Levante mediterráneo
- Non confundir con Levante peninsular
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Poboación | |||||
Poboación | 44.550.926 (século XXI) | ||||
Lingua usada | lingua árabe Lingua aramea lingua turca lingua hebrea lingua kurda lingua grega | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Bañado por | mar Levantino | ||||
Punto máis alto | Qurnat as Sawda' (pt) (3.088 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
O termo Levante ou, máis especificamente, Levante mediterráneo, alude historicamente a unha gran zona de Oriente Próximo situada ao sur dos montes Tauros, limitada polo mar Mediterráneo ao oeste, o deserto árabe ao sur e Mesopotamia ao leste.
Non inclúe as montañas do Cáucaso nin ningunha parte da península árabe ou Anatolia, aínda que ocasionalmente inclúese Cilicia.
A península do Sinaí tamén se inclúe, pero como área marxinal, como ponte entre o Levante e o norte de Exipto.
Ocasionalmente, os pobos levantinos dominaron a rexión situada entre o Sinaí e o río Nilo, pero esta rexión exclúese do Levante xeográfico.
Esta rexión ten sido unha zona comercial por excelencia, con distintas rutas comerciais que unían a costa e Exipto cos países do Oriente Medio, o que tamén provocou que fose durante séculos o escenario de distintos conflitos bélicos entre os pobos que intentaban manter o control do lucrativo comercio que discorría pola zona.
O Levante é tamén o nome da conca oriental do mar Mediterráneo (mar Levantino). As súas fosas descenden até cerca de 3 300 m (cerca da illa de Creta).
Tamén foi un paso comercial importante, posto que está no cruzamento de varias vías de comunicación míticas: as antigas dos fenicios, ruta da seda, ruta marítima ao Extremo Oriente polo canal de Suez etc.
Está limitada por Turquía, Chipre, Israel, o Líbano, Siria e Exipto.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Abarca principalmente os países de Israel, Xordania, o Líbano, Siria e os Territorios Palestinos. Na zona converxen tres placas tectónicas importantes: a africana, a eurasiática, mar Vermello e Irán. Os límites entre as placas tectónicas seguen a liña Azores, Xibraltar, África do Norte, mar Vermello e Irán.[1] A placa árabe estase movendo cara ao norte contra a placa de Anatolia (Turquía) na falla do leste de Anatolia,[2] e o límite entre a placa Exea e a Anatolia do leste é activo sismicamente.[1]
Clima
[editar | editar a fonte]Os países do Levante son sobre todo áridos ou semiáridos, sometidos a frecuentes secas; porén, existen extensións de bosques e vales fértiles. A rexión abunda en prados, devesas, zonas desérticas e montañas. A escaseza de auga é un problema en moitas partes, cunha demanda de auga potábel en aumento debido a que as poboacións están en continuo crecemento, mentres que a salinización e a contaminación ameazan os ríos.[3] A maior fonte de auga é o mar de Galilea, desde o que se leva auga para regar amplas zonas, como o deserto do Néguev. En Libia realizouse unha grande obra de enxeñaría, o Gran Río Artificial, que leva auga por medio de acuedutos até as cidades, desde acuíferos orixinados na última glaciación, desgrazadamente non renovábeis. A rega por inundación de sucos ou por aspersión utilízase extensivamente, cubriedo case o total das terras destinadas á agricultura.[4]
As temperaturas oscilan entre os -10 °C e os 25 °C en xaneiro, e entre os 20 °C e máis de 35 °C en xullo. As temperaturas anuais na maior parte da rexión non sufriron case ningún cambio durante o período 1901-96, pero se prevé un aumento de 1 ou 2 °C cara ao ano 2030.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Beaumont, Peter; Blake, Gerald H. & Wagstaff, J. Malcolm (1988): The Middle East: A Geographical Study. David Fulton, Ed. ISBN 1-8534-6093-1, páx. 22.
- ↑ Muehlberger, Bill. "The Arabian Plate". NASA, Johnson Space Center. Arquivado dende o orixinal o 6 de xullo de 2007. Consultado o 4 de febreiro de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 Watson, Robert T.; Zinyowera, Marufu C. & Moss, Richard H. "Chapter 7: Middle East and Arid Asia". IPCC Special Report on The Regional Impacts of Climate Change, An Assessment of Vulnerability. Consultado o 4 de febreiro de 2022.
- ↑ "Water managed areas and irrigation". Food and Agriculture Organization (FAO). Consultado o 4 de febreiro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Levante mediterráneo |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Roaf, Michael (1992). Mesopotamia y el antiguo Oriente Medio. Folio. ISBN 84-7583-347-0.
- Ben-Tor, Amnon (2004). La arqueología del antiguo Israel. Ediciones Cristiandad. ISBN 84-7057-482-5.
- Reichert, Rolf (1973). Historia de Palestina. Editorial Herder. ISBN 84-254-0604-8.
- Arab, Khaled (2006). Reflexiones de un árabe laico. Club Universitario. ISBN 84-8454-453-2.
- Shaban, M. A. (1979). Historia del Islam. Ediciones Guadarrama. ISBN 84-335-0252-2.
- Runciman, Steven (1973). Historia de las cruzadas. Alianza Editorial. ISBN 978-84-206-2997-1.
- Maalouf, Amin (1996). Las cruzadas vistas por los árabes. Alianza Editorial. ISBN 84-206-0782-7.
- Braudel, Fernand (1987). El Mediterráneo y el mundo Mediterráneo en la época de Felipe II. Fondo de Cultura Económica. ISBN 968-16-0775-9.
- Lewis, Bernard (1996). El Oriente próximo: Dos mil años de historia. Crítica. ISBN 84-7423-801-3.
- Hourani, Albert (2007). La historia de los Arabes. Ediciones B - México. ISBN 84-666-1538-5.
- López García, Bernabé (1997). El mundo árabo-islámico contemporáneo: Una historia política. Ed. Síntesis. ISBN 84-7738-488-6.
- Gatier, Pierre-Louis; Binst, Oliver & Polidori, Robert (2000). Oriente próximo: Historia y arqueología. Könemann. ISBN 3-8290-0498-2.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Encer, Craig (2006). "Levantine Heritage". Consultado o 4 de febreiro de 2022.
- Hilda (2006). "Sumerios y acadios". Consultado o 4 de febreiro de 2022.
- Sharp, Jeremy (15 de setembro de 2006). "CRS Report for Congress -- Lebanon: The Israel-Hamas-Hezbollah Conflict". CRS Online. Consultado o 4 de febreiro de 2022.
- Francia y el Levante, 1920
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|