Saltar ao contido

Kevin De Bruyne

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaKevin De Bruyne

(2018) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de xuño de 1991 Editar o valor en Wikidata (33 anos)
Drongen, Bélxica (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura181 cm Editar o valor en Wikidata
Peso76 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFútbol Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2008 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaBélxica Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
LigaFußball-Bundesliga, Premier League e Eerste klasse Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Número deportivo17 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2008–2012 Koninklijke Racing Club Genk 97(16)
2012–2012 Koninklijke Racing Club Genk
2012–2013 cesión Werder Bremen 33(10)
2012–2014   Chelsea F.C. 3(0)
2014–2015 VfL Wolfsburg 51(13)
2015– Manchester City
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2008–2009   Belgium national under-18 football team 7(1)
2009–2009   Bélxica sub-19 10(1)
2010–   Bélxica
2011–2011   Bélxica sub-21 2(0)
Participou en
2018Mundial de Fútbol Rusia 2018
2016Eurocopa de Fútbol Francia 2016
2014Mundial de Fútbol Brasil 2014 Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm6585166 Facebook: KevinDeBruyne Twitter: KevinDeBruyne Instagram: kevindebruyne TikTok: kevindebruyne FIFA: 358120 UEFA: 250008901 Editar o valor en Wikidata

Kevin De Bruyne (AFI: [də ˈbrœy̆nə]), nado en Drongen, Flandres Oriental, o 28 de xuño de 1991, é un futbolista internacional belga que xoga como centrocampista ofensivo ou extremo para o Manchester City da Premier League inglesa.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado en Drongen, un submunícipio de Gante, capial do Flandres Oriental, De Bruyne comezou súa carreira no KVV Drongen en 1997 aos seis anos de idade. Dous anos máis tarde, en 1999, marchou ao Gent, onde permaneceu até 2005, para despois ser transferido ao Genk.[1] Alí foi ascendido ao primeiro equipo en 2008 da man do adestrador Pierre Denier, aínda que non chegaría a debutar até o 9 de maio de 2009, nunha derrota por 3 a 0 contra o Charleroi.[2]

Tornouse un fixo no equipo na temporada seguinte e, o 7 de febreiro de 2010, marca o seu primeiro gol co club, grzas o cal o Genk conseguiría os tres puntos na vitoria por 1 a 0 sobre o Standard de Liège. Lograría ademais xogar a fase previa da recentemente creada UEFA Europa League ante o Lille Olympique de Francia, xogando ambos partidos, aínda el Genk sería eliminado por 6-3 no global. En total, Kevin finalizou a temporada 2009-10 con 35 encuotros de liga disputados e 3 goles anotados. Antes do comienzo da temporada 2010-11, varios equipos europeos trataron de contratar a Kevin, recibindo unha oferta concreta do FC Twente, nese momento actual campión da Liga dos Países Baixos, mais o Genk conseguiu reter a Kevin por outra tempada máis.

En outubro de 2010, Kevin adquire mononucleose, o que o mantén fóra dos campos durante dous meses. Con todo, Kevin finalizou a tempada con 32 partidos de Liga disputados aumentando os seus números até chegar a marcar 5 goles e facer 16 asistencias, nun ano no que o seu equipo, o Genk, se proclamou campión de Liga, no que sopoñía o terceiro título de Liga na historia do club. Cómpre destacar que o 29 de outubro de 2011, De Bruyne marca o seu primeiro hat-trick, nun partido ante contra o Club Brugge que terminou en vitória por 5 a 4 para o seu equipo.

O día 31 de xaneiro de 2012 o Chelsea anuncia a contratación de De Bruyne, pagando ao Genk aproximadamente 7 millóns de libras con contrato de 5 anos e medio. Porén, permaneceu no Genk cedido até o fin da tempada. Tras chegar ao Londres, o 2 de agosto de 2012 o Chelsea anuncia que o xogador será cedido de novo, esta vez por unha tempada completa, ao Werder Bremen da 1. Bundesliga, onde xoga trinta e tres partidos e marca 10 goles. O día 18 de xaneiro de 2014, o VfL Wolfsburg ficharía a De Bruyne a cambio de 20 millóns de euros.

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Genk
VfL Wolfsburg
Manchester City
Individual
  1. KRC Genk (ed.). "Kevin de Bruyne" (en neerlandés). Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2014. Consultado o 2 de xullo de 2014. 
  2. The Guardian, ed. (9 de maio de 2007). "Charleroi 3–0 Genk" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2012. Consultado o 2 de xullo de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]