Serie 592 de Renfe
A serie 592 de Renfe é unha familia de automotores rexionais diésel adicados a cubrir liñas de Media Distancia de Renfe Operadora, proximidades Murcia/Alacante, proximidades Murcia/Águilas, proximidades de Valencia e de CP.
Acadan unha velocidade de 120 km/h; 140 km/h A serie 592.200 que realiza os servizos denominados Rexional e Rexional Exprés.
Historia
[editar | editar a fonte]A serie foi encargada por RENFE en torno ao ano 1978 e a súa construción foi levada a cabo por Macosa e Ateinsa, con motorización a cargo da empresa alemá MAN AG. A entrega destas unidades realizouse desde o ano 1981 até o ano 1984, fabricándose un total de 70 composicións.
Ao mesmo tempo realizouse unha segunda serie, a serie 593, cun aspecto exterior e unha finalidade moi parecidas. As diferenzas técnicas entre ambas as series son moi grandes, especialmente na súa motorización, resultando a 592 moito máis fiable que a 593.
Os 592 foron dedicados a cubrir numerosas liñas rexionais. Cando Renfe dividiuse en unidades de negocio, parte dos automotores 592 foron traspasados á UN de proximidades, e outra parte á UN de Rexionais. Os adscritos a Proximidades foron modificados para levar a cabo este servizo, incorporaron novos asentos antivandálicos e foron suprimidos os tabiques dos compartimentos dotando a estas composicións dun aspecto interior similar ás unidades 446 e 447. Unha excepción son os pertencentes ao núcleo de proximidade Murcia/Alacante, que conservaron o seu aspecto anterior.
Algunhas unidades foron cedidas á compañía portuguesa CP, para realizar os servizos transfronteirizos entre Oporto e Vigo-Guixar[1] .
Unha parte importante da serie foi substituída nas súas funcións por trens de series máis modernas, como as 594, 598 e 599.
-
2 automotores có testeiro orixinal e o antigo esquema de Rexionais de Galicia.
-
Esquema de Renfe Operadora de Proximidades.
-
Automotor có testeiro carenado e o antigo esquema de Renfe Operadora para rexionais.
-
Automotor estacionado en Madrid-Atocha co novo esquema de rexionais antes de partir cara Cuenca.
-
Automotor de CP có testeiro orixinal.
Características
[editar | editar a fonte]O modelo é coñecido popularmente como «camello», debido ás chepas que albergan os equipos do aire acondicionado, e sobresaen das caixas á altura das portas.
Cada unidade componse de 3 coches, dous extremos motores e un remolque intermedio. O remolque intermedio alberga os motores auxiliares que fan funcionar os equipos do tren. A transmisión é hidráulica, o que marcou a diferenza coa serie 593, cuxa transmisión mecánica resultou moi problemática.
Cada coche dispón de dúas portas a cada lado, dividindo o interior en 3 salas de viaxeiros. A disposición de asentos é de corredor central, con dous asentos a cada lado. Os asentos habituais da serie son orientables, podendo pivotar o respaldo para orientar o asento no sentido da marcha.
Subseries
[editar | editar a fonte]Subserie 592.200
[editar | editar a fonte]Ao redor do ano 1989, RENFE encarga a modificación do automotor 592.010 para ser utilizado en viaxes de longa distancia. A modificación incluíu a inclusión de prazas de primeira clase, unha pequena cafetaría e unha velocidade comercial de 140 km/h, para a que modificaron as súas engrenaxes.
Este prototipo foi renumerado como 592.201, dando inicio á nova subserie. Esta primeira unidade perdeuse nun incendio na estación de Venta Mina. Cos restos que puideron recuperarse do incendio elaborouse unha nova unidade, destinada tamén a media distancia, composta polo coche motor que non foi afectado o incendio e o remolque intermedio que foi equipado cun motor de tracción e instalóuselle unha cabina. A unidade foi alcumada «El atómico».
Cara ao ano 2000 refórmanse outras unidades que se adscriben a esta subserie, as cales son alcumadas «supermán». No aspecto de interior foron reformadas as salas de viaxeiros nas que se substituíron os tabiques que separaban as salas por uns biombos de cristal que daban unha maior sensación de amplitude e luminosidade, reformáronse as butacas engadíndolles un bloque de espuma que lles dotaba dun deseño máis ergonómico e cambiáronse as cortinas por uns estores.
As reformas no exterior do automotor centráronse na parte frontal do tren a cal foi carenada con fibra de vidro dotando a este automotor dun aspecto diferente do seu predecesor, gañando tamén un teleindicador de destino, ademais dun esquema de cores novo.
No apartado mecánico foron substituídos os seus 4 motores por outros novos, tamén MAN AG, da serie D 2866 LUE, que rendían a unha maior potencia. Para aproveitar este incremento de potencia foron modificadas as súas transmisións hidráulicas Voith para lograr alcanzar a cifra de 140 km/h de velocidade punta (por 120 km/h da serie 592.0). O freo tamén foi modificado, pasou de ser un freo pneumático puro a ser electroneumático para lograr unha mellora substancial de freado.
Subserie 592.300-500
[editar | editar a fonte]A subserie 300-500 é a formada por automotores 592 sen remolque intermedio (R) quedado simplificadas a dúas unidades motor (M-M). Tan só existen dúas unidades.
O inicio desta subserie vén dado tras o traspaso dos automotores desde a UN de Rexionais á UN de proximidade. O traspaso abarcou a 23 unidades, todas elas composicións M+R+M excepto unha que, singularmente, formábana cinco coches (25M+14R+26M+21R+31M). Esta composición era de explotación problemática, polo que Renfe decidiu separar as dúas unidades restantes quedando unha unidade básica (25M+14R+26M) e outra que tras as oportunas modificacións no coche remolque foi renumerado como 301M+501M. Os coches motores 71M e 72M formaron a segunda unidade 592 de 2 coches (302M+502M).
Referencias
[editar | editar a fonte]- ↑ "Renfe alquila a Comboios de Portugal 17 trenes de Media Distancia por 21 millones". 17 de xaneiro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2013. Consultado o 3 de xullo de 2013.