Salman Rushdie
Ahmed Salman Rushdie, (en hindi: अहमद सलमान रुश्दी; en urdú: احمد سلمان رشدی ) nado en Bombai o 19 de xuño de 1947, é un escritor e ensaísta británico. O seu estilo foi comparado co realismo máxico latinoamericano, e a maior parte das súas obras de ficción están ambientadas na India. As súas dúas novelas de maior sona son Midnight's Children e The Satanic Verses.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En setembro de 1988 provocou unha polémica inmediata no mundo musulmán pola suposta irreverencia coa que se trata a figura do profeta Mahoma. A India prohibiu o libro o 5 de outubro e Suráfrica prohibiuno o 24 de novembro. En poucas semanas, Paquistán, Arabia Saudita, Exipto, Somalia, Bangladesh, Sudán, Malaisia, Indonesia e Qatar tamén o prohibiron. O 12 de febreiro de 1989, cinco persoas foron asasinadas a tiros pola policía durante unha protesta contra o libro en Islamabad.
O 14 de febreiro de 1989, o aiatolá Ruhollah Khomeini, líder relixioso de Irán, leu en Radio Teherán un edicto relixioso, ou fatwa, que pedía a execución do escritor. O edicto acusou o libro de "blasfemia contra o Islam". Ademais, Khomeini acusou a Rushdie do pecado de apostasía, o abandono da fe islámica que segundo os hadith, ou 'tradicións' do profeta, debe ser castigado coa morte. Khomeini tamén pediu a execución dos responsables daquelas editoriais que publicaron o libro coñecendo o seu contido.
O 24 de febreiro, Khomeini ofreceu unha recompensa de tres millóns de dólares pola morte de Rushdie. Rushdie pasaría anos vivindo escondido baixo a protección británica.
O músico Yusuf Islam (Cat Stevens) tamén se pronunciou publicamente a favor da fatwa nunha entrevista na televisión británica."[1] e mencionou nunca conferencia que Rushdie merecía que o matasen[2]. Anos despois, nunha entrevista do ano 2000 na revista Rolling Stone dixo que aceptaría que un tribunal do Reino Unido declarase inocente a Rushdie, e que fora malinterpretado, como se lle pides a un estudante da Biblia que cite o castigo legal a un blasfemo, que sería dehonesto da súa parte non mencionar o Levítico 24:16.
En 1990, Rushdie publicou un ensaio titulado In Good Faith ("De boa fe") para tranquilizar aos seus críticos e afirmar o seu respecto polo Islam. A pesar diso, as autoridades relixiosas iranianas non anularon a fatwa. Aínda que Rushdie fixo outras declaracións públicas en defensa do seu libro e negando que insulte o Islam, certos musulmáns aínda consideran válido o edicto contra Rushdie.
En 1997, a recompensa duplicouse e ao ano seguinte o fiscal xeral do estado iraniano ratificou o seu apoio. En 1998, o Goberno iraniano comprometeuse publicamente a non instigar a execución de Rushdie. Isto ocorreu como parte dun acordo máis amplo entre Irán e o Reino Unido para normalizar as relacións entre os dous países. Rushdie máis tarde declarou que xa non viviría na clandestinidade.
En 2016 visitou o Festival de Óbidos, esgotando as entradas cunha semana de antelación.[3]
En 2020 tiña previsto visitar o Estado español para presentar o seu libro Quichotte (referido ao Quixote), pero tivo que cancelar a visita por padecer COVID-19.[4]
O 12 de agosto de 2022 Salman Rushdie foi apuñalado no pescozo durante unha conferencia en Nova York.[5]
Obra
[editar | editar a fonte]Os título están na súa versión en lingua inglesa.
Novelas (ficción)
[editar | editar a fonte]- Grimus (1975)
- Midnight's Children (1981)
- Shame (1983)
- The Satanic Verses (1988)
- The Moor's Last Sigh (1995)
- The Ground Beneath Her Feet (1999)
- Fury (2001)
- Shalimar the Clown (2005)
- The Enchantress of Florence (2008)
- Two Years Eight Months and Twenty-Eight Nights (2015)
- The Golden House (2017)[6]
- Quichotte (2019)[7]
Coleccións
[editar | editar a fonte]- East, West (1994)
- Mirrorwork: 50 Years of Indian Writing 1947–1997 (1997, Editor, con Elizabeth West)
- The Best American Short Stories (2008, Editor convidado)
Libros infantís
[editar | editar a fonte]- Haroun and the Sea of Stories (1990)[8]
- Luka and the Fire of Life (2010)
Ensaios e non-ficción
[editar | editar a fonte]- The Jaguar Smile: A Nicaraguan Journey (1987)
- In Good Faith, Granta Books (1990)
- Imaginary Homelands: Essays and Criticism, 1981–1991 (1992)
- The Wizard of Oz: BFI Film Classics, British Film Institute (1992)
- Mohandas Gandhi, Time (13 de abril de 1998)[9]
- Imagine There Is No Heaven (Extracto de Letters to the Six Billionth World Citizen)[10]
- Step Across This Line: Collected Nonfiction 1992–2002 (2002)[11]
- The East Is Blue (2004)
- "A fine pickle", The Guardian (28 de febreiro de 2009)[12]
- In the South, Booktrack (7 de febreiro de 2012)
- Joseph Anton: A Memoir (2012)
- Languages of Truth: Essays 2003–2020 (2021)[13]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Yusuf Islam : Mountain of Light". web.archive.org. 2011-10-04. Archived from the original on 04 de outubro de 2011. Consultado o 2022-08-12.
- ↑ Philadelphia Inquirer, 24 de febreiro de 1989, p.5A, "Iran: West to blame Islam for forthcoming terrorism".
- ↑ Diario, Nós (2016-09-28). "Salman Rushdie e a auréola dos Versículos Satánicos". Nós Diario. Consultado o 2022-08-12.
- ↑ Lago, Eduardo (2020-05-09). "Salman Rushdie: “A pesar de los tiempos que corren, sigo siendo optimista”". El País (en castelán). Consultado o 2022-08-12.
- ↑ EFE, ATLAS (2022-08-12). "Acoitelado no pescozo o escritor Salman Rushdie durante unha conferencia en Nova York". Faro de Vigo. Consultado o 2022-08-12.
- ↑ Vowelor (2017-02-07). "The Golden House". Vowelor (en inglés). Consultado o 2022-08-12.
- ↑ "Quichotte" Arquivado 25 de xullo de 2019 en Wayback Machine. por Salman Rushdie, Penguin Random House.
- ↑ "Haroun and the Sea of Stories by Salman Rushdie". Purple Pencil Project (en inglés). 5 de xaneiro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 7 de xuño de 2020. Consultado o 23 de maio de 2020.
- ↑ "Mohandas Gandhi ; TIME". web.archive.org. 2007-05-16. Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2012. Consultado o 2022-08-12.
- ↑ Staff, Guardian (1999-10-16). "Imagine no heaven". the Guardian (en inglés). Consultado o 2022-08-12.
- ↑ "Step Across This Line by Salman Rushdie: 9780679783497 ; PenguinRandomHouse.com: Books". PenguinRandomhouse.com (en inglés). Consultado o 2022-08-12.
- ↑ Rushdie, Salman (2009-02-28). "Salman Rushdie on celluloid adaptations of novels". the Guardian (en inglés). Consultado o 2022-08-12.
- ↑ "Languages of Truth by Salman Rushdie: 9780593133170 ; PenguinRandomHouse.com: Books". web.archive.org. 2021-10-08. Archived from the original on 08 de outubro de 2021. Consultado o 2022-08-12.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Salman Rushdie |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Salman Rushdie |
Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |