Arles
Arles (fr) Arle (oc) | |||||||||||||||||||||
Localización | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||
Estado | Francia | ||||||||||||||||||||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||||||||||||||||||
Rexións | Provenza-Alpes-Costa Azul | ||||||||||||||||||||
Departamento | Bocas de Ródano | ||||||||||||||||||||
Capital de | Reino de Arles (pt) cantón de Arles-Ouest distrito de Arlés canton of Arles-Est (en) canton of Arles (en) (2015–) | ||||||||||||||||||||
Poboación | |||||||||||||||||||||
Poboación | 50.415 (2021) (66,43 hab./km²) | ||||||||||||||||||||
Lingua oficial | lingua francesa | ||||||||||||||||||||
Xeografía | |||||||||||||||||||||
Situado na entidade territorial estatística | Q108921164 Q3550916 | ||||||||||||||||||||
Superficie | 758,93 km² | ||||||||||||||||||||
Bañado por | Río Ródano e Petit-Rhône (en) | ||||||||||||||||||||
Altitude | 0 m-57 m | ||||||||||||||||||||
Comparte fronteira con | |||||||||||||||||||||
Datos históricos | |||||||||||||||||||||
Evento clave
| |||||||||||||||||||||
Organización política | |||||||||||||||||||||
• Alcalde | Patrick de Carolis (pt) (2020–) | ||||||||||||||||||||
Identificador descritivo | |||||||||||||||||||||
Código postal | 13200, 13104, 13123, 13129 e 13280 | ||||||||||||||||||||
Fuso horario | |||||||||||||||||||||
Outro | |||||||||||||||||||||
Irmandado con | York (pt) (1954–) Wisbech (pt) (1964–) Fulda (1964–) Verviers (pt) (1967–) Vercelli (1970–) Pskov (1977–) Xerez da Fronteira (1981–) Sagne (en) (1989–) Kálimnos - Κάλυμνος (2004–) | ||||||||||||||||||||
Sitio web | ville-arles.fr | ||||||||||||||||||||
Arles ou Arle en occitano, latín: Arelate, é unha cidade costeira e unha municipio, subprefectura do departamento de Bocas do Ródano, na rexión de Provenza-Alpes-Costa Azul, na antiga provincia da Provenza, Francia.
Unha gran parte da Camarga, a maior zona húmida de Francia, está situada no territorio da comuna, polo que é a comuna máis grande da Francia metropolitana en canto ao territorio xeográfico. (Maripasoula, Güiana Francesa, é moito máis grande que Arlés). A cidade ten unha longa historia, e foi de considerable importancia na provincia romana da Gallia Narbonensis. Os Monumentos romanos e románicos de Arles catalogáronse como Patrimonio da Humanidade da UNESCO en 1981 polo seu testemuño da historia da rexión.[1]
Moitos artistas viviron e traballaron nesta zona debido á luz austral, incluíndo Pablo Picasso, Paul Gauguin, Jacques Réattu e Peter Brown.[2] O pintor holandés postimpresionista Vincent van Gogh viviu en Arles entre 1888 e 1889, e produciu máis de 300 cadros e debuxos durante a súa etapa alí. Estes atópanse en museos e coleccións privadas coñecidas internacionalmente de todo o mundo. Desde 1970 celébrase anualmente na cidade un festival internacional de fotografía.
Nome
[editar | editar a fonte]O asentamento está testemuñado como Arelate a mediados do século I a.C. (César), A̓reláte (Ἀρελάτε) a principios do século I. AD (Strabo), Arlate civitas en 954 e Arle no século XIII.[3] O topónimo Arelate é unha forma latinizada do galo *Arelati, que significa 'a carón do pantano', ou 'fronte á marisma'.[4]
Localización e características
[editar | editar a fonte]Localizada nas beiras do río Ródano, comunícase co Mediterráneo por unha canle. É a comuna máis extensa de Francia con 759 km², aínda que en 2013 só tiña 52 566 habitantes (50 513 en 1999). É a antiga Arelate, fundada por colonos marselleses, consérvanse ruínas romanas entre as que destacan o anfiteatro e o teatro.
Administración
[editar | editar a fonte]O alcalde de Arles é Hervé Schiavetti, do Partido Comunista Francés, que en 2014 saíu reelixido logo de vencer xa en 2008[5].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Arles, Roman and Romanesque Monuments". UNESCO World Heritage Centre. United Nations Educational, Scientific, and Cultural Organization. Consultado o 10 de outubro de 2021.
- ↑ "Painters in Arles". Studios of the South. Consultado o 2020-12-15.
- ↑ Nègre 1990, p. 116.
- ↑ Delamarre 2003, p. 197.
- ↑ Resultados das eleccións municipais de 2014 na web de Le Monde.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns
[editar | editar a fonte]- Web oficial da cidade Arquivado 03 de febreiro de 2011 en Wayback Machine. (en francés)
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |