Saltar ao contido

Círculo polar ártico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaCírculo polar ártico
Vista nocturna
Vista no inverno
Imaxe
TipoCírculo polar
rexión xeográfica Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteAsia, Europa e América do Norte Editar o valor en Wikidata
Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións15.984,36 (lonxitude) km
AtravesaNoruega, Suecia, Finlandia, Rusia, Estados Unidos de América, Canadá, Groenlandia e Islandia Editar o valor en Wikidata

O círculo polar ártico é a liña imaxinaria correspondente ao paralelo 66° 33’ 39" norte, a liña que delimita a rexión á volta do polo Norte da Terra en que se pode observar o sol da media noite. É un dos cinco paralelos principais terrestres e delimita a zona ártica, ao norte, coa zona temperada norte, ao seu sur.

Verán e inverno. Solsticios

[editar | editar a fonte]
O círculo polar ártico no solsticio de verán boreal

O círculo ártico delimita o extremo sur do día solar do solsticio de verán e a noite solar do solsticio de inverno. No círculo ártico o Sol non se pon durante 24 horas no día do solsticio de verán. No solsticio de inverno o Sol non sae durante 24 horas.

Movemento do círculo polar ártico

[editar | editar a fonte]
Eclíptica e inclinación do eixe de rotación da Terra respecto a ela.
Nutación da Terra.

A posición do círculo polar ártico está determinado pola inclinación do eixo de rotación da terra con respecto á eclíptica. O ángulo non é constante, senón que ten un movemento complexo determinado por moitos ciclos de períodos desde curtos a moi longos.

A nutación (do latín nutare, cabecear ou oscilar) é o nome polo que se coñece a oscilación periódica do polo da Terra arredor da súa posición media na esfera celeste, debido á influencia da Lúa sobre o planeta, similar ao movemento dunha buxaina cando perde forza e está a piques de caer. A nutación fai que os polos da Terra se despracen uns nove segundos de arco cada 18,6 anos. Por iso, debido á nutación, a inclinación oscila máis de 9" (uns 280 metros na superficie) nese período.

O ciclo de maior duración ten un período de 41.000 anos e unha amplitude de 0,68º, ou 76 quilómetros na superficie. Actualmente a inclinación está decrecendo en 0,47" por ano, polo que o círculo polar ártico estase desprazando cara ao norte uns 15 metros por ano.

Ángulo de precesión

Tamén inflúe a precesión: o movemento de precesión, tamén denominado precesión dos equinoccios, é debido a que a Terra non é esférica senón un elipsoide achatado polos polos. Pódese considerar este movemento como un lento balanceo durante o movemento de translación pero en sentido contrario ás agullas do reloxo. Este balanceo produce que o eixo terrestre debuxe un cono de 47º de abertura con vértice no centro da Terra. Unha volta completa de precesión dura 25.767 anos, ciclo que se denomina ano platónico e cuxa duración fora estimada polos Antigos maias.

Poboacións árticas

[editar | editar a fonte]
A liña rubia indica a isoterma dos 10 °C en xullo, usada comunmente para definir o límite da rexión Ártica.

Aínda que a maior parte do círculo polar ártico está ocupado polo Océano Glacial Ártico, existen zonas de terra habitadas. Algúns países cunha parte importante do seu territorio dentro do círculo polar ártico son:

Islandia tamén ten parte do seu territorio dentro do círculo polar ártico, pero menos de 1 km². Esta área está entre algunhas pequenas illas, das cales só unha, Grímsey, atópase habitada.

Debido a que só se estudaron fragmentos do Ártico, con quebraxeos ou submarinos nucleares, diversos países están organizando novas expedicións cartográficas para reclamar o maior territorio posible.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]