Saltar ao contido

Mar de ardora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Efecto do mar de ardora nas costas de Somalia no océano Índico.

O mar de ardora, tamén chamado só ardora ou ardentía, é un fenómeno luminoso no océano no que a superficies de auga mariña brilla de forma translúcida en diferentes tons de azul.

O termo é usado desde hai moito tempo en lingua galega.[1] Os mariñeiros informaron de que o océano adoita emite un brillo visible que se pode estender durante millas pola noite. Tales ocorrencias brillan o suficientemente pola noite como para ser visibles desde satélites de observación que orbitan a Terra. Pode chegar a extensións de até 16.000 km2 (case o tamaño das provincias de Lugo e da Coruña xuntas). En 2005, os científicos anunciaron que por primeira vez obtiveran probas fotográficas deste brillo en superficies tan extensas.[2] A causa máis probable, e nalgúns casos confirmada, é a bioluminiscencia.[3] [4] [5]

Esta foto de longa exposición mostra a bioluminiscencia de Noctiluca scintillans no porto de iates de Zeebrugge, Bélxica

Entre 1915 e 1993, documentáronse 235 avistamentos de mares de ardora extensos,[6] a maioría dos cales concentrados no noroeste do océano Índico e preto de Indonesia.[7] O brillo luminiscente concéntrase na superficie do océano e non se mestura uniformemente en toda a columna de auga.[8]

En 1985, un buque de investigación no mar Arábigo tomou mostras de auga durante os mares de ardora. As súas conclusións foron que o efecto foi causado pola bacteria Vibrio harveyi.[9] A ardora tamén adoita ser causada por Noctiluca scintillans, un dinoflaxelado que brilla cando é perturbado e que se atopa nos océanos de gran parte do mundo.[10] [11] En xullo de 2015, en Alleppey, Kerala, India, ocorreu o fenómeno e o Instituto Nacional de Oceanografía e o Departamento de Pesca de Kerala investigouno, descubrindo que as ondas brillantes eran o resultado de Noctiluca scintillans. En 2005, Steven Miller, do Laboratorio de Investigación Naval de Monterey, California, puido combinar imaxes de satélite de 1995 cunha mostra de primeira man dun buque mercante. O programa de satélites meteorolóxicos de defensa dos Estados Unidos mostrou que a área da ardentía era de aproximadamente 15 400 kilometros cadrados (5 900 sq mi) (aproximadamente do tamaño do estado de Connecticut). Observouse que o campo luminiscente brillou durante tres noites consecutivas.

Proa dun veleiro pasando pola ardora no Mar do Norte

Aínda que as fotos monocromáticas fan que este efecto pareza branco, o científico do Instituto de Investigación do Acuario da Baía de Monterey Steven Haddock (autor dun estudo sobre o efecto da ardora) comentou que "a luz producida polas bacterias é en realidade azul, non branca. É branco no gráfico debido ao sensor monocromático que usamos, e pode parecer branco ao ollo porque os bastóns ou bastonetes (as células utilizadas para a visión nocturna) non discriminan a cor."[12] Nas Shetland (onde xeralmente é causada por Noctiluca scintillans), ás veces o a ardora foi descrita como verde.[13] Non se sabe se esta diferenza depende da zona, ou simplemente da percepción dunha cor cianizada como verde.

Noctiluca scintillans varias

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O fenómeno coñécese como mareel nas illas Shetland. Este termo deriva da palabra nórdica *mareld , que se deriva da palabra nórdica antiga mǫrueldr, que é un composto de marr (mero, mar) e eldr (lume). En danés, da mesma raíz é morild. Os cognados de mareel inclúen o termo islandés maurildi que se refire tanto á ardora, como á orde Noctilucales dos dinoflaxelados mariños que producen a bioluminescencia, o termo en lingua danesa morild, e norueguesa morild ou moreld, en sueco mareld e en finés merituli.

En lingua inglesa chámanse milky seas (mares de leite). En alemán chámase Meeresleuchten (luces do mar).

En lingua galega tanto ardora como ardentía proveñen da raíz latina ardor/ardere (lume, calor, queima), o mesmo que en portugués e castelán.[14][15]

Ardora producida ao romper as ondas

Na literatura

[editar | editar a fonte]

Os mares de ardora pareceron moitas veces en relatos históricos dos mariñeiros, incluído o da primeira viaxe de Cristovo Colón. Despois foron incorporados á ficción, por exemplo en Vinte mil leguas baixo dos mares de Jules Verne.

No libro infantil Jim Knopf und die Wilde 13 de Michael Ende (publicado en 1962), o resplandor do mar xoga un papel fundamental: Jim Button debe axudar a reparar o brillo do mar para iluminar o reino das sereas e dos humanos. No libro de Ende, con todo, a ardora créase ao acender o gran imán de Gurumusch.[16]

  1. "Dicionario". Real Academia Galega. Consultado o 2022-08-22. 
  2. "Sea glow". www.livescience.com. 
  3. "Glowing sea algae". USA Today (en inglés). 
  4. "Article". www.newscientist.com (en inglés). 
  5. "Glowingalgae". earthobservatory.nasa.gov. 
  6. The Marine Observer (en inglés). Meteorological Office. 1993. 
  7. Miller, Steven D.; Haddock, Steven H. D.; Elvidge, Christopher D.; Lee, Thomas F. (2005-10-04). "Detection of a bioluminescent milky sea from space". Proceedings of the National Academy of Sciences (en inglés) 102 (40): 14181–14184. ISSN 0027-8424. PMC 1242338. PMID 16186481. doi:10.1073/pnas.0507253102. Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2022. Consultado o 22 de agosto de 2022. 
  8. Lapota, David; Galt, Charles; Losee, Jon R.; Huddell, Howard D.; Orzech, James K.; Nealson, Kenneth H. (1988-07-05). "Observations and measurements of planktonic bioluminescence in and around a milky sea". Journal of Experimental Marine Biology and Ecology (en inglés) 119 (1): 55–81. ISSN 0022-0981. doi:10.1016/0022-0981(88)90152-9. 
  9. Ramaiah, N. D. Chandramohan (1992). Desai, B. N., ed. "Ecology and biology of luminous bacteria in the Arabian Sea". Oceanography of the Indian Ocean (Nova Delhi: Oxford and India Book House): 11–23. 
  10. Tada; Pithakpol; and Montami (2004). Seasonal variation in the abundance of Noctiluca scintillans in the Seto Inland Sea, Japan. Plankton Biol. Ecol. 51(1): 7-14.
  11. Buskey (1994). Growth and bioluminescence of Noctiluca scintillans on varying algal diets. Journal of Plankton Research 17(1): 29-40.
  12. "first_milky_sea_photo". boingboing.net (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2011. Consultado o 22 de agosto de 2022. 
  13. "Mareel-lights-from-the-sea". The RSPB Community ; rspb.org.uk. 
  14. S.A, Priberam Informática. "ardentia". Dicionário Priberam (en portugués). Consultado o 2022-08-22. 
  15. ASALE, RAE-. "ardentía". «Diccionario de la lengua española» (en castelán). Consultado o 2022-08-22. 
  16. "Jim Knopf und die Wilde 13". Michael Ende ; Offizielle Webseite (en alemán). 2019-01-06. Consultado o 2022-08-22. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]