Mesosuquios
Mesouschia Rango fósil: Hettangiano - Eoceno (desde hai 199 a 35 millóns de anos) | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Infraordes e Familias | |||||||||||
ver texto. |
Os mesosuquios ("Mesosuchia")[1] é un nome obsoleto que se lle deu a un grupo de réptiles crocodilomorfos terrestres, semiacuáticos ou totalmente acuáticos. Exemplos son o crocodilo mariño Metriorhynchus, que tiña patas anteriores con forma de paleta, Dakosaurus andiniensis, que tiña un cranio adaptado a comer grandes réptiles mariños, e Shamosuchus, que estaba adaptado a comer moluscos e gasterópodos. Shamosuchus parecíase moito aos modernos crocodilos e tiña un parentesco próximo cos seus antepasados directos.
Inicialmente dividíranse os crocodilos e os seus antepasados en tres ordes, considerándose que se correspondían con tres etapas da súa evolución.[2] Os "Mesosuchia" foron situados anteriormente coa categoría de suborde dentro de Crocodylia e considerábanse os crocodilos situados cronoloxicamente en medio (meso) das outras dúas ordes. Os "primeiros" crocodilos foron situados na suborde Protosuchia; mentres que as especies existentes foron situadas na suborde Eusuchia (que significa 'verdadeiros crocodilos'). Porén, despois comprobouse que Mesosuchia se trataba dun grupo parafilético, polo que actualmente esta suborde xa non se considera válida. Foi substituída polo seu equivalente filoxenético Mesoeucrocodylia, con outra composición, que incluía os Crocodylia, e algunhas formas aliadas descubertas máis recentemente.
Os "Mesosuchia" estaban compostos polos seguintes taxons:
- Familia Hsisosuchidae
- Familia Gobiosuchidae
- Infraorde Notosuchia
- Familia Notosuchidae
- Familia Sebecidae
- Family Baurusuchidae
- Infraorde Neosuchia
- Familia Trematochampsidae
- Familia Peirosauridae
- Xénero Lomasuchus
- Xénero Montealtosuchus
- Familia Elosuchidae
- Familia Atoposauridae
- Familia Dyrosauridae
- Familia Pholidosauridae
- Xénero Sarcosuchus
- Infraorde Thalattosuchia - "Crocodilos" de mar
- Familia Teleosauridae
- Familia Metriorhynchidae
- Xénero Dakosaurus
- Familia Goniopholididae
- Familia Paralligatoridae
- Xénero Shamosuchus
- Infraorde Notosuchia
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Mesosuchia Arquivado 06 de agosto de 2017 en Wayback Machine. en Fossilworks
- ↑ Juan Luis Cifuentes, Germán Cupul ¿Los terribles cocodrilos? - Google books.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Un telosáurido (Crocodylia, Mesosuchia) do Toarciano de Madagascar e o seu significado paleobioxeográfico
- Canón do Nilo azul
- Crocodyliformes
- J. W. Hulke F.Z.S.. Contribution to the Skeletal Anatomy of the Mesosuchia based on Fossil Remains from the Clays near Peterborough in the Collection of A. Leeds, Esq. Xuño de 1988. Journal of Zoology. Volume 56, número 1, páxnas 417-442. DOI: 10.1111/j.1469-7998.1888.tb06721.x
Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |