Biblos Clube de Lectores
Biblos Clube de Lectores, SL | |
---|---|
Libraría de Biblos en Betanzos. | |
Tipo | Sociedade Limitada |
Fundación | 2 de marzo de 2003 (21 anos) |
Localización | Quintá, 8 de Mandaio, 15391 Cesuras (A Coruña) Galiza |
Fundador | Carmela González Boo, Tucho Calvo (Directores) |
Industria | Editorial, Cultural |
Produtos | Libros, música |
[ editar datos en Wikidata ] |
Biblos Clube de Lectores[1] é un club de lectura así como unha editorial galega con sede en Oza-Cesuras. Carmela González é a directora e Tucho Calvo o director literario. Comezou a súa andaina en 2003 cun catálogo de obras en galego cunha tiraxe inicial de 278.000 exemplares[2], distribuído cos principais xornais de Galiza.
Ten habilitada unha plataforma de pagamento en rede dende a que se poden adquirir máis de 7000 títulos distintos. Funciona mediante subscricións, cuxo custo é de 15 euros anuais máis o compromiso por parte do lector de comprar cando menos un título cada dous meses. Esta empresa é a encargada de organizar o Premio Biblos-Pazos de Galicia, que premia unha narradora ou un narrador menor de 25 anos coa posibilidade de rematar a súa primeira novela coa axuda dun titor experimentado[3].
En agosto de 2013 inaugurou unha libraría en Betanzos[4].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Sitio web de Biblos Clube de Lectores". Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2012. Consultado o 20 de xullo de 2012.
- ↑ Ficha de Biblos Arquivado 21 de outubro de 2016 en Wayback Machine. na páxina web da AGE.
- ↑ "Entrevista con Tucho Calvo en LetraEnObras". Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2012. Consultado o 20 de xullo de 2012.
- ↑ Redacción. Praza Pública, ed. "Biblos inaugura a súa libraría en Betanzos". Consultado o 14 de agosto de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina de BiblosArquivado 08 de xullo de 2012 en Wayback Machine.