Saltar ao contido

Lérez, Pontevedra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lérez
Mosteiro de San Salvador de Lérez
ConcelloPontevedra[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°26′57″N 8°37′57″O / 42.449166666667, -8.6325
Área6,35 km²
Poboación1.711 hab. (2017)
Densidade269,45 hab./km²
Entidades de poboación21[1]
editar datos en Wikidata ]

San Salvador de Lérez é unha parroquia que se localiza no concello de Pontevedra. Segundo os datos do INE a 1 de xaneiro de 2008 tiña 1.802 habitantes (902 mulleres e 900 homes), distribuídos en 21 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2007 cando tiña 1.771 habitantes.

Xentilicio

[editar | editar a fonte]

O seu xentilicio é lerezán[2].

A ruta portuguesa do camiño de Santiago correspóndese ao seu paso pola parroquia coa vía romana XIX do itinerario de Antonino.

Segundo a tradición, no lugar da Santiña o apóstolo Santiago parou a descansar na súa peregrinación por Galicia. A raíz desta lenda, o día de Santiago (25 de xullo) ofrécese ao patrón unha uva dunhas parras que maduran antes. A poucos metros está situado un cruceiro de 1822.

En 1925 foi creada a Caja Rural de Lérez, que permaneceu activa até 1936, sendo pechada tralo Golpe de Estado do 18 de xullo. O 10 de setembro dese mesmo ano, no contexto da guerra civil española, apareceu morto no lugar da Gándara Juan Magdalena García, labrego de 36 anos veciño de Cerponzóns, que foi paseado[3].

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

No lugar de Casaldarado estaba o castelo de Cedofeita, de importancia entre o século X e o século XIII.

O mosteiro de San Salvador de Lérez, situado nun outeiro sobre o río Lérez, aparece documentado desde finais do século IX. Nel aloxáronse e viviron persoeiros como o Pai Xerónimo Feijoo ou o pai Martín Sarmiento. Trala desamortización de Mendizábal, os monxes víronse obrigados a abandonar o mosteiro, converténdose o templo na igrexa parroquial. Actualmente consérvase o claustro monacal, adxunto á igrexa.

O 11 de xullo, día de San Bieito, celébrase a romaría de San Benitiño de Lérez, onde os fieis van curar as espullas e a pedir saúde ao "santo máis milagreiro".

O C.D. Lérez, nado na década de 1951-60, é filial do Pontevedra C.F.

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Lérez

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Lérez no concello de Pontevedra

O Arco | Casal Novo | Casaldarado | O Castelo | A Cendona | As Cernadas | Cimbelo | O Couso | O Cruceiro | A Ferreira | A Fontaíña | A Gándara | A Laxiña | O Outeiro | A Pedra Picada | A Piolla | A Porta da Coxa | Ramallás | A Regueira | A Torre | A Xunqueira de Lérez

Parroquias de Pontevedra

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Pontevedra

Alba (Santa María) | Bora (Santa Mariña) | Campañó (San Pedro) | A Canicouva (Santo Estevo) | Cerponzóns (San Vicente) | Lérez (San Salvador) | Lourizán (Santo André) | Marcón (San Miguel) | Mourente (Santa María) | Ponte Sampaio (Santa María) | Pontevedra | Salcedo (San Martiño) | San Xosé (San Xosé) | Santa María de Xeve (Santa María) | Tomeza (San Pedro) | Verducido (San Martiño) | A Virxe do Camiño de Pontevedra | Xeve (Santo André)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]