Federica Mogherini
Federica Mogherini, nada en Roma o 16 de xuño de 1973, é unha política e politicóloga italiana. Desde o 1 de novembro de 2014 até o 1 de decembro de 2019 desempeñou o cargo de alta representante da Unión para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade tras ser nomeada polo Consello Europeo e o presidente electo da Comisión, Jean-Claude Juncker, o 30 de agosto de 2014.[1] Foi ministra de Asuntos Exteriores de Italia desde febreiro até outubro de 2014.
Mogherini graduouse en ciencias políticas na Universidade Sapienza de Roma cunha tese en filosofía política.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Federica Mogherini é filla do director e escenógrafo italiano Flavio Mogherini. Está casada con Matteo Rebesani, co que ten dúas fillas.[2]
Traxectoria política
[editar | editar a fonte]Mogherini é membro do Partido Democrático e do Partido dos Socialistas Europeos. O 22 de febreiro de 2014 foi nomeada ministra de Asuntos Exteriores polo primeiro ministro Matteo Renzi. Foi a terceira muller en servir como ministra de Relacións Exteriores de Italia, despois de Emma Bonino e Susanna Agnelli.
Alta representante da Unión para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade
[editar | editar a fonte]No cume europeo do 30 de agosto de 2014, nomeouse a Mogherini como alta representante da Unión para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade (AR), despois de que o Consello Europeo de xullo anterior se pechara sen acordo.[3] O seu mandato comezou o 1 de novembro de 2014.[4]
En 2017 Mogherini liderou o proceso para a definición dos criterios e mecanismos da Cooperación estruturada permanente (CEP), dentro do proceso de integración europea en materia de Defensa.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Italy's Mogherini and Poland's Tusk get top EU jobs". BBC News. 30 de agosto de 2014. Consultado o 30 de agosto de 2014.
- ↑ "Nueva líder para la política exterior de la UE". 7 de setembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2015. Consultado o 23 de xullo de 2017.
- ↑ "Rajoy y Merkel abordarán el 24 y 25 en España los nombramientos comunitarios". EFE. Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2014. Consultado o 19 de agosto de 2014.
- ↑ European Voice. "Key dates for the 2014 European election" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 6 de marzo de 2014. Consultado o 6 de abril de 2014.
- ↑ "España, Alemania e Italia cohesionan posturas con Mogherini sobre la Cooperación Estructurada Permanente sobre defensa". Expansión. 13 de xullo de 2017. Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2021. Consultado o 14 de xullo de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Federica Mogherini |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Official Website Arquivado 23 de abril de 2021 en Wayback Machine.
- Blog oficial
- Biografía de Federica Mogherini por CIDOB Arquivado 29 de novembro de 2014 en Wayback Machine. (en español)