Saltar ao contido

OU-122

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
OU-122
Mapa
Estrada OU-122
Antigo fito quilométrico da estrada OU-122 ao seu paso por Casaio (Carballeda de Valdeorras)
Identificador
TipoloxíaEstrada da Rede Primaria Complementaria
RedeRede de estradas de Galicia
Titular da vía
Xunta de Galicia

Dimensións
Lonxitude26,26 km
Formato1 carril por sentido
Localización
Inicio N-536  Sobradelo
Fin LE-126   Porto de Fonte da Cova 

A OU-122[1][2] (na provincia de Ourense), é unha estrada da Rede Primaria Complementaria da Xunta de Galicia que une as localidades de Sobradelo e o Porto de Fonte da Cova; ambas no concello de Carballeda de Valdeorras. Ten unha lonxitude de 26,26 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa N-536 en Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) e finaliza nun cruzamento coa LE-126 no porto de Fonte da Cova (Carballeda de Valdeorras) co límite provincial de Ourense e León (Castela e León).

Percorrido

[editar | editar a fonte]

Nace a uns 385 m de altitude, a carón da desembocadura do río Casaio no río Sil, e ascende até os 1765 m de altitude. Ao pouco de comezar hai un desvío á dereita cara a Robledo pola estrada OU-0802. Logo de pasar a carón do encoro de Casoio comeza a ascender. No km 5 atravesa Viladequinta, no km 8 atravesa o lugar do Trigal e pouco despois hai un desvío á esquerda cara á Portela. No km 11 hai un desvío á esquerda cara a Lardeira, e no km 16 hai un desvío á dereita cara a Casaio pola estrada OU-123. Ao chegar á Fonte da Cova continúa como estrada LE-126 co límite provincial de Ourense e León (Castela e León).

A construción da estrada foi iniciada en 1938, cando un consorcio hispano-alemán comezou a explotar as minas de Valborraz, en Casaio. Por Sobradelo pasaba a estrada entre Ourense e Ponferrada (despois nomeada N-120, actual N-536), pola que se levaba o mineral extraído na mina até o porto de Vigo, onde embarcaba cara a Alemaña.[3]

A estrada está en boas condicións para a circulación, porque é utilizada decote por camións debido ás numerosas minas de lousa que hai na zona. No seu percorrido conserva dous fitos quilométricos.

  1. "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021. 
  2. "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023. 
  3. García Tato, Isidro (2016). El Destacamento Penal de las minas de wolfram de Valborrás de Casaio (Carballeda de Valdeorras). Santiago de Compostela: Consejo Superior de Investigaciones Científicas. ISBN 978-84-00-10134-3.