Saltar ao contido

OU-320

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
OU-320
Mapa
Estrada OU-320
OU-320 ao seu paso pola Fontela (Sandiás)
Identificador
TipoloxíaEstrada da Rede Secundaria
RedeRede de estradas de Galicia
Titular da vía
Xunta de Galicia

Dimensións
Lonxitude19,32 km
Formato1 carril por sentido
Localización
Inicio N-525  Piñeira de Arcos
Fin OU-538  A Ponte Noalla

A OU-320[1][2] (na provincia de Ourense), é unha estrada da Rede Secundaria da Xunta de Galicia que une as localidades de Piñeira de Arcos (Sandiás) e A Ponte Noalla (San Cibrao das Viñas); atravesa os concellos de Sandiás, Allariz, Taboadela e San Cibrao das Viñas. Ten unha lonxitude de 19,32 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa N-525 en Piñeira de Arcos (Sandiás) e finaliza nun cruzamento coa OU-538 na Ponte Noalla (San Cibrao das Viñas).

Percorrido

[editar | editar a fonte]

Desde o seu comezo ascende cara ao alto de Allariz. Pasa por Guimarás, Nanín, Allariz, Outeiro de Orraca, Gundiás, Taboadela, O Mesón de Calvos (a carón da estación de Taboadela) e chega á Ponte Noalla. A prolongación cara a Ourense é a OU-105.

No seu percorrido conserva varios fitos quilométricos da N-525.

Varios dos seus tramos son de titularidade municipal, nos núcleos urbanos das vilas de Allariz e Taboadela.[3]