Saltar ao contido

Linguas inuit

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Inuit
Falado en: Alasca, Canadá, Nunavik, Nunatsiavut e Groenlandia
Total de falantes:
Familia: Esquimó-aleutiana
 Inuit
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
Mapa
Status

As linguas inuit son un grupo de linguas faladas polos inuit (esquimós). Estes idiomas pertencen á familia lingüística esquimó-aleutiana.

Variedades

[editar | editar a fonte]

O inuktitut é o dialecto dos Inuit do Ártico oriental canadense. Tamén se usa o termo para referirse ao idioma no seu conxunto [Cómpre referencia], aínda que é máis un contínuum dialectal que unha única lingua; este contínuum pódese dividir, aproximadamente, en dezaseis variedades de catro grupos:

Entre todas as variedades, o número de falantes de inuktitut é duns 80.000. O número de falantes de inuktitut, entendido como dialecto é duns 20.000.

O dialecto inuktitut pódese dividir en tres subdialectos principais e máis diversos subgrupos:

  • Keewatin - Falado na costa occidental da baía de Hudson.
  • Baffin - Falado nas illas setentrionais da baía de Hudson, especialmente, e máis como o propio nome suxire, na Illa de Baffin.
  • Nunavik/Labrador - Falado a oeste da Baía de Hudson, e, como o nome indica, en Nunavik, no norte do Quebec e no Labrador.

O keewatin tende a ser máis conservador, mantendo a maior parte dos grupos consonánticos, mentres que os dialectos nunavik son máis radicais (por exemplo - o keewatin Inuktitut é en nunavik Inuttitut).

Lingüística

[editar | editar a fonte]

Están relacionados coa lingua aleuta e, xunto con ela, forman a familia esquimó-aleutiana. Non se logrou demostrar ningún parentesco distante con outras linguas, aínda que hai quen cre que o inuktitut podería ter relación coas linguas indoeuropeas.

Vocabulario

[editar | editar a fonte]

O inuktitut, como outros idiomas esquimó-aleutianos, representa un tipo particular de lingua aglutinante, denominado idioma polisintético: sintetiza un radical e varios morfemas gramaticais para crear longas palabras co significado de oracións. Un aspecto interesante é a antroponimia. Algúns dos nomes son: 'Ujaraq' (rocha), 'Nasak' (gorro ou caparucha), 'Tupiq' (tenda), 'Qajaq' (kaiak) etc. Tamén existen antropónimos que son nomes de animal: 'Nanuq' (oso polar), 'Uqalik' (lebre ártica) etc. Un terceiro grupo está formado por nomes de persoas que se refiren a unha peculiaridade anatómica, mais que non describe a persoa que leva o antropónimo senón que deriva dunha longa sucesión de persoas que teñen a mesma ánima. Entre os exemplos disto temos: 'Itigaituk' (sen pés), 'Usuiituk' (sen pene), 'Tulimak' (costela) etc.

Fonoloxía

[editar | editar a fonte]

O inuktitut ten quince consoantes e tres vogais (que poden ser longas ou curtas). As consoantes pronúncianse en cinco puntos de articulación -bilabial, alveolar, palatal, velar e uvular- e tres modos de articulación. Isto dá lugar ás seguintes consoantes:

  • p, t,k — non aspiradas.
  • q .
  • v, l.
  • j .
  • g — .
  • r .
  • m, n.
  • ng.
  • s.
  • ł. (kl) .

e as vogais:

  • a .
  • i .
  • u .

A duplicación da vogal indica o alongamento do son.

Palabras para "neve"

[editar | editar a fonte]

Existe unha crenza popular segundo a cal o inuktitut ten un gran número de palabras para designar a neve. Isto non é exacto e resulta dun malentendido a respecto da natureza das linguas polisintéticas. De feito, o inuktitut ten tan só unhas poucas raíces léxicas para "neve": 'qanik', quere dicir "folerpas de neve no aire", e 'aput', "a neve no chan". Con elas forman palabras máis longas, mercé o uso de afixos que describen calidades da neve, do mesmo xeito que en galego se utilizan adxectivos ou preposicións: "branca-neve" "neve-derretida" ou "neve-callada".

O silabario canadense

[editar | editar a fonte]
Silabario canadense

O silabario inuktitut que se utiliza no Canadá baséase no silabario cree, que, á súa vez, está baseado no ojibwa. Ambos os dous foron creados polo misioneiro James Evans. O silabario dos inuktitut canadenses foi adoptado polo Instituto Cultural Inuit do Canadá (Inuit Cultural Institute in Canada) nos anos 70. Os inupiaq de Alasca e Groenlandia utilizan o alfabeto latino e os inuit de Siberia o alfabeto cirílico.

[editar | editar a fonte]

O inuit é idioma oficial nas seguintes áreas:

Tamén no Quebec (Canadá), o inuktitut é a lingua oficial de instrución nos distritos escolares inuit de Nunavik (norte do Quebec).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]