J.R. Giddens
(2013) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 13 de febreiro de 1985 (39 anos) Oklahoma City, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Universidade de Kansas John Marshall High School (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 196 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 98 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2008 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | NBA G League, Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Escolta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Boston Celtics | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Justin Ray Giddens, nado o 13 de febreiro de 1985 en Oklahoma City, Oklahoma, máis coñecido coma J. R. Giddens, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense. Mide 1,96 metros de altura e xogaba na posición de escolta.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Universidade
[editar | editar a fonte]Tras a súa etapa de instituto, aceptou unha bolsa escolar para xogar cos Jayhawks da Universidade de Kansas. Na súa primeira tempada conseguiu unha media de 11,3 puntos e 3,6 rebotes, rematando na sexta posición da Big 12 Conference en porcentaxe de tiros de 3 puntos (40,7%). Foi elixido no mellor quinteto de novatos da conferencia.[1] Na súa segunda tempada os seus números non melloraron, promediando 10,8 puntos e 3,8 rebotes. Unha vez rematada a tempada, en maio de 2005, protagonizou un grave incidente ao verse involucrado nunha liorta nun bar e recibir unha coitelada na súa perna dereita, que requiriu 30 puntos de sutura.[2]
Tras ese incidente, foi transferido á Universidade de New Mexico. Tras pasar un ano en branco, debido á norma da NCAA que non permite xogar a un xogador traspasado durante unha tempada, regresou en 2006 cos Lobos, o seu novo equipo. No seu primeiro ano liderou á súa universidade en anotación (15,8 puntos por partido) e foi segundo en rebotes (6,5 por partido), anotando 20 puntos ou máis en 7 ocasións. O seu mellor partido da tempada disputouno ante Nevada-Las Vegas, onde, saíndo dende o banco, conseguiu 28 puntos e 8 rebotes.[3]
Xa na súa tempada sénior conseguiu unha media 16,3 puntos e 8,8 rebotes, sendo o mellor nesta faceta de toda a Mountain West Conference, sendo elixido co-mellor xogador da conferencia e recibindo unha mención honorífica do All-American. No total da súa traxectoria universitaria promediou 13,3 puntos e 5,7 rebotes por partido.[4]
Profesional
[editar | editar a fonte]Foi elixido na trixésima posición da primeira rolda do Draft da NBA de 2008 polos Boston Celtics, cos que estivo traballando durante tres días no verán, recibindo eloxios por parte do adestrador Doc Rivers.[5] Coma non firmara o contrato aínda, declinou o participar nas Ligas de Verán por consello do seu axente.[6] Finalmente, o 14 de agosto asinou un contrato por dous anos garantidos con opción doutros dous.[7]
O 18 de febreiro de 2010 foi traspasado aos New York Knicks xunto con Bill Walker e Eddie House a cambio de Nate Robinson e Marcus Landry.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ NBA.com J.R. Giddens Prospect Profile Arquivado 02 de decembro de 2009 en Wayback Machine., consultado agosto de 2008
- ↑ usatoday.com Kansas transfer J.R. Giddens becomes team player at New Mexico, consultado agosto de 2008
- ↑ ESPN.com UNLV vs. New Mexico - Box Score - February 28, 2007, consultado agosto de 2008
- ↑ thedraftreview.com Ficha de Giddens en TDR, consultado agosto de 2008
- ↑ bostonherald.com For Celts, future is now. Giddens pick nice present for Doc, consultado agosto de 2008
- ↑ boston.com This year, Davis not one of the babies in camp, consultado agosto de 2008
- ↑ boston.com Giddens agrees to Celtics deal, consultado agosto de 2008
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 18 de setembro de 2022 en Wayback Machine. (en inglés)
- Nados en 1985
- Nados en Oklahoma
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Escoltas de baloncesto
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Eleccións no Draft da NBA dos Boston Celtics
- Xogadores dos Boston Celtics
- Xogadores dos New York Knicks
- Xogadores do Arka Gdynia
- Xogadores do Valencia BC
- Xogadores do PAOK Tesalónica BC
- Xogadores do Pallacanestro Brescia
- Xogadores dos Vaqueros de Bayamón
- Xogadores dos Leones de Santo Domingo
- Xogadores do Ferro Carril Oeste (baloncesto)