Cercartetus
Cercartetus Rango fósil: plistoceno superior - actualidade [1] | |||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lámina de Cercartetus nanus, de 1863, obra de John Gould | |||||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||||||||||||||
Phalangista nana [2][3] (Desmarest, 1818) | |||||||||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||||||||
|
Cercartetus é un xénero de mamíferos marsupiais australidelfos da orde dos diprotodontes, suborde dos falanxeroideos e familia dos burramíidos,[3][4] que comprende os pósums pigmeos ou falaxeros pigmeos que, xunto co pósum pigmeo das montañas (Burramys parvus) forma a antedita familia.
O xénero está representado por catro especies viventes, que viven nas pluvisilvas tropicais, até os 1 500 m de altitude, nalgungas zonas da Australia meridional e oriental, nas illa de Tasmania, Nova Guinea e Fergusson (Papúa Nova Guinea), e no Queensland nororiental (Australia).[5]
Características
[editar | editar a fonte]Estes animais son coñecidos por algúns como pósums leiróns, porque que se encontran entre os poucos animais hibernates, ademais de que pola forma do seu corpo recorda á dos leiróns.
Os pósums pigmeos teñen unha lonxitud de cabeza e tronco de entre os 10,6 cm e entre os 12,8 e os 15,1 cm da cola que, como vemos, pode ser case unha vez e media a lonxitude da cabeza e tronco de Cercartetus caudatus, até os de 7,5 a 10 cm dos C. nanus, cuxa cola mide de 7,5 a 10,5 cm.[6]
Teñen os ollos grandes, orellas semellates ás dos ratos, o marsupio aberto cara a adiante (como nos didélfidos), un dedo polgar moi desenvolvido e opoñíbel, que non ten garra, amplas almofadas nos extremos dos dedos, moas cuadrituberculadas, cranio amplo, aplanado, e tres incisivos superiores e un incisivo inferior grandes e procumbentes.[7][8][9][10]
A pelaxe destes animais é de cor parda avermellada ou gris nas partes superiores, mentres que nas inferiores é máis clara. As orellas son grandes e sen pelos. O primeiro dedo das patas traseiras é opoñíbel.[6]
Bioloxía
[editar | editar a fonte]Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]Os pósums pigmeos están difundidos cun gran número de individuos nalgungas zonas da Australia meridional e oriental incluída Tasmania), en Nova Guinea e na península de Cabo York.[5]
O seu hábitat son os bosques tropicais húmidos e as matogueiras.[5]
Costumes
[editar | editar a fonte]Teñen hábitos nocturnos. Dormen durante o día en nidos feitos con follas e codias de árbores que a miúdo constrúen en ocos de árbores un en lugares con vexetación densa. Pola noite, sanen dos niños na busca de alimento, a miúdo gabeando polas árbores. As súas hábiles mans e a cola prénsil fan que sexan excelentes gabeadores. Son animais que viven normalmente solitarios.[9]
Nutrición
[editar | editar a fonte]Son omnívoros e aliméntanse de follas, froitas, noces, insectos, arañas, escorpións e pequenos vertebrados. Na estación fría caen en letargo, despos de ter acumulado unha reserva de graxa na cola.[9]
Reprodución
[editar | editar a fonte]As femias paren, dúas veces ao ano, de 4 a 6 crías, que permanecen no seu primeiro mes de vida no marsupio da nai. Son destetados aos tres meses, e alcanzan a madurez sexual aproximadamente á idade dun ano. A súa esperanza de vida é de catro anos en estado salvaxe, mentres que en catividade poden alcanzar un máximo de seis anos.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]O xénero foi descrito en 1841 polo zoólogo alemán Constantin Wilhelm Lambert Gloger, en Gemein Hand.-Hilfsbuch. Nat., 1: 85.[3]
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ademais de polo nome que lle adxudicou Gloger, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos seguintes:[3]
- Dromicia Gray, 1841
- Dromiciella Matschie, 1916
- Dromiciola Matschie, 1916
- Eudromicia Mjöberg, 1916
Clasificación
[editar | editar a fonte]Posibilidade dunha nova especie
[editar | editar a fonte]Conservation International (CI) e o Indonesia Institute of Science (LIPI) informaron sobre o posíbel descubrimento dunha nova especie de Cercartetus despois dunha visita ás montañas de Foja (Papúa, Indonesia) en xuño de 2007.[11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Burramys, Broom 1898 en Fossilworks.
- ↑ Cercartetus en Fossilworks.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Cercartetus en MSW.
- ↑ 4,0 4,1 Cercartetus Gloger, 1841 no ITIS.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Collins, L. R. (1973): Monotremes and Marsupials. Washington, DC: Smithsonian Institution Press.
- ↑ 6,0 6,1 Walker, E. P. (1975).
- ↑ Lawlor, T. E. (1979): Handbook to the Orders and Families of Living Mammals. Eureka, California, USA: Mad River Press, Inc.
- ↑ Ride, W. D. L. (1980): A Guide to the Native Mammals of Australia. 2ª ed. Melbourne, New York: Oxford University Press. ISBN 978-0-1955-0252-3.
- ↑ 9,0 9,1 9,2 Strahan, R. (1983): The Australian Museum Complete Book of Australian Mammals. Angus and Robertson Publishers. ISBN 978-0-2071-4454-7.
- ↑ Vaughan, T. A. (1986): Mammalogy. Third Edition. Fort Worth, Texas: Saunders College Publishing.
- ↑ Two new mammals found in Indonesian 'lost world': green group Arquivado 17 de outubro de 2019 en Wayback Machine. en Trend, 18 de decembro de 2007.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Cercartetus |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Grzimek, B., Schlager, N. & Olendorf, D (2003): Grzimek's Animal Life Encyclopedia. Detroit: Thomson Gale.
- McKenna, M. C. & Bell, S. K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8. Recensión por Frederick S. Szalay no Journal of Vertebrate Paleontology. Vol. 19, Nº 1 (Mar. 15, 1999), pp. 191–195.
- Novak, Ronald M. (1999): Walker's Mammals of the World, 6th edition. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8.
- Rowland, P. & Strahan, R., eds. (1995): The Mammals of Australia. Washington, D.C.: Smithsonian Institution Press.
- Turnbull, W. D.; T. H. V. Rich & E. L. Lundelius, Jr. (1987): "Burramydis (Marsupialia: Burramyidae) of the Early Pliocene Hamilton local fauna, southwestern Australia". Possums and Opossums: Studies in Evolution 2: 729-739.
- Walker, E. P. (1975): Mammals of the World. 2 vols. Third Edition. Baltimore, Mariland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-1657-4.
- Vaughan, T. A. (1986): Mammalogy. Third Edition. Fort Worth, Texas: Saunders College Publishing.
- Vaughan, T. A.; J. M. Ryan & N. J. Czaplewski (2000): Mammalogy. Fourth Edition. Philadelphia, Pennsylvania: Saunders College Publishing.
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M., editores (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 2 vol. 3ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Cercartetus en MSW.
- Cercartetus na ADW.