Década de 810
Aparencia
Primeiro milenio | |||||
Século IX | |||||
| |||||
|
810
- Artigo principal: 810.
Arte e cultura
- Ibn Bisrik traduce ao árabe a "Política" de Platón.
811
- Artigo principal: 811.
- 26 de xullo - Batalla de Plisca: Os búlgaros, ao mando do khan Krum, inflixen unha severa derrota ao exército do emperador bizantino Nicéforo I, que perde aí a vida, metres seu fillo, o príncipe Estauracio, ficou ferido gravemente.
- Estauracio herda o mesmo día a coroa de Bizancio.
- 2 de outubro - Estauracio é deposto e encerrado nun mosteiro. Sobe ao trono Miguel I Rangabé.
- Lois o Piadoso, rei da Aquitania, arrebata aos musulmáns Tortosa, na desembocadura do río Ebro.
812
- Artigo principal: 812.
- 13 de xaneiro - Tratado de Aquisgrán: o emperador bizantino Miguel I recoñece como emperador de Occidente a Carlomagno a cambio de recibir Venecia, Istria e Dalmacia. O emperador franco recoñece aos venecianos o dereito a comerciar en Occidente.
- Sarracenos norteafricanos saquean as illas italianas de Lampedusa, Ischia e Ponza.
813
- Artigo principal: 813.
Europa
- O bispo Teodomiro descobre o sepulcro do Apóstolo Santiago (data tradicional, a data real seguramente fora entre o 820 e o 830).
- 22 de xuño - O emperador bizantino Miguel I é derrotado polos búlgaros liderados polo khan Krum en Versinikia.
- Os búlgaros conquistan Adrianópole e cercan Constantinopla.
- León V o Armenio é coroado emperador de Bizancio tras unha revolta (Miguel I faise monxe). Comeza o Segundo Período Iconoclasta.
- No Terceiro Concilio de Tours, os sacerdotes reciben a orde de predicar en vernáculo (latín vulgar ou alemán)
- Lois o Piadoso é coroado co-emperador dos francos co seu pai Carlomagno en Aix-la-Chapelle.
Islam
- Os francos derrotan aos árabes en Barcelona.
- Os mouros saquean Nisa.
- Al-Amin, sexto califa abbásida e fillo de Harun al-Rashid, morre durante a tentativa de fuga de Bagdad, cercado polo seu irmán al-Mamun.
- Al Mamon abre a escola de astronomía de Bagdad.
814
- Artigo principal: 814.
- Omurtag, novo khan de Bulgaria
- Subida ao trono de Lois I o Piadoso tras a morte do seu pai Carlomagno.
- Lotario I nomeado duque de Baviera.
- Constrúese o Palacio Ducal de Venecia.
815
- Artigo principal: 815.
- Inicio do reinado de Relpachen no Tíbet (até 838).
- 13 de marzo- León V de Bizancio depón e exilia ao patriarca de Constantinopla Nicéforo.
Arte e cultura
816
- Artigo principal: 816.
- 22 de xuño: Estevo V sobe ao trono pontificio (até 817).
- 5 de outubro: Estevo V coroa emperador a Lois I o Piadoso (tamén coñecido como Ludovico Pío), rei dos francos.
Ciencia e tecnoloxía
- O matemático árabe Al-Khuwarizmi propaga a numeración posicional inventada na India.
817
- Artigo principal: 817.
- Pascual I sucede a Estevo V como pontífice romano.
- Sico I convértese en príncipe de Benevento.
818
- Artigo principal: 818.
- O bispo Teodolfo de Orleáns é deposto e encadeado pola súa participación na conspiración de Bernaldo, rei de Italia, contra Lois o Piadoso.
- Xapón: tremor de magnitude 7'9 do que se descoñece a orixe e cantas mortes ocasionou.
819
- Artigo principal: 819.
- Primeiro ataque viquingo na desembocadura do río Loira, sen dúbida de noruegueses vindos desde a Irlanda.