La Oreja de Van Gogh
Aparencia
La Oreja de Van Gogh | |
---|---|
No set de RTVE | |
Orixe | Donostia, País Vasco |
Período | 1996 - presente |
Xénero(s) | Pop |
Selo(s) discográfico(s) | Sony BMG |
Membros | Leire Martínez, Pablo Benegas, Álvaro Fuentes, Xabi San Martín e Haritz Garde |
Antigos membros | Amaia Montero |
Na rede | |
www.laorejadevangogh.com | |
La Oreja de Van Gogh é un grupo vasco orixinal de Donostia que comezou a súa carreira musical cun enorme éxito no ano 1996, e que levan vendido máis de 6 millóns de discos.
Historia
[editar | editar a fonte]Estaba formado na súa orixe por cinco compoñentes: a vocalista Amaia Montero (1976) e os músicos Pablo Benegas (1976) á guitarra, Álvaro Fuentes (1975) ó baixo, Xabi San Martín (1977) ó teclado e Haritz Garde (1976) á batería.
En novembro de 2007 Amaia Montero anunciou a súa saída da banda donostiarra e a súa intención de comezar unha carreira en solitario. O resto dos compoñentes confirmaron que o grupo continúa traballando nun novo disco que sairía ó mercado en setembro de 2008. Neste novo traballo, a nova vocalista do grupo é a cantante Leire Martínez.
Discografía
[editar | editar a fonte]Con Amaia Montero
[editar | editar a fonte]- Dile al Sol (1998) Foi o seu primeiro álbum, producido por Sony-Epic. Vendeu, aproximadamente, 900.000 copias. Os singles de maior éxito foron Soñaré e Cuéntame al oído entre outros.
- El viaje de Copperpot (2000) O seu segundo traballo. Vendeu máis de 1 200 000 copias en España. Os temas máis sonados foron La playa e Cuídate.
- Lo que te conté mientras te hacías la dormida (2003) Foi o seu terceiro traballo discográfico, do que venderon máis de 600.000 copias en España. Con este álbum déronse a coñecer en varios países, visitando mesmo Xapón para a Exposición Mundial de Aichi.
- Gira 2003 (2004) Recompilatorio sobre a súa xira por toda España, vendeu preto de 200.000 copias só en España e incluíndo un DVD da xira.
- Guapa (2006) Guapa é o cuarto álbum do grupo, cuxo lanzamento coincidiu co 10º aniversario da banda. O seu primeiro single foi "Muñeca de trapo" e o segundo "Dulce locura", ambos con grande éxito.
Con Leire Martínez
[editar | editar a fonte]- A las cinco en el Astoria (2 de setembro de 2008)
- Cometas por el cielo (13 de setembro de 2011)
- El planeta imaginario (4 de novembro 2016)
Álbum | Información |
---|---|
Dile al Sol
| |
El viaje de Copperpot
| |
Lo que te conté mientras te hacías la dormida
| |
Guapa
|