Saltar ao contido

Nam June Paik

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaNam June Paik

(1959) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ko) Baek Namjun Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de xullo de 1932 Editar o valor en Wikidata
Seúl, Corea do Sur Editar o valor en Wikidata
Morte29 de xaneiro de 2006 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Miami, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
ResidenciaWestbeth Artists Community (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoCoreanos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Toquio
Kyunggi High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoVideoarte Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Estados Unidos de América
Alemaña
Nova York Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónvideoartista, produtor de televisión, artista de instalacións, multimedia artist (en) Traducir, pioneiro (pt) Traducir, fotógrafo, compositor, pintor, profesor universitario, artista visual Editar o valor en Wikidata
EmpregadorKunstakademie Düsseldorf (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoInstalación Editar o valor en Wikidata
MovementoFluxus e Neodadaísmo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RepresentanteElectronic Arts Intermix (en) Traducir, Video Data Bank (en) Traducir, Light Cone e LIMA Editar o valor en Wikidata
Compañeiro profesionalMarco Giusti (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
12 de xuño de 1987documenta 8 Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeShigeko Kubota (1965–) Editar o valor en Wikidata
PaiPaik Nak-seung Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteUbuWeb
mediakunst.net
V2 archive (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Sitio webpaikstudios.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0656760 BNE: XX977842 Musicbrainz: 40d95b34-b523-48ff-bd61-fcf586ae3f58 Songkick: 190261 Discogs: 87460 WikiTree: 白-7 Editar o valor en Wikidata
Pre-Bell-Man, estatua enfronte ó 'Museum für Kommunikation', Frankfurt Alemaña.

Nam June Paik, nado en Seúl o 20 de xullo de 1932 e finado en Miami o 29 de xaneiro de 2006, foi un artista contemporáneo de orixe coreana, considerado o fundador da videoarte. Pioneiro da arte contemporánea, estableceu o que se pode considerar a actual relación entre arte e tecnoloxía. Experimentou con moitos xéneros diferentes, tanto performances como videoarte, e conxugou a música coas novas tecnoloxías, acción e artes plásticas, instalacións, fotografías, gravados e esculturas.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi o quinto fillo dunha traballadora do téxtil. Estudou música na súa cidade natal e en 1950 trasladouse a Hong Kong e ao Xapón por mor da guerra de Corea. Na Universidade de Toquio licenciouse en Historia da Arte e da Música, e redactou unha tese sobre Arnold Schönberg, compositor austríaco de primeira metade de século XX.

En 1956 trasladouse a Alemaña Federal. Estudou Historia da Música en Múnic e no Conservatorio da mesma cidade, e coñeceu a Karlheinz Stockhausen, John Cage e Joseph Beuys. De 1958 a 1963 traballou no Estudio de Música electrónica WDR en Colonia.

Foi nesa época cando a influencia do movemento fluxus iniciado por John Cage levouno a experimentar ata chegar a compor música indeterminada. Grazas a este movemento internacional mestura de xogo, arte e unha cultura elitista máis de base popular, Nam June Paik investiga coa performance e a música experimental. Fíxose popular coa participación en performances eróticas e extravagantes xunto a John Cage.

En 1962 participa na Internationale Festspiele Neuester Musik en Wiesbaden con George Maciunas, Wolf Vostell e Joseph Beuys. Ao ano seguinte participa no Festum Fluxorum Fluxus en Düsseldorf canda a George Maciunas, Joseph Beuys e Wolf Vostell. Tamén en 1963 participa na primeira exposición na que se utilizan pantallas de TV, na Galería Parnass en Wuppertal.

Nesa época colaborou co xaponés Shuya Abe experimentando con imáns sobre pantallas de TV, e coñeceu a Charlotte Moorman, asidua colaboradora de performances.

No ano 1964 instalouse en Nova York, e nesta cidade coñeceu a Charlotte Moorman, violoncellista, coa que colaboraría durante anos en atrevidas performances musicais. En 1965 fai a súa primeira exposición en solitario e merca a primeira cámara portátil de vídeo.

Entre 1966 e 1970 traballou con Shuya Abe, con quen constrúe o primeiro videosintetizador. En 1970 crea o programa de radio Good Morning, Mr. Orwell!, sendo a primeira emisión simultaneamente retransmitida para Corea, Estados Unidos e Europa. En 1984 o programa retransmitiuse desde o Centro Pompidou de París e o WNET-TV studio de Nova York.

En 1987 foi elixido membro da Akademie der Kunste (Academia das Artes) de Berlín. En 1988 colaborou nos Xogos Olímpicos de Seúl cun gran proxecto audiovisual, utilizando 1003 pantallas de televisión para levantar unha torre. En 1992 foille concedida a medalla Picasso da UNESCO. En 1993 representou a Alemaña na 45ª Bienal de Venecia, gañando o León de Ouro ao mellor pavillón.

En 1996 sufriu un derramo cerebral que o deixou medio paralizado e impediulle seguir creando con normalidade. No 2000 unha mostra retrospectiva no Museo Guggenheim de Nova York reunía unha gran parte das súas obras máis significativas, conformando o museo mesmo como parte da obra.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • HANHARDT, John G., Los mundos de Nam June Paik, Bilbao, Guggenheim, 2001.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]