Iocasta (lúa)
- Tamén existe un asteroide chamado 899 Jokaste.
Iocaste (ou en grego Ιοκάστη), tamén coñecida coma Xúpiter XXIV, é unha lúa irregular de movemento retrógrado do planeta Xúpiter. Foi descuberta por un equipo de astrónomos da Universidade de Hawaii liderado por Scott S. Sheppard no ano 2000 e recibiu a designación provisional de S/2000 J 3.[1][2] A lúa recibiría o nome de Iocasta oficialmente en outubro do 2002,[3] Iocasta na mitoloxía grega foi nai e muller de Oedipus.
Iocasta pertence ó grupo de satélites Ananke, pensase que este grupo son os vestixios dun posible asteroide heliocéntrico capturado, que se esnaquizou, formando así este grupo de lúas.[4][5] A lúa ten un diámetro estimado en 5 kms,[6] e no espectro visible aparece cun gris (índices de cor B-V=0.63, R-V=0.36) semellante o dos asteroides tipo C.[7] Iocasta órbita Xúpiter a unha distancia duns 20,723 Gm en 609,427 días, cunha inclinación orbital de 147° respecto da eclíptica (146° respecto do ecuador de Xúpiter) e cunha excentricidade orbital de 0,2874.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ IAUC 7555: Satellites of Jupiter 5 de xaneiro do 2001 (descubrimento)
- ↑ MPEC 2001-A28: S/2000 J 2, S/2000 J 3, S/2000 J 4, S/2000 J 5, S/2000 J 6 5 de xaneiro do 2001 (descubrimento é efemérides)
- ↑ IAUC 7998: Satellites of Jupiter 22 de outubro de 2002 (bautizando a lúa)
- ↑ Sheppard, S.S.; Jewitt, D.C. (2003). "An abundant population of small irregular satellites around Jupiter". Nature 423 (6937): 261–263. PMID 12748634. doi:10.1038/nature01584.
- ↑ Nesvorný, D.; Alvarellos, J. L. A.; Dones, L.; e Levison, H. F.; Orbital and Collisional Evolution of the Irregular Satellites Arquivado 15 de abril de 2020 en Wayback Machine., The Astronomical Journal, Vol. 126 (2003), pp. 398–429
- ↑ Sheppard, S. S.; Jewitt, D. C.; Porco, C.; Jupiter's Outer Satellites and Trojans, in Jupiter: The Planet, Satellites and Magnetosphere, edited by Fran Bagenal, Timothy E. Dowling, William B. McKinnon, Cambridge Planetary Science, Vol. 1, Cambridge, UK: Cambridge University Press, ISBN 0-521-81808-7, 2004, pp. 263-280
- ↑ Grav, Tommy; Holman, M. J.; Gladman, B. J.; Aksnes, K. (2003). "Photometric survey of the irregular satellites". Icarus 166: 33–45. doi:10.1016/j.icarus.2003.07.005.
- Efemérides IAU-MPC NSES
- Parámetros orbitais principais NASA JPL
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- David Jewitt pages (en inglés)
- Scott Sheppard pages (en inglés)