Saltar ao contido

Conca endorreica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Beira do Lago Hart, lago endorreico no deserto do sur de Australia.
Foto de satélite do Lago Eyre en Australia.
Imaxe de: NASA's Earth Observatory.
Foto satélite da conca endorreica do altiplano andino.

En xeografía, unha conca endorreica é unha área na que a auga non ten saída fluvial cara ao mar; é dicir, os cursos fluviais existentes desembocan en lagos, lagoas ou crean pantanos.[1] O termo ten raíces gregas, endo, "interior" e rhein, "fluír". Calquera choiva ou precipitación que caia nunha conca endorreica fica alí, abandonando o sistema unicamente por infiltración ou evaporación, o cal contribúe á concentración de sales. Nas concas endorreicas nas que a evaporación é maior cá alimentación, os lagos salgados desaparecen e fórmanse salgares. As concas endorreicas tamén son denominados sistemas de drenaxe interna.

Aínda que, en teoría, as concas endorreicas pódense dar en calquera clima, na práctica son máis comúns en zonas de deserto cálido. Nótese ademais que, por definición, calquera lago situado baixo o nivel do mar (p.e., mar Caspio, mar Morto) debe ser endorreico e drenar unha conca hidrográfica endorreica.

Características

[editar | editar a fonte]

Causas de endorreísmo

[editar | editar a fonte]

O carácter dunha rexión cuxas augas non se verquen o mar pode ter múltiples causas. Pode tratarse do relevo cando existe unha depresión endorreica (conca pechada, bolsón etc.). Noutros casos a causa reside no clima (evaporación excesiva respecto da importancia das precipitacións) ou na natureza do terreo, que, de ser moi permeable, permite unha infiltración rápida das augas pluviais. Ás veces concorren ambas as dúas circunstancias: a rápida evaporación da auga e o volume excesivo da que se infiltra fan diminuír progresivamente o caudal do río ao longo do seu curso. Fica así esgotado antes de que chegue a xuntarse con outro río da rede hidrográfica ou que acade a beira do mar.

Evolución dunha conca endorreica

[editar | editar a fonte]

En zonas de maior pluviosidade, a auga acumularase inicialmente na depresión rodeada por outeiros, na medida na que o nivel vaise elevando, poderá acadar o punto máis baixo destes outeiros circundantes, e comezar a saír auga superficialmente neste punto, creando un asuco, que poderá evolucionar até transformarse nun río. Na medida na que este "asuco" vaise profundando, o nivel inicial do lago írase tamén reducindo, até crearse un novo equilibrio. Desta forma unha conca endorreica, en tempos xeolóxicos, pódese ir conectando con outras, e finalmente chegar até o mar, nese caso deixará de ser endorreica. Este proceso pódese observar moi claramente no sistema endorreico do altiplano boliviano-peruano. En efecto, as oscilacións do nivel do lago Titicaca, en tempos xeolóxicos, e mesmo en tempos históricos, é determinada pola capacidade do río Desaguadero, o cal correndo por un val onde poden ocorrer deslizamientos de terra, que obstrúen parcialmente o río, limitando a súa capacidade de evacuar as augas do lago Titicaca cara ao lago Poopó. Proba disto é que na década dos 90 atopáronse ruínas mergulladas da cultura Tiahuanaco, na Illa do Sol.

Concas endorreicas importantes

[editar | editar a fonte]
Principais concas endorreicas do mundo (azul escuro) e lagos endorreicos (azul)

Australia

[editar | editar a fonte]
  • A conca do Lago Eyre é o maior sistema endorreico do mundo que inclúe o Lago Frome. Inclúe gran parte do interior de Australia, que drena devandito lago.
  • Lago Torrens, ao oeste da cordilleira Flinders en Australia do Sur.
  • Lago Corangamite, de alta salinidade é un lago de cráter no oeste de Victoria.
  • Lake George, anteriormente conectado á conca do Murray-Darling.

Antártida

[editar | editar a fonte]
  • Un dos poucos lagos endorreicos en zonas desérticas frías, Lago Vida na Antártida fica líquido por mor da súa extrema salinidade.

Antigas concas endorreicas

[editar | editar a fonte]
  1. Enzo (21 de xaneiro de 2018). "Qué son las cuencas endorreicas, arreicas y exorreicas". epicentrogeografico.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2020. Consultado o 12 de novembro de 2020. 
  2. "The Alps". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-03-01. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]