Decapodiformes
Decapodiformes Decapodiformes | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cefalópodo xuvenil no plancto da Antártida | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Ordes | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
A dos decapodiformes (Decapodiformes) é unha superorde de moluscos cefalópodos unha das dúas que integran a subclase dos coleoideos, que inclúe todas as especies que teñen dez brazos (oito curtos e dous longos), como as xibas (ou sepias), as luras, as potas e os chocos. A outra superorde é a dos octopodiformes (polbos e similares).
A superorde comprende uns 95 xéneros e 450 especies distribuídas en 31 familias. Moitas destas familias parecen formaren grupos naturais, pero a validez destes grupos aínda non se demostrou por métodos cladísticos.[3]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A superorde foi definida, segundo algúns autores (The Tree of Life Web Project), en 1817 polo biólogo mariño inglés William Elford Leach.[3] Porén, outras autoridades outórganlle a descrición, no ano 1998, aos autores Young, Vecchione & Donovan (os dous primeiros, asinantes do traballo antecitado no Tree of Life).[1][4]
Etimoloxías
[editar | editar a fonte]As etimoloxías, tanto do nome actualmente válido, Decapodiformes, como dos seus sinónimos, Decembrachiata e Decabrachia, fan referencia ao número de brazos destes cefalópodos (10):
- Decapodiformes: dos elementos do latín científico deca-, derivado do grego antigo δέκα déka, 'dez'; pod-, tirado do grego antigo πούς, ποδός poús, podós, 'pé', e -iformes, 'en forma de'.
- Decembrachiata: dos elementos latinos decem-, de decem, 'dez', e -brachiata plural neutro de -brachiatum, derivado do grego βραχίων brachíōn, 'brazo'.
- Decabrachia: de deca- e -brachia, do grego βραχίων brachíōn, 'brazo'.
Clasificación
[editar | editar a fonte]A clasidicación desta superorde está en discusión. De acordo con diferentes bases de datos, considéranse as seguintes ordes:
Superorde Decapodiformes
- Myopsida
- Oegopsida
- Sepiida
- Spirulida, e
- Teuthida (nomen dubium, inclúe [Myopsida + Oegopsida] pero non está demostrado que formen un clado)
Superorde Decabrachia
- Sepiida Zittel, 1895 - xibas
- Sepiolida Fioroni, 1981 - xibas
- Spirulida Stolley, 1919 - a especie Spirula spirula
- Teuthida Naef, 1916 - luras
Segundo The Taxonomicon:[6]
superorde Decapodiformes
Galería
[editar | editar a fonte]-
Doryteuthis plei
Especie de orde Myopsida, ou da orde Teuthida, suborde Myopsina, segundo os autores -
Sepia elegans, un Sepiida
-
Spirula spirula, única especie vivente dos Spirulida
-
Sepioteuthis sp., un Teuthida
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 no Taxonomicon.
- ↑ GBIF Global Biodiversity Information Facility
- ↑ 3,0 3,1 Young, R. E., Vecchione, M. & Mangold, K. M. (1922-2003) Decapodiformes Leach, 1817. Squids, cuttlefishes and their relatives Arquivado 06 de novembro de 2020 en Wayback Machine. The Tree of Life Web Project.
- ↑ 4,0 4,1 Superorder Decapodiformes Young, Vecchione & Donovan, 1998 no WoRMS.
- ↑ Decabrachia no ITIS.
- ↑ Clasificación da superorde Decapodiformes Young et al., 1998 no Taxonomicon.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Decapodiformes |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Decapodiformes |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Young, Richard E.; Vecchione, Michael & Donovan, Desmond T. (1998): "The evolution of coleoid cephalopods and their present biodiversity and ecology". South African Journal of Marine Science 20 (1): 393–420. Resumo.