Saltar ao contido

Dalmacia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa de Croacia con Dalmacia en amarelo.

Dalmacia[1][2][3] (en croata: Dalmacija) é unha rexión xeográfica na costa adriática que pertence a Croacia. O seu xentilicio é dálmata.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Ocupa unha superficie de aproximadamente 12.000 km², que se estende por unha estreita franxa de terra que comprende a vertente occidental dos Alpes Dináricos e a chaira litoral ao que se suman un conxunto de illas alongadas e paralelas á costa (arquipélago dálmata), cuxa orixe débese ao afundimento de cadeas montañosas. A maioría da poboación (900 000 habitantes aproximadamente) concéntrase no litoral peninsular. A capital rexional é a cidade portuaria de Split. Outras cidades tamén portos importantes son Dubrovnik, Zadar e Šibenik. A península de Istria considerase historicamente parte da rexión.

A provincia romana de Dalmacia.

Na antigüidade estivo poboada por ilirios e albergou colonias gregas. Máis tarde os romanos crearon alí un estado vasalo que posteriormente (mediados do século II comezaron a anexionarse, converténdoa en provincia romana co nome actual.

A Dalmacia, segundo o historiador Theodor Mommsen, estaba completamente romanizada cando empezaron as invasións bárbaras. Formou parte do Imperio Bizantino e foi invadida por eslavos e outros pobos (século VII). Durante a Idade Media disputáronse a súa posesión bizantinos e francos, pasando máis tarde a estar sometida e Venecia (séculos XIV-XVIII). Tras a caída do imperio napoleónico foi incorporada por Austria.

Despois da segunda guerra mundial, Italia incorporou Istria e as illas do norte de Dalmacia, mentres que Iugoslavia anexionou o resto. Toda a Dalmacia pasou en 1945 a formar parte de Iugoslavia até a súa desintegración, momento no que se constituíu nunha das rexións de Croacia.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para dálmata.
  2. Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). p. 123. ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de setembro de 2013. Consultado o 14 de abril de 2014. 
  3. Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1304. ISBN 9788482887524.