Ruth R. Benerito
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Ruth Rogan 12 de xaneiro de 1916 Nova Orleáns, Estados Unidos de América |
Morte | 5 de outubro de 2013 (97 anos) Metairie, Estados Unidos de América (pt) |
Educación | Tulane University (pt) - Mestrado en ciencias (–1938) Universidade de Chicago - Doutora en filosofía |
Actividade | |
Campo de traballo | Química |
Ocupación | química, inventora |
Empregador | Departamento de Agricultura dos Estados Unidos (–1986) Universidade de Chicago |
Premios | |
| |
Ruth Rogan Benerito, nada en Nova Orleáns o 12 de xaneiro de 1916[1] e finada en Metairie, Luisiana o 5 de outubro de 2013,[1] foi unha química e inventora estadounidense coñecida polo seu traballo relacionado coa industria téxtil, entre o que destaca o desenvolvemento das teas de algodón resistentes ás engurras.[2] Chegou a rexistrar 55 patentes.[3][4][5]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ruth Rogan Benerito é famosa polo seu traballo en relación co uso de cloruros de ácidos básicos na produción de algodón, polo que ten rexistrado 55 patentes e que permite máis roupa libre de engurras e duradeira. Ela inventou as teas de algodón resistentes ás engurras mentres traballaba nos laboratorios do Departamento de Agricultura dos Estados Unidos (USDA) en Nova Orleans no ano 1950. Antes desta innovación, unha familia necesitaba un tempo considerable para pasar o ferro. Benerito atopou unha maneira de tratar químicamente a superficie de algodón que permitiu mellorar as propiedades das teas: non só as fai resistente ás engurras, senón tamén ás manchas ás chamas.[6][7]A invención dicíase que " salvara a industria do algodón".
Premios
[editar | editar a fonte]- 1968 Federal Woman Award[8]
- 1968 Southern Chemist Award[8]
- 1970 Medalla Garvan-Olin[8]
- 1972 Southwest Rexional Award da American Chemical Society[8]
- 1981 Diploma de honora da Universidade de Tulane[8]
- 2002 Lemelson-MIT Lifetime Achievement Award
- 2008 National Inventors Hall of Fame[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Ruth Benerito". Britannica Kids (en inglés). Consultado o 8 de marzo de 2022.
- ↑ Benavente, Rocío (20 de xaneiro de 2022). "Ruth Benerito, la química que modificó el algodón para reducir el tiempo dedicado a planchar". Mujeres con ciencia (en castelán). Consultado o 8 de marzo de 2022.
- ↑ Fox, Margalit (7 de outubro de 2013). "Ruth Benerito, Cotton Chemist of Permanent Press Renown, Dies at 97". New York Times. Consultado o 7 de outubro de 2013. (require subscrición (?)).
- ↑ "Resultados (50) da procura de patentes para Ruth R. Benerito". patents.google.com. Consultado o 2022-03-08.
- ↑ "Resultados (51) da procura para Ruth Benerito". patents.google.com. Consultado o 8 de marzo de 2022.
- ↑ "Ruth Benerito". Chemical Heritage Foundation. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2013. Consultado o 7 de outubro de 2013.
In the 1950s Benerito’s research team discovered how to treat cotton fibers so that these chainlike cellulose molecules were chemically joined.(...)Once Benerito worked out her method of attaching organic chemicals to cotton fibers, this allowed all sorts of valuable properties to be added to the fibers, such as stain- and flame-resistance.
- ↑ García-Junceda, Andrea (8 de febreiro de 2019). "Tribuna | Mujeres que diseñan el futuro". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 17 de abril de 2019.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 Bailey, Martha J. (1994). American women in science : a biographical dictionary. Santa Barbara, Calif.: ABC-CLIO. pp. 26–27. ISBN 978-0-87436-740-9. OCLC 30030653.
- ↑ "The Woman Who Changed America's Social Fabric ... With Actual Fabric". The Atlantic. 7 de outubro de 2013. Consultado o 7 de outubro de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Inventor of the Week" Arquivado 21 de outubro de 2012 en Wayback Machine. biografía en MIT.edu (en inglés)
- Ruth Benerito en Wrinke Free Stuff (en inglés)
- Biografía no Chicago Tribune (en inglés)
- Lista de patentes de Ruth R. Benerito en Justia patents (en inglés)