interese

[editar | editar a fonte]
Mosteiro, Arcanxo Miguel Panormitis
  • O mosteiro ortodoxo do Arcanxo Miguel Panormitis, construído no século XVIII, está aínda habitado.
  • O «castelo dos Cabaleiros» construído polos Cabaleiros Hospitalarios nas alturas da cidade de Symi, no lugar dun forte bizantino. No castelo atópase o museo arqueolóxico.
  • As capelas e igrexas que salpican a cidade de Ano Simi, que datan da época bizantina, como Aghios Georgios e Metamorfose.
  • O porto de Emborios (ou Nimborio) e as súas antigas murallas e talleres de artesáns, cubertos por doce cúpulas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]